28/9/07

Ler cine


Auténtica exquisitez esta entrevista ao director José Luis Guerín, que atopamos en Celda TV, un canal de televisión cultural que coñecemos grazas a Tíscar e que garda outras agradables sorpresas... un recurso máis para o tratamento da lectura no contexto educativo (de todo tipo de textos, en todo tipo de soportes, con todo tipo de finalidades) e, concretamente este vídeo, unha chiscadela para a educación do gusto polo cine, pero tamén pola palabra intelixente e a reflexión.

12/9/07

Perfil dos lectores de revistas culturais

ARCE, Asociación de Revistas Culturales de España, vén de facer público un informe sobre o perfil dos lectores de revistas culturais. Fóra do interese, que o ten, de coñecer as características deste perfil, e pensar tamén na distancia que afasta os lectores deste tipo de publicacións especializadas de perfís propios doutro tipo de experiencias lectoras.... este portal, patrocinado polo Ministerio de Cultura, é unha ferramenta útil para os responsables da adquisición de materiais para as bibliotecas escolares.

10/9/07

Lectura e publicidade


Pode ser un instrumento de gran interese para a formación de lectores críticos: La Historia de la publicidad contada desde el principio, que coñecemos a través do blog Tíscar. Contén unha galería de imaxes.

Ler ao dereito. O dereito a ler

"Non é un luxo poder pensar a propia vida con axuda de obras de ficción ou de testemuños que atinxen ao máis profundo da experiencia humana. De obras que lle aprenden a un moito sobre si mesmo, e moito sobre outras vidas, outros países, outras épocas. Paréceme incluso que é un dereito elemental, unha cuestión de dignidade."
A lectura non é un deber de ninguén. É un dereito, si, de todo cidadán, e por el temos que loitar, loita que si constitúe un deber.