O Equipo de Biblioteca do IES Fontem Albei (A Fonsagrada, Lugo) vén de subir á Rede este magnífico lipdub no que participa toda a comunidade educativa, e que xorde como iniciativa gozosa de formación de usuarios da biblioteca. Como din os seus responsables, nada está posto ao azar. "Dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar non queríamos facer un lipdub por facer senón contar unha historia (aproveitando as novas tecnoloxías), a historia dun libro esquecido que tras percorrer boa parte do centro retorna ao seu lugar natural: a biblioteca. Aproveitamos a historia para, ademais de dar a coñecer o centro e potenciar a biblioteca,recordar a CDU mediante a asociación de de imaxes, números e cores, en definitiva, facer formación de usuarios. Nada do que aparece no vídeo está posto ao azar. Dende o título do mesmo "O final da conta atras" referíndonos ao tempo que lle resta ao libro ata chegar á Biblioteca como as distintas esceas. "
Parabéns mil a toda a comunidade educativa!!!