Mostrando entradas con la etiqueta lectura en voz alta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lectura en voz alta. Mostrar todas las entradas

4/7/19

Voluntari@s de lectura do CEIP P. A Pedra formándose con Charo Pita

O CEIP P. A Pedra de Bueu (Pontevedra) foi seleccionado pola calidade das súas actividades, xunto con outros nove centros participantes na acción Voluntariado de lectura-A, dentro do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS ,  da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o ano 2018/2019. Este centro elixíu, entre a oferta dispoñible, disfrutar dun obradoiro  coa actriz, narradora oral, escritora... Charo Pita. No blog da súa biblioteca pódese ver o traballo no que os voluntarios e voluntarias tiveron ocasión de mellorar os seus recursos para a LECTURA EXPRESIVA e a NARRACIÓN ORAL. Parabéns!

BIBLIOCASTELO A PEDRA



 


22/6/17

Voluntari@s de lectura do CEIP Ramón Falcón formándose con Charo Pita

O CEIP Ramón Falcón, de Castro de Rei (Lugo), foi seleccionado pola calidade das súas actividades, xunto con outros sete centros participantes na acción Voluntariado de lectura-A, dentro do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, da Consellería de Cultura, Educación e O.U. para o ano 2016/2017.  Este centro elixiu, entre a oferta dispoñible, disfrutar de dous obradoiros coa actriz, narradora oral, escritora... Charo Pita. Velaquí a crónica desta mañá de traballo no que os voluntarios e voluntarias tiveron ocasión de mellorar os seus recursos para a LECTURA EXPRESIVA e para a NARRACIÓN ORAL. Parabéns!

 +información, no blogue da biblioteca, a Falconteca

4/12/13

Unha fórmula para a "hora de ler"

 
HORA DE LER, ese tempo dedicado á lectura en tempo lectivo, pode acoller moitas fórmulas. O importante é que o alumnado teña protagonismo á hora de achegarse á experiencia lectora. A lectura en voz alta por parte do mediador é unha das actividades con maior potencialidade para espertar o gusto pola lectura; é excelente para que os nenos e nenas aprendan a entonar e facer as pausas correctamente, pero por si soa  non garante a competencia lectora de quen escoita. Outra cousa é cando o alumnado toma a iniciativa, coma neste caso, e convirten a "hora de ler" nun tempo para a lectura en voz alta e a narración nas súas propias voces. Así, por unha parte se traballa a capacidade de escoita e por outra, todos os alumnos e todas as alumnas teñen a oportunidade de "poñerse a proba" e de avanzar na lectura expresiva, e tamén na lectura comprensiva. Unha das condicións esenciais para isto é que teñan a oportunidade de preparar a lectura, tal e como vemos neste excelente exemplo das nenas e nenos de 1º ciclo do CEIP Santiago Apóstolo, de Franza (Mugardos, A Coruña).