
+ información no blogue da biblioteca do centro: O lar de Frianciño.
Tamén nos chega noticia do CEIP O Ramo (Fene, A Coruña), do ben que o pasaron as nenas e os nenos do colexio, nunha actividade máis de amadriñamento/apadriñamento lector.
E como non hai dous sen tres, velaquí as fermosas imaxes da actividade Eu leo para ti, celebrada no CEIP Milladoiro (Malpica, A Coruña).
Sen necesidade de documentos tan "sesudos" como plans ou leis, esta resultou unha magnífica xornada de convivencia. Cando deixamos que os rapaces asuman unha responsabilidade, adoitan respostar, e moi ben. Daba igual que o azar reunira a maiores e a pequenos, a nenos ou a nenas, a bos ou a malos estudiantes, a nacionais ou a estranxeiros... Cadaquén asumiu o seu rol con entusiasmo. E con tanta seriedade que resultou ser a primeira vez que vexo como case trescentos alumnos e alumnas se desplazan polas escaleiras en silencio e sen empuxóns... E sen estar ningún mestre insistindo en que calen porque molestan ós demais!
ResponderEliminarEstas ocasións son eses agasallos que, de cando en vez, nos proporciona a nosa profesión e que nos reafirman en que "algo estamos a facer ben" e que os nosos rapaces "saben estar" e son un exemplo de boa convivencia.
Da actividade fíxose eco Darabuc no seu blogue e ilustrou con unha das nosas fotos.http://darabuc.wordpress.com/2011/05/05/ninos-como-padrinos-de-lectura-de-otros-ninos/
ResponderEliminarAí tamén dá conta de outros lugares da Península nos que se leva a cabo a actividade con diversas modalidades pero sempre xuntando libros con afecto.
Como di Frianciño ¡isto funciona!