4/6/09

Xornada dos clubs de lectura - 2009

O venres 5 de xuño celébrase en Santiago de Compostela, nas instalacións da EGAP, a Xornada de clubs de lectura - 2009, na que participará profesorado que coordina os clubs de lectura que funcionan este curso en centros de ensino secundario, grazas ao compromiso e bo facer destes profesionais e do alumnado (e ás veces tamén de pais e nais e mesmo de persoal non docente) que os fai posible. 148 clubs de lectura recibiron axuda económica da Consellería de Educación para o seu funcioanamento, pero son máis os clubs de lectura que existen en Galicia. Entre todos, tecen unha rede de lectura por todo o páis. Unha realidade máis aló de números e de discursos ben intencionados. Unha auténtica "masa crítca" de lectoras e lectores. Velaí son. Velaí están. E, por riba, as persoas que os coordinan seguen a formarse... porque o fomento da lectura esixe entusiasmo e compromiso, pero sobre todo coñecemento, ao profesorado implicado.
As sesións desta Xornada poderán seguirse vía internet a través desta páxina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario