As mozas e mozos do IES Fontem Albei, de A Fonsagrada (Lugo), xunto co profesorado do centro, celebraron o Día do Libro completando o hastag #leoporque e abofé que hai razóns ben interesantes e outras nas que podemos identificarnos. Parabéns!
30/4/13
#leoporque
As mozas e mozos do IES Fontem Albei, de A Fonsagrada (Lugo), xunto co profesorado do centro, celebraron o Día do Libro completando o hastag #leoporque e abofé que hai razóns ben interesantes e outras nas que podemos identificarnos. Parabéns!
Etiquetas:
Día do Libro,
fomento da lectura,
lectores,
lectura
Cine e libros, libros e cine...
Co gallo do Día Mundial do Libro, o programa dedicado ao cine da TV2 "Días de cine" emitiu unha reportaxe sobre as relacións entre cine e libros. Agradecemos á biblioteca do IES Pazo da Mercé (As Neves), esta achega.
Días de cine - Día mundial del libro
Etiquetas:
cine,
libros,
medios audiovisuais
29/4/13
Lecturas compartidas no Día do Libro, creando vínculos coa lectura.
Unha vez máis, o Día do Libro foi escollido como data para compartir experiencia lectora entre alumnado de distintas idades e, mesmo, de distintos centros. Os apadriñamentos e amadriñamentos de lectura, as actividades de lectura compartida, esténdense pola xeografía galega e vanse asentando como iniciativa educativa e de fomento da lectura de gran potencialidade: os máis grandes preparan as súas lecturas e os pequenos receptores reforzan a súa capacidade de escoita. Uns e outros gañan como lectores e como usuarios da biblioteca e xuntos van creando vínculos emocionais coa experiencia lectora, dos que permanecen. Felicitamos ao profesorado que facilita estes "encontros na lectura" e, moi especialmente, ao alumnado que exerce esa fermosísima tarefa de "voluntariado da lectura", que escolle os libros, prepara as sesións e "apadriña" ou "amadriña" aos máis novos, con respecto e con alegría.
No vídeo, as nenas e nenos do CEIP Milladoiro de Malpica, un dos centros veteranos neste tipo de actividades.Outros centros nos que se celebraron estes días actividades semellantes:
- IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz, Lugo) (lecturas compartidas en centros de primaria da zona)
- CEIP Víctor López Seoane (A Coruña)
- CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra)
- CEIP O Ramo (Barallobre-Fene, A Coruña)
- CEIP Quintela (Moaña, Pontevedra) reciben á visita de mozos do IES A Paralaia (Moaña)
- CEIP Quintela (Moaña, Pontevedra) visitan a Escola de O Con (Infantil) - I
- CEIP Quintela (Moaña, Pontevedra), visitan a Escola de O Con (Infantil) - II
- CEIP Mestres Goldar (Vigo, Pontevedra)
- CEIP Ría de Vigo (Vigo, Pontevedra)
- CEIP Torre Cela (Bueu, Pontevedra)
- CEIP ADR Castelao (Rianxo) reciben a visita das "madriñas lectoras" do IES Félix Muriel.
- CEIP Salgado Torres (A Coruña)
- CEIP de Cervo (Cervo, Lugo)
- CPI da Ribeira (O Porriño)
- CEIP Bormoio (Agualada)
- CEP Xosé María Brea Segade (Taragoña-Rianxo, A Coruña)
- CRA Amencer (Ribadavia, Ourense)
- CEIP Pintor Laxeiro (Vigo, Pontevedra)
- CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos, A Coruña)
- CPI de Panxón (Nigrán, Pontevedra)
Etiquetas:
apadriñamentos lectores,
fomento da lectura,
lectores,
lecturas
24/4/13
Lectoras e lectores do IES Lagoa de Antela
No Día Mundial do Libro de 2013, os lectores e lectoras do IES Lagoa de Antela, de Xinzo da Limia (Ourense) "posaron" cos seus libros, con libros que lles gustan especialmente, e prepararon este vídeo para a difusión do libro e a lectura como experiencia gozosa.
Etiquetas:
Día do Libro,
lectores,
libros
23/4/13
Sherezade conta contos no Leirado
As nenas e nenos de 3º Ciclo do CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra), traballaron coa súa profesora de Música na creación dunha curta de animación, arredor da música de Rimsky Korsakov e as historias de Sherezade. E hoxe, Día do Libro, fan a presentación ao resto de compañeiras e compañeiros... Parabéns por este estupendo traballo.
Etiquetas:
contos,
curtas,
Día do Libro,
medios audiovisuais,
música
22/4/13
"Un libro, un amigo" desde o IES Pazo da Mercé
UN LIBRO, UN AMIGO 23 DE ABRIL DO 2013 on PhotoPeach
Daniel Duque e Damián Lamas, de 3º de ESO do IES A Mercé (As Neves, Pontevedra) realizaron este vídeo con fermosas imaxes para conmemorar este 23 de abril, Día Mundial do Libro, e que nos chega a través do blog do Equipo de Dinamización Lingüística e a biblioteca escolar do centro. Parabéns!!
Etiquetas:
Día do Libro,
libros
19/4/13
"TUI lee": unha xornada de lectura e convivencia para celebrar o 23 de abril.
O responsable da biblioteca do IES San Paio, de Tui, coordinador tamén do club de lectura do centro, A pedra do Acordo, achéganos está información sobre a programación para celebrar o Día Mundial do Libro o vindeiro 23 de abril: unha festa da lectura, unha ocasión para sacar os libros de paseo, unha maneira de romper fronteiras e aunar vontades, unha forma excelente de construír sociedade lectora. Parabéns!!
Un ano máis as bibliotecas escolares e
municipal de Tui e a biblioteca de Valença participaremos o vindeiro
martes nunha nova edición do “Tui le”.
Seremos un total de trece centros os que
ao largo da mañá faremos na praza de San Fernando (diante do pórtico
gótico da catedral) a nosa común celebración do Día do Libro.
Haberá intercambio de libros, con libros faremos un tapiz coa palabra LENDO
e alumnado de todos os centros lerá, recitará, musicará, dramatizará...
poemas infantís e de Rosalía, poemas de poetas portugueses sobre
Rosalía, textos de Vidal Bolaño, O principiño, a historia do rato Pérez (adaptación de El ratoncito Lucas y el reyecito Alfi de Fernando García-Cuerva y Darío Salvi), Carapuchiña Vermella (adaptación de Cuentos en verso para niños perversos de Roald Dalh), explicación das pezas do traxe galego...
Cada centro elaborou un cartel de 50 x 70 para ilustrar unha estrofa do primeiro poema de Cantares Gallegos, os trece carteis xuntarémolos ese día na praza e logo iniciarán unha exposición itinerante por todos os centros.
Ao longo da mañá a radio municipal
instalará o seu locutorio móvil na praza e retransmitirá algunhas das
actuacións, entrevistas... poñendo nas ondas esta nova edición da festa
tudense dos libros.
Amais ambientaremos o centro cunha selección de curtametraxes cos libros como protagonistas:http://pedradoacordo.blogspot.com.es/2013/04/libro-de-cine-cine-de-libro.html
http://bibliosanpaio.blogspot.com.es/2013/04/libros-de-pelicula.html
Etiquetas:
Día do Libro,
fomento da lectura,
lectores,
lectura,
sociedade lectora
18/4/13
"Só un libro", texto de Paula Carballeira no Día Mundial do Libro 2013
Co gallo do Día Mundial do Libro 2013, a escritora, narradora, actriz e directora teatral, Paula Carballeira, agasalla ás Bibliotecas Escolares de Galicia cun texto que pon en valor as potencialidades do libro para atraer e seducir as lectoras e os lectores, mesmo aqueles que de principio non están especialmente motivados pola lectura. Quen está acostumado aos textos e ás narracións orais de Paula Carballeira recoñeceraa sen problema neste "monólogo" que comeza así:
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro
Por que?
Etiquetas:
Día do Libro,
fomento da lectura,
lectores,
lectura,
libros
15/4/13
Ler e facer, ler e interpretar, ler e crear... a propósito de "Fantasmas de luz"
Facer lectoras, facer lectores, é hoxe algo diferente ao que se supuña que era hai uns anos. A sociedade é diferente, os mozos e mozas teñen intereses distintos e traspasados pola cultura audiovisual e, en definitiva, a lectura é outra cousa, é unha lectura "transmedia" e unha experiencia individual, pero que precisa ser compartida para medrar. Ou entendemos iso, en tanto que mediadores, ou será difícil que academos resultados co sector en maior risco de perderse como lectores: os adolescentes e xoves.
Unhas mozas do IES de Poio, trala lectura de FANTASMAS DE LUZ, de Agustín Fernández Paz, puxeron mans á obra: seleccionaron unha escena, fixeron a ficha técnica e acabaron producindo unha curta que, a pesar da súa brevidade, resulta ben interesante.
Pódese ver esta curta no blogue da biblioteca do centro, AS ZOCAS FALADORAS.
Do blogue do club de lectura do mesmo centro, obtemos este saúdo de Agustín aos mozos e mozas que van ler o libro, animando á súa lectura, que fala ben da mestría de Fernández Paz, e da súa boa maneira de facer lectores.
8/4/13
Apadriñamentos lectores, lecturas compartidas: creando vínculos coa lectura.
APADRIÑAMENTO LECTOR 1 on PhotoPeach
Aínda que en moitos centros educativos galegos xa se están sistematizando as actividades de lectura compartida entre alumnos e alumnas de distintas idades (de distintos centros ás veces), ocorre que o mes de abril é unha ocasión perfecta que moitas bibliotecas escolares aproveitan para iniciarse neste tipo de actividades ou para reforzar as iniciativas xa en marcha. Nesta ocasión, os rapaces e rapazas do IES Ribeira do Louro, de O Porriño (Pontevedra), repiten os seus "apadriñamentos lectores" coas nenas e nenos do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios, do mesmo concello, e coa colaboración esta vez da Biblioteca Pública Municipal de O Porriño.
APADRIÑAMENTO LECTOR 2 on PhotoPeach
Tamén os mozos e mozas do IES de Sanxenxo repetiron este ano unha actividade de lectura compartida coas nenas e neos de dous centros do concello: o CEIP Portonovo e o CEIP A Florida. Madriñas, padriños, afilladas e afillados compartiron lecturas, falaron dos libros para mellorar a comprensión das historias, debuxaron e mesmo intercambiaron dedicatorias e agasallos. Toda unha experiencia!!!
Etiquetas:
apadriñamentos lectores,
fomento da lectura,
lectores
2/4/13
Pase ao Liberespazo
Dentro das iniciativas do programa HORA DE LER, para o fomento da lectura en centros de ensino, distribuíuse recentemente, entre as bibliotecas do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares, este "Pase ao Liberespazo": un material para que os mediadores poidan empregar para motivar a lectura entre o alumnado, adaptándoo á súa dinámica de atención á biblioteca así como de creación e consolidación de hábitos de lectura. A edición destes "pases" está subvencionada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e pode descargarse da Rede. + INFORMACIÓN AQUÍ
Etiquetas:
fomento da lectura,
Hora de ler
Canal Lector, unha nova ferramenta ao servizo da lectura
Nace CANAL LECTOR, o novo portal dedicado ao mundo do libro e da lectura, da man da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, en colaboración coa Federación de Gremios de Editores de España e co apoio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Este Canal Lector, evolución do anterior Sol (Servicio de Orientación de Lectura), incorpora múltiples recursos para mediadores, sexa no entorno educativo ou familiar, e constitúe un instrumento de gran interese para localizar recursos para a biblioteca escolar e manterse ao tanto das últimas novidades referentes á lectura na sociedade da información, entre outros contidos que integra. É tamén unha fonte de recursos para o fomento da lectura, entre os que queremos destacar o KARAOKLEC, que marca un camiño para a elaboración de materiais audiovisuais motivadores da lectura, especialmente sobre textos de tradición oral e poesía (algunhas bibliotecas escolares galegas xa están realizando videos deste tipo para motivar a lectura entre o seu alumnado, pero parécenos unha actividade que aínda pode dar moito de si, se pensamos sobre todo en termos de normalización lingüística).
Etiquetas:
fomento da lectura,
información,
lectura,
libros,
mediadores,
recursos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)