Mostrando entradas con la etiqueta cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cultura. Mostrar todas las entradas
28/12/16
Calendario do libro e da lectura 2017
A Secretaría Xeral de Cultura edita o Calendario do Libro e da Lectura correspondente ao ano 2017. A ilustración da "toupiña lectora" é da ilustradora Tania Solla.
29/12/15
Calendario do libro e da lectura 2016
Desde a Subdirección Xeral de Bibliotecas, da Secretaría Xeral de Cultura (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), edtítase un cartel co Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2016, no que se lembran algunhas das datas máis relevantes neste ámbito para o ano que comeza. A delicadísima ilustración é de Tania Solla.
10/7/13
O equipo de biblioteca do CEIP de Cervo, en colaboración co EDNL, puxo en marcha unha campaña de fomento da lectura chamada "Peza única".
Nos galerías de Sargadelos repartiráselle un folleto con ese nome "Peza única" á súa clientela, arredor do Día das Letras Galegas. O folleto ten unha poesía feito polo alumnado do centro, un número de serie e unha lenda onde se explica que a persoa que reciba este presente ten nas súas mans unha peza única; tamén se lle pide que faga chegar ao enderezo electrónico do centro algún comentario ou foto para publicar no blogue da biblioteca, desa maneira todos saberán ata onde chegou a súa poesía. En total fixéronse oitenta folletos para entregar nas tendas da marca Sargadelos de Sargadelos, Lugo, Viveiro, Mondoñedo e Ribadeo. As primeiras comunicacións que chegaron foron de Bangladesh a onde levou a poesía un inxeneiro de Foz e da escritora Laura Gallego.
Ata onde poden chegar as nosas creacións?
Quen nos lerá?
Son as preguntas que os escritores e escritoras se fan.
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
cultura,
fomento da lectura
11/2/10
Hábitos de lectura 2009
A Federación de Gremios de Editores de España vén de publicar o Informe de hábitos de lectura y compra de libros en 2009, un barómetro que mide os hábitos da poboación maior de 14 anos en relación cos libros e a lectura. Desde hai tres anos, este barómetro presta tamén atención á lectura entre a poboación máis nova, entre 10 e 13 anos. Cómprenos unha lectura detallada deste informe se queremos traballar por obxectivos, sabendo de onde partimos e qué aspectos deberíamos ter en conta como mediadores na formación dos novos lectores e lectoras. Algúns datos para a reflexión: - Os lectores frecuentes, entre a poboación maior de 14 anos son o 41,3% (len todos ou case todos os días, ou unha ou dúas veces por semana).
- Os lectores frecuentes, entre 10 e 13 anos, son o 77,1%
- O 55% da poboación maior de 14 anos declárase lectora (lectores frecuentes + lectores ocasionais, que len un libro ao mes ou ao trimestre)
- Entre os rapaces e rapazas de 10/13 anos, a porcentaxe de lectores, sumando frecuentes e ocasionais, sube ao 91,2%
- O 78,4% dos nenos lectores asegura que seus pais lles len na casa, e o 88% que lles mercaron ou agasallaron con libros no último ano.
- O 97,2% dos nenos lectores afirmar que os seus profesores os animan a ler, e o 93,2% asegura que nos seus colexios se realizan actividades arredor da lectura e o libro, participando nelas o 94,1%.
- Galicia sube 2,3 puntos con respecto ao ano 2008, na porcentaxe de poboación lectora (+ 14 anos), quedando no 54,9%, sendo o 39, 9% os lectores frecuentes.
- En Galicia, o 45,1% dos maiores de 14 anos non le.
- A lectura en galego representa o 0,5% do total. En Galicia, o 7,4% dos lectores le en galego de forma cotiá.
Novamente, chama a atención tamén, e debera levarnos á reflexión sobre as nosas prácticas de selección e visibilización de segundo qué libros, a relación de libros máis lidos, entre a poboación infantil e entre a poboación adulta. ¿Para esta viaxe, tantas alforxas????
26/1/09
As "pedras do acordo"
Hai uns meses, lendo memorias dos clubs de lectura en centros de ensino secundario do curso 2007/2008, atopamos esta exquisitez:"Con Pedra do Acordo lembramos ás pedras ao redor das que se xuntaban os labregos para decidir sobre cuestións comunais: o reparto de terras, de leña, regas... No monte Aloia hai unha. No instituto temos outra: a biblioteca, non ao seu redor, diriamos que máis ben nela estamos, entre outros, as/os amigas/os da lectura." Club de lectura Pedra do Acordo. IES San Paio.
Andan a xurdir "pedras do acordo" por Galicia adiante... benvidas sexan elas e o profesorado que as fai posibles e xunta arredor delas a mozos e mozas para falar de libros, de lectura, de historias, de cultura... mentres contribúe á formación dunha sociedade lectora.
Etiquetas:
bibliotecas,
club de lectores,
cultura,
fomento da lectura
11/5/08
Na súa columna semanal do diario El País (sábado 10/05/08), Manuel Rivas presenta un texto impecable, "El tanatorio", no que unha vez máis é quen de debuxar, apenas cunhas pinceladas, unha situación social ben definitoria da Galicia que estamos a vivir: "No hace mucho, en un municipio orensano, hubo un debate vecinal y una votación para decidir el destino de una subvención de fondos europeos. El dilema era una biblioteca... o un tanatorio. Una variante del derecho a la autodeterminación. En realidad, la alternativa de la biblioteca surgió en el último momento, a propuesta de las dos muchachas más jóvenes del lugar. Entendían que si se optaba por una biblioteca, con su bibliotecaria y todo, no sólo se abría un espacio donde estar vivo, y vivir otras vidas, sino que también se emitía una señal hacia el futuro. ¿Cómo se va a morir un pueblo donde hay biblioteca y bibliotecaria? En la votación hubo una marmórea mayoría a favor del tanatorio."
Etiquetas:
bibliotecas,
cultura,
muller
2/10/07
Hábitos e prácticas culturais en España-2006/2007

O Ministerio de Cultura presenta o estudo "Hábitos y prácticas culturales en España 2006-2007", como resultado dunha enquisa realizada entre a poboación maior de 15 anos, en colaboración co Instituto Nacional de Estadística.
O capítulo 3 das táboas de resultados está dedicado ás prácticas de lectura e o uso das bibliotecas. Resulta de gran interese unha visita pormenorizada a este estudo, especialmente para os profesionais de ámbitos educativos e culturais, e especificamente para quen deseña e propón proxectos para a promoción da lectura, a calquera escala e dende calquera instancia.
Vía Biblioblog
Etiquetas:
bibliotecas,
cultura,
lectura,
libros
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


.jpg)