19/4/17

Día Mundial do Libro - 2017

"Mucha, mucha poesía... " Poesía para celebrarmos o Día Mundial do Libro, da man de ROSALÍA FERNÁNDEZ RÍAL, autora do poema inédito co que agasalla ás Bibliotecas Escolares de Galicia para lembrar a maxia da palabra, do libro e da lectura. 

7/2/17

Que fan @s voluntari@s na biblioteca escolar?

Velaquí un exemplo desde o CEIP Amor Ruibal, de Barro (Pontevedra): neste vídeo resúmese a actividade do alumnado voluntario durante o mes de outubro do pasado ano. Unha visita ao blogue desta biblioteca permítenos coñecer moitas outras actividades.

4/1/17

Resolución da convocatoria de Clubs de lectura para o curso 2016/2017

O Portal Educativo vén de publicarResolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se asignan as contías destinadas ao funcionamento de clubs de lectura en centros públicos de ensino secundario de titularidade da Consellería.
Neste curso 2016/2017 recibirán axuda un total de 243 centros que poñen en marcha un club de lectura con un ou varios grupos de lectores e lectoras de ESO, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial.

Na imaxe, alumnado do Club de Lectura do IES San Mamede, de Maceda (Ourense).