Lectura continuada de poesía, para facer vivir a Palabra, un 14 de abril, no IES Ribeira do Louro (O Porriño, Pontevedra).
Pola súa parte, os nenos e nenas do CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal, Pontevedra) marcharon con Ulises rumbo a Ítaca, nunha lectura continuada da Odisea para celebrar o Día do Libro. Velaquí a súa crónica desta viaxe: "Chegamos a Ítaca"29/4/11
13/4/11
O lugar da lectura: Día Mundial do Libro

"O lugar da lectura" é tamén un fermoso texto que o poeta Carlos Negro escribiu para as Bibliotecas Escolares de Galicia. Con este texto, e imaxes da Asesoría de Bibliotecas, vén de editarse un marcapáxinas especial co fin de celebrar este Día Mundial do Libro.
MARCAPÁXINAS
Etiquetas:
Día do Libro,
poesía
4/4/11
Memoria dun neno labrego
Co gallo da celebración dos 50 anos da publicación de Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, son moitos os centros que están a programar actividades e facendo revivir a Balbino, o protagonista, coma neste caso, na voz dos propios lectores de hoxe. Alumnado e profesorado do IES Pino Manso (O Porriño, Pontevedra) está realizando lecturas deste texto, que gravan en vídeo nun proxecto de gran interese, poñéndolle voz e cara a un libro fundamental na historia e no presente da literatura infantil e xuvenil galega, na literatura galega sen cualificativos. No blog da biblioteca podemos acceder aos distintos capítulos. Pola súa parte, no CEIP Frian-Teis (Vigo, Pontevedra) aproveitaron o Día Internacional do Libro Infantil para dedicar a súa actividade a Memorias dun neno labrego e ao seu autor.
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
LIX,
vídeo
Abril, mes dos libros

Suscribirse a:
Entradas (Atom)