Mostrando entradas con la etiqueta campañas de fomento da lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta campañas de fomento da lectura. Mostrar todas las entradas

29/1/14

A biblioteca busca lectores con PAZ-CIENCIA

Unha vez máis a Escola de Educación Infantil Barrionovo (Arteixo, A Coruña), sorprende cun xogo de palabras espléndido e acertado. A biblioteca integra as actividades relacionadas co Día Escolar da Paz e a Non Violencia nunha campaña iniciada a comezos do curso, aproveitando o cartel e o lema das bibliotecas escolares deste curso 2013/2014: Ler ciencia na biblioteca escolar. Parabéns!!

12/12/12

No Xograr os libros ... "dan de comer"

No IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Lugo)  botaron a andar unha iniciativa solidaria asociada ao fomento da lectura na propia biblioteca do centro. Trátase dunha campaña de recollida de comida non perecedeira, á que ten que acompañarse unha recomendación ou recensión dun libro lido. No blogue da biblioteca pódese coñecer máis polo miudo esta iniciativa que se une a outras anteriores, doutros centros, semellantes nos fins solidarios aínda que diversas en fórmulas e contido.

3/12/12

Eu son un "ser libris"


Ser Libris from Illa Bufarda on Vimeo.
Fermosa iniciativa de Illa Bufarda para a Asocaciación Galega de Editores, presentada co gallo do Culturgal, nestes pasados días. Afortunado descubrimento dese estraño animal, o "ser libris". 

22/5/12

Curtas de conto I - CEIP Santiago Apóstolo, de Mugardos

 
Froito da colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a CRTVG e OQO Editora, chegou aos centros unha iniciativa de creación de curtas a partir de contos que está dando resultados sorprendentes. Velaquí unha mostra: as nenas e os nenos do CEIP Santiago Apóstolo, de Mugardos (A Coruña) recrearon desta forma o conto A Vella Lulula (Mar Pavón e Alessandra Cimatoribus). Segundo o profesorado do centro "foi laborioso, pero en ningún momento aburrido. A cantidade de cousas que estes nenos e nenas aprenderon ( e as profes tamén, xa que partimos de 0) non se poden enumerar. A satisfacción polo producto final no que todos e todas colaboraron é o mellor dos premios posibles."

NESTA PÁXINA pódese acceder ás diferentes curtas elaboradas por colexios de toda Galicia participantes nesta iniciativa.

7/5/12

¿Cando foi a última vez?

 
Nova entrega da campaña de fomento da lectura do IES LAMA DAS QUENDAS, de Chantada (Lugo). Parabéns por implicar á comunidade, por contar coa xente, e aproveitar a retranca, o humo propio, esa sabedoría...

17/2/12

Con quen o fas? Campaña de lectura no IES Lama das Quendas

 
A biblioteca do IES LAMA DAS QUENDAS, de Chantada (Lugo) vén de difundir unha campaña de lectura entre o seu alumnado: "E ti,..." 
Con quen o fas? é o primeiro spot. Agardamos máis...

1/2/12

"Sí que te gusta leer"

A Secretaría de Estado de Cultura (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte), está a difundir na Rede unha campaña de lectura destinada a mozos e mozas de 14 a 18 anos, baixo o lema SÍ QUE TE GUSTA LEER (pero igual no lo sabes). Cunha presentación atractiva, a páxina da campaña ofrece xogos, enlaces interesantes e un concurso para os participantes. Parte da idea de que os que afirman que non lles gusta ler, aínda así están a ler todo o día nos seus "artefactos" favoritos e nas actividades cotiás. Son lectores aínda que non lean libros. E desde aí, trata de levalos á outro tipo de lecturas. De interese para bibliotecas escolares.