Feira do Libro da Habana... ou cando ler é unha festa
Camiñar entre as xentes que acoden en tropel á Feira do Libro da Habana é unha experiencia inesquecible... hai imaxes imborrables que agochan historias de amor e libros, de penuria material , de escaseza da palabra que nós, desde aquí, nin imaxinamos. A cámara, ás veces, resístese... porque hai un certo pudor que impide roubar imaxes de tanta intimidade entre lector e libro. Aínda así... algunhas destas imaxes viaxaron ata Galicia, nunha mochila impresionada, e desde aquí se comparte xunto coas palabras do filósofo Emilio Lledó, no seu artigo La mirada de los libros (Palabras por la lectura, 2007): "Con los libros no sólo tendemos los brazos hacia la memoria de otros seres, hacia su experiencia y su vida, sino que entramos en nosotros mismos. El sorprendente fenómeno de la lectura implica un diálogo que rompe el solitario murmullo de nuestra, tantas veces, clausurada y pobre o empobrecida experiencia. "
Marabillosas fotos. Recomendamos a lectiura deste post dende Mesturas. Benvidos
ResponderEliminarFantástica reportaxe fotográfica. Grazas por facernos partícipes desa fermosa experiencia de "lebar libros e non armas".
ResponderEliminarParabéns