Bechopoemas e outras bestas é un fantástico bestiario e un bestiario fantástico.
Leire Bilbao
agasalla aos lectores e lectoras máis pequenos con poemas inmediatos e
potentes, de gran valor metafórico e imaxinativo. Versos nos que os
animais voan, nadan, reptan e ruxen.
Maite Mutuberria pon imaxe, coas súas ilustracións, a estes animais con letras, recortes, manchas, pegadas ...
ofrecéndonos a oportunidade de traballar co noso alumnado a
creatividade a partir da palabra, de aprender xuntos a mirar e ver o que
unha ilustración pode ofrecer máis aló de apoiar un texto.
Para non perder, a tradución de Isaac Xubín que traslada o eúscaro ás nosas singularidades.