Excelente páxina con referencias de Banda Deseñada, realizada desde a biblioteca "A Marela Tarabela" do IES Ramón María Aller Ulloa (Lalín, Pontevedra). Cada unha das referencias conta cunha ficha editorial e algunhas conteñen outras informacións. Pódense facer buscas por "etiqueta" e atopar títulos que son adaptacións de textos narrativos, aventuras, banda deseñada, banda deseñada galega, biografías, ciencia ficción, costumismo, crónica BD, denuncia e crítica, detectives, divulgación científica, economía, fantasía épica, filosofía, heroínas, histórica, humor, manga, etc. Unha ferramenta máis para adentrarse no mundo do cómic e a novela gráfica.
Mostrando entradas con la etiqueta cómic. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cómic. Mostrar todas las entradas
3/10/14
30/1/14
Encontros de BD na Mariña
Xa van polos VI Encontros de Banda Deseñada ña Mariña, organizados polo IES O Perdouro de Burela. Case un clásico, porque se o importante é poñer en marcha inicitivas... o imprescindible é mantelas, facer que duren, que se convertan en rutina, de maneira que se aproveite a dinámica creada. Niso están!
Forma parte das Xornadas a convocatoria do Concurso de banda deseñada con dúas modalidades (unha dirixida a rapaces e rapazas ata 14 anos e outra na que se recollen os traballos elaborados polos xoves de 15 a 18 anos).A convocatoria acaba de facerse pública.
Obradoiros, exposicións, proxección de curtas, encontros con autores de cómic,... son algunha das actividades ás que se pode asistir, como pode observarse no blogue dos Encontros.
Etiquetas:
cómic,
concursos,
encontros con autores/as
4/2/13
Agustín Fernández Paz lembra a Rosa Park
Agustín Fernández Paz lembra no seu blog a unha muller que coa súa valentía axudou a mudar moitas cousas na sociedade do seu tempo. E faino unha vez máis hoxe, aproveitando a data do 4 de febreiro, porque se cumpren cen anos do nacemento de Rosa Park. Unha visita ao Blog de Agustín daranos referencias literarias e cinematográficas sobre a figura de Rosa Park, un síimbolo positivo que cómpre difundir entre os máis novos como exemplo de dignidade e de afán de xustiza.
Etiquetas:
Agustín Fernández Paz,
cine,
cómic,
sociedade lectora
26/11/12
"Un lector". Blogue de Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz é un dos autores máis lidos por nenos e nenas, mozas e mozos deste país e de algúns outros aos que chegan as traducións dos seus libros. É un privilexio poder contar coa súa presenza tamén na Rede. Impecable a súa páxina: http://agustinfernandezpaz.eu/ na que podemos acceder a datos biográficos, relación das súas obras, textos diversos sobre lingua, lectura ou bibliotecas (na sección de "ensaios") e noticias sobre el e a súa obra na prensa, como o recente nomeamento como Doutor Honoris Causa que lle concede a Universidade de Vigo, un máis dos múltiples recoñecementos que este autor está a recibir por todo o país.
Desde esta páxina, tamén podemos acceder ao blogue de Agustín, ao que titula UN LECTOR e no que vai achegando textos belísimos sobre cousas que lle interesan moito: os libros, os cómics e o cinema. A última entrada neste blogue está dedicada a un libro e a unha película ben especiais: O festín de Babette
.
Outro espazo de acceso á obra de Agustín Fernández Paz é a páxina que lle dedica a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, na sección de Literatura Infantil y Juvenil: http://www.cervantesvirtual.com/portales/fernandez_paz/
Outro espazo de acceso á obra de Agustín Fernández Paz é a páxina que lle dedica a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, na sección de Literatura Infantil y Juvenil: http://www.cervantesvirtual.com/portales/fernandez_paz/
Etiquetas:
Agustín Fernández Paz,
blogs,
cine,
cómic,
lectura,
libros,
literatura,
LIX
28/9/11
Cartaz de Bibliotecas Escolares de Galicia 2011-2012
Emma Ríos, ilustradora galega do mundo da banda deseñada, interpreta o lema escollido para este curso 2011/2012: Biblioteca escolar, última xeración. Este cartaz chegará aos centros nos primeiros días de outubro, co fin de difundir a biblioteca escolar entre os distintos sectores da comunidade educativa.
+ información sobre Emma Ríos en Banda Deseñada, o portal do Consello da Cultura Galega dedicado ao cómic galego e aos seus autores.
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
cómic,
ilustración
10/2/11
"Ler e escoitar", en banda deseñada
Velaquí a visión de Lucía Martínez, alumna do IES Sánchez Cantón (Pontevedra), sobre o proceso de participación no concurso de Lectura en voz alta, LER E ESCOITAR, no que varias compañeiras súas chegaron á fase final e mesmo unha delas, Clara, acadou o segundo premio na modalidade individual da súa categoría. Lucía emprega unha ferramenta dixital para a creación de banda deseñada, que están aprendendo a utilizar no seu centro, bitstripsforschools e que ao parecer, dá moi bos resultados.
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
cómic,
Ler e escoitar
1/3/10
Educando lectores... de manga
A biblioteca escolar do IES FONTEXERÍA, de Muros (A Coruña) manterá aberta, durante todo o mes de marzo, unha exposición sobre un tipo de cómic ben presente nas preferencias dos lectores xoves, o manga. Así nos explica a actividade prevista o responsable desta biblioteca:"O vindeiro xoves día 4 inauguramos unha exposición sobre o manga que estará aberta durante todo este mes. Este xoves dous rapaces coñecedores e lectores deste tipo de comic explicarannos os porqués da súa afición a este xénero, ademais de amosarnos parte do material que consumen. O resto dos días haberá sempre unha mesa na Biblioteca con exemplares de manga en diversos idiomas, incluíndo o primeiro manga publicado en galego. Ademais, expoñeranse 6 paneis con información introductoria ó manga, e durante os recreos as proxeccións temáticas ilustrarán estes mesmos contidos".
Etiquetas:
animación á lectura,
bibliotecas,
cómic,
manga
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


