Publícanse os 50
títulos máis lidos no conxunto dos clubs de lectura adscritos o programa
CLUBS DE LECTURA, da Consellería de Educación, Universidade e Formación
Profesional, durante o curso 2017/2018, en centros que matriculan
alumnado de ESO, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de
réxime especial (conservatorios, escolas oficiais de idiomas, ensinanzas
de persoas adultas). Durante o curso 2017/2018 participaron desta
iniciativa un mínimo de 231 clubs de lectura (que foron os que recibiron
asignación específica para o seu funcionamento).Unha lectura detallada
desta relación fala da diversidade de lecturas presentes nestes grupos
de lectura.
Mostrando entradas con la etiqueta lecturas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lecturas. Mostrar todas las entradas
24/1/19
24/11/17
De libros e pensamento crítico
Co gallo da nova de que Marilar Aleixandre vén de gañar o Premio Raíña Lupa 2017 que convoca a sección de Cultura da Deputación de A Coruña, seleccionamos para a súa difusión, unha excelente conferencia de Marilar na clausura dos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, celebrados en marzo de 2017 en Compostela. Baixo o título de "Os libros como ferramenta no desenvolvemento da cidadanía crítica", a escritora aclara que é iso do pensamento crítico e como se pode desenvolver a través de prácticas de lectura de interese no ámbito educativo, sempre que se seleccionen textos dun mínimo de calidade. Pódese escoitar esta conferencia a partir do minuto 4:20 do seguinte vídeo:
Os libros como ferramenta no desenvolvemento da cidadanía crítica. from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Etiquetas:
lecturas,
libros,
Marilar Aleixandre,
pensamento crítico,
PLAMBE
2/5/17
Recomendación de lectura desde Salvaterra do Miño
Recomendación de lectura que nos chega desde o CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño).
O poder da voz para convencernos, a escolla de Dani, a actividade de alfabetización mediática... unha biblioteca en plena acción. Parabéns!!
O poder da voz para convencernos, a escolla de Dani, a actividade de alfabetización mediática... unha biblioteca en plena acción. Parabéns!!
25/4/17
... nun fol de acordeón: Día do Libro 2017 en Barrionovo
Na Escola de Educación Infantil Barrionovo (Arteixo, A Coruña) fixeron esta interpretación do poema de Rosalía Fernández Ríal para o Día do Libro deste abril de 2017. Oílo nas súas voces é un agasallo para tod@s.
Outras accións relacionadas co Día do Libro na biblioteca escolar deste centro, no seu blogue.
12/12/14
De lecturas e encontros con autores a través das TICs
As nenas e nenos do Club de lectura de 6º de primaria do CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño) leron un libro de Ramón Caride e prepararon conxuntamente unha entrevista que remitiron ao autor por correo electrónico. Polo mesmo medio, o escritor respostou ás súas preguntas, e agora podemos ler todos o resultado no blogue da biblioteca.
Hai mil fórumulas para conseguir vincular aos nenos e ás nenas á lectura. Os enfoques comunicativos na aprendizaxe das linguas e as tecnoloxías presentes nos centros (e a dispoñibilidade e xenerosidade da meirande parte dos autores e autoras), posibilitan actividades moi diversas... e velaquí un exemplo sinxelo pero de gran interese pedagóxico.
Etiquetas:
clubs de lectura,
encontros con autores/as,
lecturas
3/12/14
Lecturas e recursos web sobre matemáticas
O lema Biblioteca escolar... matemático! está xerando moitas actividades nas bibliotecas escolares galegas e un importante número de excelentes recursos como esta Guía de suxestións de lecturas e recursos web para secundaria, realizada polo CPI de San Sadurniño (San Sadurniño, A Coruña). Unha excelente recompilación, coidada na presentación e accesible na rede. Parabéns!
Etiquetas:
lecturas,
matemáticas,
recursos
25/11/14
Cine matemático
Desde o CPI Antonio Orza Couto, de Boqueixón chéganos esta selección de cine relacionado dalgunha forma con matemáticas, neste ano no que as bibliotecas enfocan parte da súa actividade a fomentar a lectura de textos matemáticos, a descubrir a matemática na vida cotiá.
Así mesmo, esta biblioteca propón á súa comunidade educativa un reto: 12 meses, 12 libros... relacionados coas matemáticas.
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
cine,
educación,
lecturas,
libros,
matemáticas,
medios audiovisuais
17/11/14
Lecturas terroríficas no CEIP Milladoiro (Malpica)
A biblioteca pode e debe aproveitar as oportunidades que se lle presentan para fomentar a lectura e a participación do alumnado en actividades coma esta, que tanto axudan ao desenvolvemento da expresión oral, por exemplo.
O calendario anual hai que mantelo a raia para que non nos despiste dos obxectivos fundamentais na biblioteca escolar, pero presenta múltiples ocasións para traballar cuestións fundamentais: expresión oral, lectura, escritura, investigación...+ información no blogue de biblioteca do CEIP Milladoiro (Malpica)
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
lecturas
14/4/14
Día Mundial do Libro 2014
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un ano máis o marcapáxinas polo día Mundial do Libro, cun texto inédito, agasallo dun autor ou autora ás Bibliotecas Escolares de Galicia. Nesta ocasión, o texto é da autoría de Paco Martín, escritor galego que no 1984, hai agora trinta anos, recibira o premio Barco de Vapor (Edit. SM), polo seu libro As cousas de Ramón Lamote. Un "Ramón Lamote" que posteriormente fora galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1986), entre outros recoñecementos, sendo o primeiro libro en galego que recebe esta distintción.
O texto que Paco Martín adica ao libro neste ano 2014 é unha evocación das posibilidades que os libros ofrecen ás lectoras e aos lectores ávidos de coñecemento e imaxinación, con anceios de viaxe e aventura.
"A estribeira na que pousar o pé para cabalgar o airoso alazán de galope tendido cara ao horizonte promisorio"
Etiquetas:
Día do Libro,
lecturas,
libros
5/11/13
Intercambio de lecturas no CEIP Santiago Apóstolo (Mugardos)
3º lendo a Educación Infantil by Slidely Slideshow
Tamén no CEIP Santiago Apóstolo, de Mugardos iniciaron xa as súas actividades de intercambio de lecturas. Nesta ocasión, o alumnado de 3º de Primaria preparou lecturas axeitadas para as nenas e nenos de Educación Infantil. Souberon moi ben captar a atención dos pequenos, á vista destas imaxes.
Pola súa parte, o alumnado de 6º de Primaria empregou o Kamishibai para esta actividades. A apertura do teatriño xaponés espertou o interese das nenas e dos nenos e o conto contado parece que gustou, se observamos as súas cariñas.
KAMISHIBAI PARA E. iNFANTIL by Slidely Slideshow
Son moitas as habilidades que poñen en xogo as nenas e nenos que participan neste tipo de actividades, todas elas imprescindibles: atención, coidado, selección de textos, expresión oral, respecto polo outro por unha parte, saber escoitar e poñer atención pola outra... Ben dirixidas, son actividades cun alto potencial educativo.
18/6/13
Os libros máis lidos na biblioteca do IES Torrente Ballester (Pontevedra)
Á hora de facer recomendacións de lecturas para o verán, o equipo de biblioteca do IES Torrente Ballester, de Pontevedra, optou por facer visibles os libros máis lidos durante o curso 2012/2013 no centro, fóra dos libros de obrigada lectura por razóns curriculares. Segundo o responsable da biblioteca, aínda que os libros máis prestados seguen a ser as recomendacións "de obrigada lectura" que realizan os diversos departamentos, vai gañando terreo tamén esa outra selección que realiza o alumnado en función das novidades, das lecturas "xeracionais", do boca-orella, das recomendacións da biblioteca... Cómpre tempo, estabilidade, persistencia e insistencia para que as cousas vaian callando, que son moitas as resistencias a vencer. Pârabéns!!
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
fomento da lectura,
lecturas,
libros
15/5/13
Lecturas no patio
No CEIP A Rúa, de Cangas (Pontevedra) celebraron o Día do Libro, no pasado mes de abril, de moitas maneiras, pero unha delas foi a lectura silenciosa no patio... porque, que ben se le ao aire libre nestes días de primavera!!! + imaxes e información no blogue da biblioteca
Etiquetas:
Día do Libro,
fomento da lectura,
lectores,
lecturas
10/5/13
Nenas e nenos do CEIP Saco e Arce que gustan de ler
Desde o CEIP Saco e Arce, de Toén (Ourense) chéganos este vídeo coas recomendacións de lectura de nenos e nenas de 2º e 3º ciclo de Primaria. Dá xenio escoitar a estes nenos, a estas nenas, falar dos seus libros en galego (aínda que moitos deles foran lidos en castelán). Parabéns! E parabéns tamén por esta iniciativa que serve para reforzar a expresión oral do alumnado.
Etiquetas:
Día do Libro,
lectores,
lecturas,
libros,
oralidade
29/4/13
Lecturas compartidas no Día do Libro, creando vínculos coa lectura.
Unha vez máis, o Día do Libro foi escollido como data para compartir experiencia lectora entre alumnado de distintas idades e, mesmo, de distintos centros. Os apadriñamentos e amadriñamentos de lectura, as actividades de lectura compartida, esténdense pola xeografía galega e vanse asentando como iniciativa educativa e de fomento da lectura de gran potencialidade: os máis grandes preparan as súas lecturas e os pequenos receptores reforzan a súa capacidade de escoita. Uns e outros gañan como lectores e como usuarios da biblioteca e xuntos van creando vínculos emocionais coa experiencia lectora, dos que permanecen. Felicitamos ao profesorado que facilita estes "encontros na lectura" e, moi especialmente, ao alumnado que exerce esa fermosísima tarefa de "voluntariado da lectura", que escolle os libros, prepara as sesións e "apadriña" ou "amadriña" aos máis novos, con respecto e con alegría.
No vídeo, as nenas e nenos do CEIP Milladoiro de Malpica, un dos centros veteranos neste tipo de actividades.Outros centros nos que se celebraron estes días actividades semellantes:
- IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz, Lugo) (lecturas compartidas en centros de primaria da zona)
- CEIP Víctor López Seoane (A Coruña)
- CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra)
- CEIP O Ramo (Barallobre-Fene, A Coruña)
- CEIP Quintela (Moaña, Pontevedra) reciben á visita de mozos do IES A Paralaia (Moaña)
- CEIP Quintela (Moaña, Pontevedra) visitan a Escola de O Con (Infantil) - I
- CEIP Quintela (Moaña, Pontevedra), visitan a Escola de O Con (Infantil) - II
- CEIP Mestres Goldar (Vigo, Pontevedra)
- CEIP Ría de Vigo (Vigo, Pontevedra)
- CEIP Torre Cela (Bueu, Pontevedra)
- CEIP ADR Castelao (Rianxo) reciben a visita das "madriñas lectoras" do IES Félix Muriel.
- CEIP Salgado Torres (A Coruña)
- CEIP de Cervo (Cervo, Lugo)
- CPI da Ribeira (O Porriño)
- CEIP Bormoio (Agualada)
- CEP Xosé María Brea Segade (Taragoña-Rianxo, A Coruña)
- CRA Amencer (Ribadavia, Ourense)
- CEIP Pintor Laxeiro (Vigo, Pontevedra)
- CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos, A Coruña)
- CPI de Panxón (Nigrán, Pontevedra)
Etiquetas:
apadriñamentos lectores,
fomento da lectura,
lectores,
lecturas
21/2/13
Cantares fronte a adversidade
Froito da colaboración de dúas bibliotecas escolares, a do IES de Poio (Poio, Pontevedra) e a do IES Ribeiras do Louro (O Porriño, Pontevedra) xorde esta CONSTELACIÓN POÉTICA: CANTARES FRONTE Á ADVERSIDADE, para conmemorar os 150 anos da publicación do libro CANTARES GALLEGOS, de Rosalía de Castro, obra fundamental para o renacemento da lingua galega.
Etiquetas:
fomento da lectura,
lecturas,
Letras Galegas,
Rosalía de Castro
18/2/13
"Amo os libros porque..."
Porque os sentimentos se poden expresar e hai que aprender a facelo... tamén o amor aos libros. Velaquí unha actividade no CEIP Bormoio-Agualada (Coristanco, A Coruña) que busca fomentar a lectura pero que tamén serve para facer pensar os porqués das cousas... e para aprender a explicado en poucas palabras.
Etiquetas:
fomento da lectura,
lecturas,
libros
21/12/12
"Qualsevol nit pot sortir el sol"
Grazas á biblioteca do IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas, Pontevedra) recuperamos este fermosísimo vídeoclip realizado sobre a canción de Jaume Sisa "Qualsevol nit pot sortir el sol", tan oportuna. O xogo sería facer unha lista coas personaxes do imaxinario literario actual que habería que engadir.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



