19/1/10

2010, Ano do Libro e da Lectura en Galicia

Iníciase un ano especial para o mundo da lectura, para axentes, mediadores e lectores: o Ano do Libro e a Lectura en Galicia, proclamado así pola Xunta de Galicia.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria continúa as súas accións, encadradas no programa HORA DE LER, para o fomento da lectura en centros de ensino.
Máis información, aquí
Algunhas voces comezan xa a unirse a este Ano da lectura, como o escritor Xosé Neira Vilas

1 comentario:

  1. Coñecin onte, en Narón, o autobús do Ano da Lectura, un proxecto ben pobre, polo que tiven ocasión de ver. Tanto pode fomentarse nel a lectura como a cría de cocrodilos en cautividade.
    O agasallo para nenos e nenas, por demais, é unha invitación á escrita, en todo caso, e non á lectura. O libro que achegan é para adultos interesados na historia do libro, non para pícaros. Ademais, a maqueta é cotrosa, nada atractiva.

    ResponderEliminar