Experiencias do CEP Brea Segade (Rianxo) e o IES A Basella (Vilanova de Arousa) nos Encontros PLAMBE na Rede 2021.
Mostrando entradas con la etiqueta fomento da lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fomento da lectura. Mostrar todas las entradas
29/7/21
6/7/20
A importancia das bibliotecas escolares para o fomento da lectura
No Congreso Iberoamericano de Lingua e Literatura Infantil e Xuvenil (CILELIJ) promovido pola Fundación SM, puidemos disfrutar da conversa de Constanza Mekis con Pepe Trivez. Valiosas reflexións sobre o papel e tratamento da lectura nas nosas bibliotecas e escolas.
Durante a conversa, Constanza convida a recuperar e revisar o documento "4 Retos para a Biblioteca Escolar 2020" . Este texto foi o resultado dunha xornada de traballo que reuniu a persoas do ámbito bibliotecario xeral e escolar xunto cos representantes das CCAA presentes na Comisión Técnica de Bibliotecas escolares e do Ministerio.
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
fomento da lectura
4/7/19
Voluntari@s de lectura do CEIP P. A Pedra formándose con Charo Pita
O CEIP P. A Pedra de Bueu (Pontevedra) foi seleccionado pola calidade das súas actividades, xunto con outros nove centros participantes na acción Voluntariado de lectura-A, dentro do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS , da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o ano 2018/2019. Este centro elixíu, entre a oferta dispoñible, disfrutar dun obradoiro coa actriz, narradora oral, escritora... Charo Pita. No blog da súa biblioteca pódese ver o traballo no que os voluntarios e voluntarias tiveron ocasión de mellorar os seus recursos para a LECTURA EXPRESIVA e a NARRACIÓN ORAL. Parabéns!
![]() |
| BIBLIOCASTELO A PEDRA |
24/1/19
Títulos máis lidos nos Clubs de lectura. Curso 2017/2018
Publícanse os 50
títulos máis lidos no conxunto dos clubs de lectura adscritos o programa
CLUBS DE LECTURA, da Consellería de Educación, Universidade e Formación
Profesional, durante o curso 2017/2018, en centros que matriculan
alumnado de ESO, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de
réxime especial (conservatorios, escolas oficiais de idiomas, ensinanzas
de persoas adultas). Durante o curso 2017/2018 participaron desta
iniciativa un mínimo de 231 clubs de lectura (que foron os que recibiron
asignación específica para o seu funcionamento).Unha lectura detallada
desta relación fala da diversidade de lecturas presentes nestes grupos
de lectura.
Etiquetas:
clubs de lectura,
fomento da lectura,
lecturas,
libros
3/7/18
Freddy Gonçalves da Silva: "Ler para pertencer? Eses xoves que aínda len na actualidade"
Na pasada XI Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada en Compostela o pasado 1 de xuño, Freddy Gonçalves ofreceu esta conferencia sobre lectura e adolescentes, que recomendamos ver na súa totalidade:
Este vídeo e outros materiais desta actividade formativa, están dispoñibles en RedeBE
Etiquetas:
clubs de lectura,
fomento da lectura,
formación,
lectura
8/11/17
Recensión audiovisual de "Teño uns pés perfectos", de María Solar.
Desde o CEIP de Leirado, en Salvaterra de Miño (Pontevedra), estas lectoras e estes lectores recoméndanos un libro, ao seu xeito... e apuntan maneiras, abofé!
Etiquetas:
booktrailer,
fomento da lectura,
lectores,
lectura,
vídeo
22/4/16
Os libros son para valentes! EEI Barrionovo (Arteixo)
Pois as nenas e os nenos da EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña) non teñen medo ningún. Abren os libros e enfróntanse a mil e un perigos... pero sobre todo, sobre todo, pásano moi ben.
Fermoso vídeo creado a partir do texto de Pedro Feijoo para este DÍA MUNDIAL DO LIBRO
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
Día do Libro,
fomento da lectura,
Infantil,
lectores,
libros
15/4/16
1/3/16
A ópera tamén se le
Nada como a ópera para os amores apaixoados. Na MeGaBiblioteca, biblioteca escolar do IES Manuel García Barros (A Estrada, Pontevedra), aproveitaron o 14 de febreiro para espertar a curiosidade sobre algunhas das máis famosaas árias, sobre a súa letra e a súa música. Fomento da lectura, cultura musical, uso da tecnoloxía móbil, tres elementos para espertar o gusto pola ópera e o pracer de escoitar. Nesta entrada podemos acceder a toda a información (clicar na imaxe para acceder ás ligazóns e á presentación) :
Etiquetas:
efemérides,
fomento da lectura,
música,
ópera
15/12/15
Guías de lectura para o Nadal - 2015
Chegan as vacacións de Nadal e as Bibliotecas Escolares Galegas teñen preparadas as súas guías de lectura, as súas recomendacións de libros, música, cine... para que as familias non teñan dúbidas á hora de pensar nos agasallos propios destas festas. Os lectores, as lectoras, teñen tamén á súa disposición un bo feixe de títulos entre os que escoller lecturas para estes "tempos fríos".
Estas seleccións, feitas con coidado, coñecemento e dedicación, son unha contribución do profesorado dos equipos de biblioteca á formación lectora dos distintos membros da comunidade educativa e un recurso valioso para calquera persoa mediadora en materia de lectura.
Etiquetas:
fomento da lectura,
libros,
Nadal
9/6/15
Agustín Fernández Paz e a mediación en materia de lectura.
Agustín Fernández Paz. Premio dos Clubs de Lectura 2015 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Un breve pero intenso discurso de Agustín Fernández Paz en resposta á entrega do Premio dos clubs de lectura 2015, que lle foi concedido por ser o autor galego máis lido polos clubs de lectura o pasado curso 2013/204, e que se entregou na pasada VIII Xornada dos Clubs de Lectura.
O escritor revisa cuestións fundamentais do labor dos mediadores en materia de fomento da lectura, especificamente, do traballo do profesorado que mantén clubs de lectura en centros de ensino secundario espallados por todo o páis.
Lembremos que contan con club de lectura (que maioritariamente integran varios grupos de lectura) 238 centros de ensino secundario de Galicia e que as lectoras e os lectores que participan destes "círculos de interese" se reúnen fóra do horario lectivo (en recreos e tempos non lectivos). Os clubs de lectura constitúe unha das experiencias máis interesantes, vinculadas ás bibliotecas escolares, e integradas nas propostas para o fomento da lectura que os centros deseñan nos seus Proxectos lectores de centro desde o ano 2007. Esta iniciativa está integrada, á súa vez, no programa HORA DE LER para o fomento da lectura no contexto escolar, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Etiquetas:
Agustín Fernández Paz,
clubs de lectura,
fomento da lectura,
lectores,
libros
8/5/15
Curiconsellos lectores desde Ponte Caldelas
Desde o CEIP Manuel Cordo Boullosa, de Ponte Caldelas, chéganos este pequeno vídeo gravado polo alumnado colaborador da biblioteca escolar, con recomendacións lectoras de nenas e nenos do centro. A actividade da biblioteca con este pequeno vídeo vai máis aló e resulta unha práctica ben interesante de integración da cultura impresa e a cultura dixital. Así nolo explica o responsable desta biblioteca:
No noso centro, de cara á semana do libro, propuxémoslles aos/ás colaboradores/as que gravaran ao alumnado que quixera participar, recomendando os libros que máis lles gustaron da nosa biblioteca. Subimos os vídeos ao blog da biblioteca e creamos uns códigos QR que pegamos nos libros recomendados, de xeito que cando alguén os leve a casa poida enlazar co vídeo dende un smartphone ou dende unha tablet.
Toda a información AQUÍ
5/5/15
"Opino sobre o que leo"
"Opino sobre o que leo" é unha actividade que nos chega desde a biblioteca do IES Marqués de Sargadelos (Cervo, Lugo). En palabras do responsable da biblioteca: é o título dunha experiencia sinxela que empezou na aula. O alumnado de 1º de Bacharelato elaborou unha exposición escrita sobre a historia persoal de cadaquén como lectores; dende os primeiros libros infantís pasando ás lecturas máis avanzadas e chegando ás actuais. Tamén tiñan que exponer a súa perspectiva como lectores do futuro; se serán bos lectores, se lerán máis ou menos do que len agora e que lecturas, autores e libros están aí agardando por eles. Trala realización por escrito destes traballos na aula, a corrección dos mesmos polo profesor e a posta en común na aula chegou o momento de elaborar un coloquio na biblioteca por parte dun grupo de alumnos que voluntariamente aceptaron participar. Resumimos o coloquio nun vídeo sinxelo que se pode ver no blog da biblioteca. En realidade, o coloquio deu moito máis de si có que pode reflectir o vídeo. Foi unha experiencia enriquecedora que serviu para reflexionar sobre a evolución persoal como lectores, recordar e recuperar libros que xa espertan a nostalxia, serviu para practicar a expresión e creación escrita e desenvolver a linguaxe oral.
Agradecémoslle a estas rapazas, a este rapaz, que nos deixen asomarnos ao coloquio que mantiveron. Demostra, entre outras cousas, que cando os libros foron ben escolleitos, e lidos nun ambiente "amigable", deixan pouso. Tamén demostra que cando se ofrecen oportunidades para falar dos libros lidos, agroman sensacións, experiencias, sentimentos, que reforzan a autoimaxe como persoa lectora e o vínculo coa lectura.
Unha vez máis, a práctica de "falar de libros" amosa a súa efectividade. Parabéns!!!
Etiquetas:
Día do Libro,
fomento da lectura,
lectores,
libros,
vídeo
17/4/15
Un vídeo promocional... con moitas sorpresas
Desde o CEIP Nicolás del Río, de Cedeira, achégannos este vídeo promocional da IV Feira dos Libros, que andan a preparar. Interesante proposta na que colaboran as nenas e os nenos voluntarios na biblioteca e xentes de Cedeira. O vídeo garda moitas sorpresas e demostra que cando a escola sae á medio enriquécese e amplía as súas posibilidades. Parabéns!
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
contos,
fomento da lectura
23/3/15
Os "Contabiblio", lemos para ti!!
O alumnado voluntario do CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra) ideou este anuncio publicitario para dar a coñecer unha das súas actividades. Estes "contabiblios" parece que teñen xa moito éxito no seu centro.
Fantástico ese lema que empregan: ESCOITAR TAMÉN É LER.
Parabéns e este grupiño de rapazas e rapaces, e ao profesorado que fomenta, co seu labor, este tipo de actitudes e competencias.
Etiquetas:
fomento da lectura,
voluntarios de lectura
24/2/15
Falardlibros, nova actividade no IES Fontexería (Muros)
Darlle voz aos lectores e ás lectoras da comunidade educativa e facilitar que poidan compartir a súa experiencia lectora co alumnado é unha fórmula interesante para contaxiar o gusto pola lectura. A biblioteca do IES Fontexería, de Muros, pon en marcha unha nova actividade, Falardlibros, a través da cal convida a persoas da comunidade educativa que por calquera razón se sinten vinculadas a un libro que lles resulta especial, para que comparta esa experiencia de lectura co alumnado do centro. O lugar: a biblioteca. O tempo: un recreo. Destinatarios: o alumnado do centro. Protagonista: calquera membro da comunidade educativa e o libro por el ou ela escollido.
Na imaxe vemos a primeira convocatoria desta actividade na que Antón Díaz, profesor de Tecnoloxía no centro falará sobre un libro de Oliver Sacks: El tío Tungsteno.
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
fomento da lectura,
libros
21/3/14
Entregados os premios questasleyendo.org 2013 en Compostela
O pasado 19 de marzo, o auditorio da Biblioteca de Galicia acolleu o acto de entrega dos premios do concurso questasleyendo.org correspondente ao ano 2013 e a participantes do Estado Español. Este concurso é convocado pola OEI, a Organización de Estados Iberoamericanos para la Ciencia la Educación y la Cultura e pretende crear unha rede de lectoras e lectores entre os mozos dos países iberoamericanos que puxeron en marcha blogs persoais relacionados cos libros e a lectura.
A organización escolleu Galicia para a entrega de premios polo alto número de participantes desta comunidade, e porque tanto o blogue gañador como catro dos dez blogues finalistas son de mozos e mozas galegos. Tamén acudiron ao acto as cinco autoras do blogue finalista "Sueños de papel en una ciudad de tinta", que xunto coa súa profesora fixeron a viaxe desde Madrid ata Compostela, coa ilusión que describen nesta entrada do blogue.
Presidiron o acto Fabiola Sotelo, en representación da OEI, María Jesús Gil, da fundación SM (patrocinadora do concurso) e o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, responsable das políticas de bibliotecas escolares e fomento da lectura en contexto educativo, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Inés Miret, responsable de ¿Qué estás leyendo? moderou unha mesa redonda coa participación dos dous irmáns autores do blogue finalista, Libros Lectureka!, e un representante de cada un dos blogues finalistas presentes no acto, e na que compartiron experiencias, opinións e sentimentos sobre os libros e a lectura.
Inés Miret, responsable de ¿Qué estás leyendo? moderou unha mesa redonda coa participación dos dous irmáns autores do blogue finalista, Libros Lectureka!, e un representante de cada un dos blogues finalistas presentes no acto, e na que compartiron experiencias, opinións e sentimentos sobre os libros e a lectura.
Xa está aberto o prazo do concurso ¿Qué estás leyendo? correspondente a 2014, desta vez destinado a lectores entre 15 e 17 anos, e que ten como premio unha viaxe a Bos Aires, para un encontro entre os gañadores dos diversos países iberoamericanos. O prazo de inscrición dos blogues remata o 30 de xullo.
12/2/14
Amor ás palabras, palabras de amor
O mes de febreiro trae unha data motivadora para traballar a poesía e as bibliotecas escolares aprovéitana ben. Velaquí algúns exemplos:
- CPI da Cañiza (A Cañiza):
- 14 de febreiro, San Valentín (recursos, xogos, encadeados, audiovisuais...)
- Lecturas amorosas por San Valentín
- Citas para levar ["empregamos o formato dos anuncios por palabras para recoller citas amorosas que despois colgamos polo centro; o alumnado pódeas arrincar e levar. Tamén eles contribúen coas súas producións. Aínda que é algo traballosa a actividade (imprimir, recortar, taladrar...) dá fantásticos resultados."]
Etiquetas:
animación á lectura,
fomento da lectura,
lectura,
poesía
24/1/14
ANIMACIÓNS DE LIBRO
Se eu fose un libro...
Baixo este comezo de texto hai un mundo de posibilidades. Xogar con e,l para que cadaquén vaia dando unha resposta, non sería mala cousa, pero alguén o fixo por nós e cunha calidade digna de difusión.
A animación de Very2much seguindo un texto orixinal de José Jorge Letria e ilustracións de André Letría.
Vexámolo!
Etiquetas:
fomento da lectura,
libros
4/12/13
Unha fórmula para a "hora de ler"
HORA DE LER, ese tempo dedicado á lectura en tempo lectivo, pode acoller moitas fórmulas. O importante é que o alumnado teña protagonismo á hora de achegarse á experiencia lectora. A lectura en voz alta por parte do mediador é unha das actividades con maior potencialidade para espertar o gusto pola lectura; é excelente para que os nenos e nenas aprendan a entonar e facer as pausas correctamente, pero por si soa non garante a competencia lectora de quen escoita. Outra cousa é cando o alumnado toma a iniciativa, coma neste caso, e convirten a "hora de ler" nun tempo para a lectura en voz alta e a narración nas súas propias voces. Así, por unha parte se traballa a capacidade de escoita e por outra, todos os alumnos e todas as alumnas teñen a oportunidade de "poñerse a proba" e de avanzar na lectura expresiva, e tamén na lectura comprensiva. Unha das condicións esenciais para isto é que teñan a oportunidade de preparar a lectura, tal e como vemos neste excelente exemplo das nenas e nenos de 1º ciclo do CEIP Santiago Apóstolo, de Franza (Mugardos, A Coruña).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







