Son docentes, traballan en centros de ensino secundario dispersos por Galicia adiante, moitos deles integran ou coordinan os equipos de biblioteca escolar dos seus centros, reúnense periódicamente cun grupo de alumnos e alumnas, ás veces con outros profesores, pais e nais, persoal non docente... para falar de libros e de experiencia lectora en clubs de lecturade carácter voluntario para os participantes. Son mediadores de lectura, educadores, cidadáns preocupados pola construción dunha sociedade lectora...e predican co exemplo e co traballo cotián... Reuníronse o pasado 25 de xuño en Santiago de Compostela, convocados pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (Asesoría de bibliotecas escolares), nunha Xornada de Clubs de Lectura.
Hoxe, 25 de xuño, estase a celebrar na EGAP (Escola Galega de Administración Pública), de Santiago de Compostela, unha Xornada de Clubs de lectura, que reúne aos coordinadores e coordinadoras dos clubs de lectura presentes en 104 centros de ensino secundario de toda Galicia.
Esta actividade, organizada pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (Asesoría de Bibliotecas Escolares), pretende ser un punto de encontro para o intercambio de experiencias e iniciativas, un espazo para a reflexión conxunta sobre as potencialidades desta fórmula de fomento da lectura entre os adolescentes e as comunidades educativas dos institutos de ensino secundario. É tamén un tempo para celebrar o éxito dunha convocatoria que soubo recoller as inquedanzas dun bo número de docentes implicados e apoiar as súas iniciativas.
O programa conta coa presenza de dúas persoas de referencia no panorama español: Blanca Calvo, directora da Biblioteca Pública do Estado de Guadalajara, unha das fundadoras do Seminario de Literatura Infantil e Xuvenil desa cidade, impulsora do Maratón de los cuentos, unha das citas ineludibles do ámbito do fomento da lectura no Estado; Pep Bruno, escritor, narrador e impulsor de clubs de lectura e de escritura con mozos e mozas, tamén estára presente nas sesións da tarde. Complétase a xornada con dúas mesas de experiencias: pola mañá de clubs de lectura nos que só participa alumnado e profesorado implicado, e pola tarde, de clubs de lectura abertos ao resto da comunidade escolar, pais, profesorado, ex-alumnos e persoal non docente.
Será unha xornada dedicada aos libros e a lectura. Se contamos con que cada profesor implicado pode representar, como mínimo, a unha media de 15 alumnos/as, as 120 persoas implicadas representan unha incipiente (o no tanto) "masa crítica" do que é hoxe a lectura por propia vontade en Galicia, a que paga a pena porque é libre, a que crea sociedade lectora, a que merca libros nas librerías das súas respectivas localidades e demanda e xestiona bibliotecas escolares activas que mercan libros, tamén, nas mesmas librerías para manter actualizadas as súas coleccións....
Tempo de vacacións... as bibliotecas escolares publican as súas recomendacións de lectura para este verán. Os mediadores seleccionan títulos novos e non tan novos, pero necesarios, e os ofrecen con pequenas reseñas ás veces, con gana sempre de contaxiar o gusto polos libros. Exercen, pois, unha das súas funcións: a de orientar para unha viaxe máis segura polo bosque dos excesos que é hoxe o panorama editorial. Unha visita polo blogues das diferentes bibliotecas escolares amplía o acceso a guías de lectura e listados por idades. Boas lecturas!
Foto tomada na Feira Internacional do Libro de La Habana, febreiro 2008
Na súa columna semanal do diario El País (sábado 10/05/08), Manuel Rivas presenta un texto impecable, "El tanatorio", no que unha vez máis é quen de debuxar, apenas cunhas pinceladas, unha situación social ben definitoria da Galicia que estamos a vivir: "No hace mucho, en un municipio orensano, hubo un debate vecinal y una votación para decidir el destino de una subvención de fondos europeos. El dilema era una biblioteca... o un tanatorio. Una variante del derecho a la autodeterminación. En realidad, la alternativa de la biblioteca surgió en el último momento, a propuesta de las dos muchachas más jóvenes del lugar. Entendían que si se optaba por una biblioteca, con su bibliotecaria y todo, no sólo se abría un espacio donde estar vivo, y vivir otras vidas, sino que también se emitía una señal hacia el futuro. ¿Cómo se va a morir un pueblo donde hay biblioteca y bibliotecaria? En la votación hubo una marmórea mayoría a favor del tanatorio."
Xa levan uns meses movéndose polo país, dos centros escolares ás casas, das casas aos centros, unhas mochilas moi lidas: as mochilas viaxeiras. Unha iniciativa que xa estaban a levar a cabo en moitas bibliotecas escolares, sempre con grande éxito entre as familias. A modo de exemplo, dúas breves informacións desde centros que participan desta experiencia:
O 65,2% deste pequenos lectores afirma ler por elección propia e porque lles gusta, o 19,3% le por obriga ou por estudos, e un 15,5% le porque llelo recomendaron e lles gusta.
A relación de títulos máis lidos desanima un pouco (para esta viaxe, tantas alforxas....) pero tamén se pode tomar como reto: cómpre insistir en empregar criterios de calidade á hora de seleccionar os materiais que se adquiren para as bibliotecas escolares... sen desbotar as "lecturas xeracionais", como táctica.
Tamén sería bo non galear en exceso os datos referidos á poboación adulta: se se miran ben as estatísticas, só o 41,6% de persoas maiores de 14 anos considérase lector frecuente, é dicir, le libros diaria ou semanalmente. O resto, ese 13,7% que se di lector ocasional... ¿habería que telo en conta? E desde logo... o máis preocupante: hai un 44,7% da poboación que di, con tranquilidade, que non le, e un 28,6%, non le nunca. Pois iso... deixémonos de lerias e de consellos á rapazada... e practiquemos co exemplo.
A través do blogue O Segrel do Penedo, da biblioteca do IES de Fene, tivemos o pracer de coñecer esta curta realmente exquisita que só puido facer alguén que ame realmente os libros, alguén que teña unha grata experiencia lectora... "La segunda estrella a la derecha", do escritor e director Pablo Bullejos.
Xosé Luis Barreiro e Xosé Leonardo Fariña, falando de "Ferramentas na Rede", e "culpables" de que a idea da retransmisión puidese chegar a ser unha realidade.
Os días 3 e 4 de abril, celébranse os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, 07/08. Reúnense responsables ou membros dos equipos de biblioteca dos centros integrados nesta rede. Vaise facer unha proba de restransmisión en directo dalgunha das conferencias. Se todo vai ben, poderase seguir en directo aos seguintes relatores que accederon a formar parte deste "experimento": - Xoves, 3, ás 16,00h: Manuel Bragado, que falará de "A lectura en galego no marco da nova literacidade: o caso dos blogs". - Venres, 4, ás 16,15 h.: Laura Borràs Castanyer, que falará de "Fomento da lectura en contornos dixitais". Agardamos que todo vaia ben. En calquera caso, estes e outros documentos estarán posteriormente dispoñibles a través deste medio e da páxina de Bibliotecas Escolares .
A experiencia das mochilas viaxeiras(maletas viaxeiras, o saco dos libros....) ten dado moi bo resultados nos centros nos que se levou a cabo; permite achegar ás familias materiais de lectura e recursos audiovisuais a través do propio alumnado, que exerce de "mediador" entre a escola e a casa, presenta os libros que leva na mochila destinados a todos os membros da familia e reafírmase como lector con esta actividade. As bibliotecas escolares adaptan esta actividade ao seu alumnado e ao seu medio social e cultural, e elaboran materiais específicos para dinamizala. Algúns exemplos pódense ver neste enlace: As mochilas xa están a viaxar
As bibliotecas escolares galegas elaboran excelentes guías de lectura, seleccións de libros e outros materiais, de carácter temático ou de contido diverso, destinado a facilitar a escolla de lecturas ao profesorado e ao alumnado do centro. Algunhas destas seleccións están destinadas tamén ás familias, para favorecer a súa función como mediadores na creación de hábitos de lectura. A páxina Bibliotecas Escolares de Galicia difunde estes materiais de gran interese para o profesorado.
Tamén os lectores máis novos poden participar dun club de lectura... E para mostra, o Club de lectura no CEIP Fermín Bouza Brey, de Ponteareas (Pontevedra), que xa iniciaron a súa andaina, mesmo no mundo virtual. Outro club de lectura con algúns meses de funcionamento é o do CEIP Quintela de Moaña (Pontevedra), que conta cun apartado específico no blogue da biblioteca, e no que podemos atopar comentarios interesantes sobre libros e lecturas.
Seguindo co noso traballo en prol dun mundo mellor no que o diálogo impere sobre o armamento, hoxe achegámosvos tres propostas musicais aínda quentiñas: toda unha proposta de karaoke pacífico para reflexionar. Solo le pido a Dios: Blowing in the wind: Rosa de la Paz:
Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ. E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí. Dende hoxe até o día 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O noso labor é axudar unha mellor sociedade do futuro.
Xuntos pola Paz
Post froito do traballo colaborativo de profesorado integrado na rede de Bibliotecas Escolares de Galicia.
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación publica unha convocatoria pola que se incentiva a creación de clubs de lectura en centros públicos de ensino secundario, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas especiais. Os proxectos que se seleccionen recibirán contías destinadas á cubrir os costes derivados da posta en marcha e o funcionamento do club de lectura e pretende apoiar ao profesorado que escolle esta estratexia para o fomento da lectura entre o alumnado adolescente, podendo participar tamén outros membros da comunidade escolar.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de novembro.
O programa Libro Aberto, da televisión galega, na súa emisión do 29 de outubro presentou unha breve reportaxe sobre o fenómeno dos blogs nas bibliotecas escolares de Galicia. O programa entrevista a Antonio Alonso, unha das persoas que iniciou esta andaina dende A Nosa biblioteca, o blog da biblioteca do IES As Mariñas de Betanzos.
¡Tiempo, tiempo, ponemos el tiempo en sus manos!¡Hemos encontrado la manera de transportar el tiempo!¡Cambiamos uno de sus días por un año entero! ¡1927, ofrecemos el 1927 de cabo a rabo! ¡Y si queda contento, le invitamos a que se lleve el 98, y los mil ciento catorce años anteriores a 1492! ¡Tenemos tiempo de los cinco continentes, de los seis continentes, de los continentes que ustedes quieran!¡Hemos descubierto la forma de transportar el tiempo!
Fragmento do pregón escrito por Carlos Grassa Toro, autor aragonés, difundido pola Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil para celebrar o Día da Biblioteca este 24 de outubro de 2007.
O cartel é de Isidro Ferrer, que fora Premio Nacional de Ilustración de Libros Infantiles y Juveniles no ano 2005 coa obra basada en textos de Grassa Toro, Una casa para el abuelo.
A conselleira de Cultura presentou no Parlamento o pasado 10 de outubro o Plan de Lectura de Galicia, unha das primeiras consecuencias da Lei do Libro e da Lecturaaprobada en xaneiro de 2007. Recentemente publicouse a composición do Consello Asesor do Libro, órgano contemplado tamén nesta lei. Varios das liñas de actuación previstas no Plan de Lectura de Galicia atinxen dalgunha maneira ás bibliotecas escolares e aos mediadores entre nen@s e libros en contexto escolar, pero ademais o obxectivo 3 , titulado Impulso da lectura no ensino, prevé un reforzo das actuacións que a Consellería de Educación xa ven levando a cabo neste ámbito:
Dotación de recursos ás bibliotecas dos centros educativos, consonte ás súas necesidades e características.
Motivación, implicación, formación e dotación de medios axeitados para ao profesorado, como artífice fundamental da aprendizaxe e promoción da lectura.
Apoio á incorporación da alfabetización informacional, entendida como desenvolvemento das habilidades de uso e tratamento crítico da información, dende os primeiros anos da escolaridade.
Fomento daquelas prácticas que favorezan unha maior competencia lectora e literaria e un mellor desenvolvemento do hábito lector.
Son máis de 1400 solicitudes as que chegaron á Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación para participaren nas Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia - 2007, que se van celebrar en Santiago os días 19 e 20 de outubro. Se todas estas vontades se xuntan, máis aló da asistencia a unha actividade de formación do profesorado (que ten o seu atractivo nun programa de manifesta calidade, sen adobíos, e baixo o lema LER AO DEREITO. O DEREITO A LER...) algo ten que mudar nas escolas galegas... E de feito xa está a mudar grazas ao traballo calado e constante de profesores e profesoras atentos ás novas necesidades educativas, coñecedores da importancia do seu traballo como mediadores entre nenos e libros, lectores que contaxian entre o seu alumnado o gusto pola lectura.