11/10/07

A lectura convoca vontades


Son máis de 1400 solicitudes as que chegaron á Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación para participaren nas Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia - 2007, que se van celebrar en Santiago os días 19 e 20 de outubro. Se todas estas vontades se xuntan, máis aló da asistencia a unha actividade de formación do profesorado (que ten o seu atractivo nun programa de manifesta calidade, sen adobíos, e baixo o lema LER AO DEREITO. O DEREITO A LER...) algo ten que mudar nas escolas galegas... E de feito xa está a mudar grazas ao traballo calado e constante de profesores e profesoras atentos ás novas necesidades educativas, coñecedores da importancia do seu traballo como mediadores entre nenos e libros, lectores que contaxian entre o seu alumnado o gusto pola lectura.

1 comentario:

  1. Sempre que fumos as Xornadas, volvemos ao cole cargadas de ideas e proxectos,e, o que é mais importante, con unha idea global do que debe ser unha biblioteca escolar,que nos axuda a ver o camiño a seguir.Por eso ali estaremos un ano máis.

    ResponderEliminar