Ler matemáticas

A
s bibliotecas escolares apoian ao profesorado de todas as áreas de aprendizaxe no seu labor de formar lectores competentes. Tamén cómpre aprender a ler e a escribir en matemáticas. Un bo exemplo é este da biblioteca do IES Alexandre Bóveda (Vigo, Pontevedra) que convoca, xunto co Departamento de Matemáticas e no contexto do Plan Anual de Lectura, o II Concurso Matemático, un certame de resolucións de problemas matemáticos de enunciados "longos", que cómpre ler con estratexia e atención. Xúntase este ano unha nova iniciativa: un concurso de relato matemático. Toda a información no blog da Biblioteca IES Alexandre Bóveda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario