Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca inclusiva. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca inclusiva. Mostrar todas las entradas

4/7/19

Biblioteca Inclusiva: Audiolibros no CEIP Emilia Pardo Bazán

O alumnado de 3º e 6º de EP traballou na creación de "Contos para Javi: material adaptado", cinco pequenos relatos para un compañeiro con neae. Tomando como centro de interese a súa familia, escribiron e deseñaron os relatos aos que a familia de Javi puxo a voz. No blog da biblioteca pódese seguir todo o proceso.
Unha marabillosa experiencia de traballo colaborativo en prol da inclusión dun compañeiro e de a biblioteca escolar debe ter recursos para achegar a lectura a todo o alumnado.

Audiolibros na biblioteca
 

26/6/18

Radio Balea, desde o CEIP Milladoiro, de Malpica, e o poeta Antonio García Teijeiro

RADIO BALEA, a emisora de radio do CEIP Milladoiro, de Malpica, un dos 20 centros integrados no programa RADIO NA BIBLIO, que comezou a andar neste curso 2017/2018, está xa a pleno rendimento. Un dos exemplos é esta entrevista ao poeta ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO que visitou a biblioteca e mantivo unha conversa cos nenos e as nenas. Excelente documento sonoro que fala do bo facer do profesorado no seu traballo a favor da formación en medios de comunicación do alumnado, pero tamén da xenerosidade de Antonio, poeta, mestre e gran coñecedor do mundo da lectura e das bibliotecas escolares. E sobre todo, fala das habilidades comunicativas deste alumnado que ten, na súa biblioteca, un recurso poderoso para unha formación acorde ás súas necesidades como cidadáns que son do século XXI.



Pódense escoitar outras producións sonoras nesta ligazón: https://www.ivoox.com/podcast-radio-balea-2017-2018_sq_f1553640_1.html

30/6/17

Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria)

Así de alegres posan cos seus diplomas com voluntarios/as na biblioteca escolar o grupo de colaboradores da biblioteca do IES Vilalonga, de Sanxenxo. Tamén en secundaria hai rapaces e rapazas dispostos a colaborar e a dedicar parte do seu tempo en beneficio do ben común que é unha biblioteca escolar dun instituto. No blogue da biblioteca podemos comprobar que traballaron moito e traballaron ben. O IES Vilalonga é un dos 71 centros inscritos nesta acción do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS durante o curso 2016/2017. Recibiron diploma/certificado de horas de voluntariado un total de 803 alumnos e alumnas de ensino secundario, bacharelato, formación profesional, ensinanzas de idiomas ou conservatorios. Esta programa é unha colaboración entre a Consellería de Educación (CCEOU), a través da Dirección Xeral de Centros e RRHH e a Consellería de Política Social (Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado).

27/4/17

Lectura e alfabetización mediática

Desde a biblioteca do CEE Terral de Ferrol chéganos este traballo realizado polo alumnado do Programa de FP Básica de Xardinería e Restauración, a partir da lectura dun texto de Sechu Sende, "Curtametraxe". Literatura e alfabetización mediática únense neste produto audiovisual polo que cómpre parabenizar ao alumnado e ao profesorado responsable. No blogue do centro pódese ver o proceso de elaboración da curta e toda a información.