Desde o CEIP de Leirado, en Salvaterra de Miño (Pontevedra), estas lectoras e estes lectores recoméndanos un libro, ao seu xeito... e apuntan maneiras, abofé!
Mostrando entradas con la etiqueta lectores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lectores. Mostrar todas las entradas
8/11/17
21/6/17
Lectura é empoderamento
Un libro é un arma cargada, segundo Ray Bradbury... e un profesor consciente do seu papel como mediador de lectura é quen de aprender ao seu alumnado a forma de usala en beneficio propio e de toda a sociedade. Lectura é empoderamento e iso demostrárono os mozos e mozas que ateigaron o pasado sábado o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela na X Xornada dos Clubs de lectura; demostrárono tamén as mozas e o mozo que colaboraron con Óscar López (Página 2) no taller "Libros e TV: como facer un programa piloto sobre libros e lectura", no que colaboraron tamén Ledicia Costas e Violeta Moon, unha moza booktuber, de orixe galega, e un cámarda de cine que aportou as orientacións técnicas (mejores planos, iluminación...).
+ información sobre esta xornada de lectoras e lectores, AQUÍ e AQUÍ
Etiquetas:
clubs de lectura,
lectores
31/5/17
Algo pasa en Guitiriz
IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz, Lugo): un instituto de ensino secundario, un obradoiro audiovisual, unha biblioteca, lectoras, lectores, un centro que le, un centro que aprende, un centro con vida, con sentido do humor, unha biblioteca activa... Parabéns!!
25/4/17
Monstruobooktubers andan libres por Bergantiños
O CPI As Revoltas, de Cabana de Bergantiños é unha escola de booktubers, que se preparen as "estrelas" actuais que os pequenos veñen fortes...
Máis actividades arredor do Día do Libro 2017 no seu blogue.
Etiquetas:
booktubers,
Día do Libro,
lectores,
libros
21/12/16
Ler é soñar
Desde o CEIP Milladoiro, de Malpica de Bergantiños, chéganos esta felicitación de Nadal baixo o título: LER É SOÑAR.
E que bén o pasaron!!
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
lectores,
lectura,
lecturas compartidas,
libros,
Nadal
26/4/16
"Os libros son para valentes" na voz das nenas e dos nenos do CEIP Coirón-Dena (Meaño)
O texto cobra vida na voz das lectoras e dos lectores. Velaquí a versión de "Os libros son para valentes", de Pedro Feijoo, que fan as nenas e os nenos do CEIP Coirón-Dena (Meaño, Pontevedra).
Etiquetas:
Día do Libro,
lectores,
lectura,
libros
22/4/16
Os libros son para valentes! EEI Barrionovo (Arteixo)
Pois as nenas e os nenos da EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña) non teñen medo ningún. Abren os libros e enfróntanse a mil e un perigos... pero sobre todo, sobre todo, pásano moi ben.
Fermoso vídeo creado a partir do texto de Pedro Feijoo para este DÍA MUNDIAL DO LIBRO
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
Día do Libro,
fomento da lectura,
Infantil,
lectores,
libros
15/4/16
9/6/15
Agustín Fernández Paz e a mediación en materia de lectura.
Agustín Fernández Paz. Premio dos Clubs de Lectura 2015 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Un breve pero intenso discurso de Agustín Fernández Paz en resposta á entrega do Premio dos clubs de lectura 2015, que lle foi concedido por ser o autor galego máis lido polos clubs de lectura o pasado curso 2013/204, e que se entregou na pasada VIII Xornada dos Clubs de Lectura.
O escritor revisa cuestións fundamentais do labor dos mediadores en materia de fomento da lectura, especificamente, do traballo do profesorado que mantén clubs de lectura en centros de ensino secundario espallados por todo o páis.
Lembremos que contan con club de lectura (que maioritariamente integran varios grupos de lectura) 238 centros de ensino secundario de Galicia e que as lectoras e os lectores que participan destes "círculos de interese" se reúnen fóra do horario lectivo (en recreos e tempos non lectivos). Os clubs de lectura constitúe unha das experiencias máis interesantes, vinculadas ás bibliotecas escolares, e integradas nas propostas para o fomento da lectura que os centros deseñan nos seus Proxectos lectores de centro desde o ano 2007. Esta iniciativa está integrada, á súa vez, no programa HORA DE LER para o fomento da lectura no contexto escolar, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Etiquetas:
Agustín Fernández Paz,
clubs de lectura,
fomento da lectura,
lectores,
libros
8/5/15
Curiconsellos lectores desde Ponte Caldelas
Desde o CEIP Manuel Cordo Boullosa, de Ponte Caldelas, chéganos este pequeno vídeo gravado polo alumnado colaborador da biblioteca escolar, con recomendacións lectoras de nenas e nenos do centro. A actividade da biblioteca con este pequeno vídeo vai máis aló e resulta unha práctica ben interesante de integración da cultura impresa e a cultura dixital. Así nolo explica o responsable desta biblioteca:
No noso centro, de cara á semana do libro, propuxémoslles aos/ás colaboradores/as que gravaran ao alumnado que quixera participar, recomendando os libros que máis lles gustaron da nosa biblioteca. Subimos os vídeos ao blog da biblioteca e creamos uns códigos QR que pegamos nos libros recomendados, de xeito que cando alguén os leve a casa poida enlazar co vídeo dende un smartphone ou dende unha tablet.
Toda a información AQUÍ
5/5/15
"Opino sobre o que leo"
"Opino sobre o que leo" é unha actividade que nos chega desde a biblioteca do IES Marqués de Sargadelos (Cervo, Lugo). En palabras do responsable da biblioteca: é o título dunha experiencia sinxela que empezou na aula. O alumnado de 1º de Bacharelato elaborou unha exposición escrita sobre a historia persoal de cadaquén como lectores; dende os primeiros libros infantís pasando ás lecturas máis avanzadas e chegando ás actuais. Tamén tiñan que exponer a súa perspectiva como lectores do futuro; se serán bos lectores, se lerán máis ou menos do que len agora e que lecturas, autores e libros están aí agardando por eles. Trala realización por escrito destes traballos na aula, a corrección dos mesmos polo profesor e a posta en común na aula chegou o momento de elaborar un coloquio na biblioteca por parte dun grupo de alumnos que voluntariamente aceptaron participar. Resumimos o coloquio nun vídeo sinxelo que se pode ver no blog da biblioteca. En realidade, o coloquio deu moito máis de si có que pode reflectir o vídeo. Foi unha experiencia enriquecedora que serviu para reflexionar sobre a evolución persoal como lectores, recordar e recuperar libros que xa espertan a nostalxia, serviu para practicar a expresión e creación escrita e desenvolver a linguaxe oral.
Agradecémoslle a estas rapazas, a este rapaz, que nos deixen asomarnos ao coloquio que mantiveron. Demostra, entre outras cousas, que cando os libros foron ben escolleitos, e lidos nun ambiente "amigable", deixan pouso. Tamén demostra que cando se ofrecen oportunidades para falar dos libros lidos, agroman sensacións, experiencias, sentimentos, que reforzan a autoimaxe como persoa lectora e o vínculo coa lectura.
Unha vez máis, a práctica de "falar de libros" amosa a súa efectividade. Parabéns!!!
Etiquetas:
Día do Libro,
fomento da lectura,
lectores,
libros,
vídeo
18/12/14
Formación de usuarios de bibliotecas... e de librarías!
Desde o IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz, chéganos esta crónica da visita dos alumnos e alumnas a unha libraría co fin de elixir e adquirir libros e películar para a biblioteca. Os "compradores" son membros do club de lectua e alumnado que acostuma participar nas actividades propostas pola biblioteca. é unha actividade "de premio" pero é tamén unha actividade educativa, planificada e útil. Así nolo conta o responsable da biblioteca, Santiago Dans:
Un ano máis os nosos alumnas e alumnos participaron na adquisición de fondos para a biblioteca.
O
pasado martes 16 fixemos un excursión ao Fnac da Coruña onde os nosos
alumnos e alumnas puideron curiosear, comentar, elixir e mercar libros e
películas para a nosa biblioteca. Esta actividade está dirixida ó
alumnado que participa máis nas actividades da biblioteca e no club de
lectura.
Escollemos
unha librería grande, con bastante fondo e con espazo para podernos
reunir a comentar as compras realizadas. Cada alumna dispón do mesmo
presuposto para adquirir libros. Con el poden mercar un libro
ou varios, poden se xuntar cun compañeiro se non lles chega. Unha vez
seleccionados os libros as rapazas terán que explicar diante de todos o
motivo da súa elección, a utilidade que pode ter para os demais, etc.
Trátase así de que reflexionen sobre o material que é mais axeitado para
unha biblioteca escolar e para os seus compañeiros. Despois, xa de
volta no instituto e na biblioteca cada un catalogará os libros que
escolleu e poderá facer unha dedicatoria para todos os lectores. A
actividade ten todos os anos unha moi boa acollida por parte do alumnado
e cremos que contribúe de maneira notable a estreitar a súa vinculación
coa biblioteca e os libros.
Obxectivos da actividade
- Dotar a biblioteca de libros axeitados ó gosto dos usuarios
- O noso centro está nunha zona rural na que non hai moitas librerías, e unha boa parte dos nosos alumnos non van nunca ou case nunca a mercarlibros, salvo os obrigatorios para as clases. Non teñen costume de ir mirar, buscar, curiosear nunha librería e escoller libremente o que máis lles interesa. Así que este xa e de por si un obxectivo da actividade
- Forzar ó alumnado a reflexionar sobre as razóns polas que lles atrae un libro, sobre si este pode ser interesante para os seus compañeiros, axeitado para unha biblioteca escolar…, Os alumnos terán que argumentar a súa selección ante os demais compañeiros.
- Mellorar a formación do alumando como usuario, permitindo que participen no proceso que segue o libro dende a súa adquisición ata que o teñen á súa disposición nos andeis
- Comprometer ó alumnado co coidado dos fondos da biblioteca.
- Premiar a quen máis libros len e participan máis nas actividades da biblioteca: membros do club de lectura, equipo colaborador, etc
+ información no blogue da biblioteca:
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
clubs de lectura,
lectores,
librarías,
libros
11/6/14
Recomendacións de lectura desde Silleda
As nenas e os nenos de 4º de Primaria do CEIP de Bandeira (Silleda) recomendan lecturas para o verán.
Etiquetas:
lectores,
lectura,
recomendacións lectoras
16/5/14
I Quedada Literaria en Vigo
Segundo nos informar desde o CEIP Frián-Teis (Vigo), algúns centros da comarca xuntáronse no Parque de Castrelos, de Vigo, na I Quedada Literaria: un encontro arredor da lingua, os libros e a lectura, nunha celebración previa do Día das Letras Galegas.
Participaron, ademáis do Frián-Teis, o CEIP O Chouzo, o CEIP A Carrasqueira, o CEIP Ría de Vigo e o CEIP O Pombal, de Vigo: tamén o CEIP Santa Mariña, de Redondela. Asistiron alumnos e alumnas de dous centros de secundaria, o IES do Castro (Vigo) e o IES Pino Manso, de O Porriño. A organización correu a cargo dun profesor do CIFP Manuel Antonio, integrante do equipo de biblioteca, e contaron coa participación do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Parabéns!!!
Ver vídeo da TVG (minuto 11)
Ver vídeo da TVG (minuto 11)
6/5/14
Libros á rúa!!
O IES Chamoso Lamas do Carballiño (Ourense) despregou os seus tenderetes na praza da vila para ofrecer lecturas aos veciños, nunha das súas moitas actividades arredor do Día do Libro. Podemos ver un resume de todas elas, e moitas máis imaxes, nesta entrada do seu blogue.
Para coñecer exemplos da diversidade de actividades que xeran as bibliotecas escolares galegas arredor desta data, entrar AQUÍ
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
Día do Libro,
lectores,
libros
30/4/14
Adictos e adictas á lectura na "Quinta dos libros"
A biblioteca "A Quinta dos libros", do CPI Manuel Suárez Marquier, de O Rosal, organizou unha actividade para celebrar o Día do Libro na que participaron alumnas e alumnos do Club de lectura do centro, e tamén persoas lectoras da comunidade escolar e do pobo, como unha libreira, unha enfermeira, unha limpadora do centro, o director da Banda de Música e Inspector de Educación da zona, entre outros. Velaquí as imaxes, algunha das voces e o bo ambiente lector que se vive no centro. Parabéns!!!
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
Día do Libro,
lectores,
lecturas compartidas
24/4/14
Día do Libro, libros e lecturas
Son moitas as actividades que organizaron as bibliotecas escolares para celebrar o Día do Libro neste curso 2014, e das que podemos ver algúns exemplos nesta ligazón, pero os apadriñamentos lectores seguen a sistematizarse como ferramenta para vincular afectivamente os nenos e as nenas á lectura. Os beneficios son tanto para os que len como para os que escoitan e as habilidades de lectura van mellorando en todas e cada unha das ocasións en que se reúnen para ler e escoitar. Nesta ocasión, desde a biblioteca do CEIP de CERVO (Cervo, Lugo), achégannos unhas imaxes que dan boa fe da oportunidade que supón para as nenas e os nenos este tipo de actividades de lectura compartida.
Etiquetas:
apadriñamentos lectores,
Día do Libro,
lectores,
lectura
7/4/14
O libro infantil na EEI Barrionovo
DIA DO LIBRO 14 from Aida DG on Vimeo.
O Día Internacional do Libro Infantil na Escola de Educación Infantil de Barrionovo (Arteixo, A Coruña), un espazo alegre para aprendizaxes gratas e duradeiras.A música é de Pablo Díaz
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
lectores,
libros
21/3/14
Entregados os premios questasleyendo.org 2013 en Compostela
O pasado 19 de marzo, o auditorio da Biblioteca de Galicia acolleu o acto de entrega dos premios do concurso questasleyendo.org correspondente ao ano 2013 e a participantes do Estado Español. Este concurso é convocado pola OEI, a Organización de Estados Iberoamericanos para la Ciencia la Educación y la Cultura e pretende crear unha rede de lectoras e lectores entre os mozos dos países iberoamericanos que puxeron en marcha blogs persoais relacionados cos libros e a lectura.
A organización escolleu Galicia para a entrega de premios polo alto número de participantes desta comunidade, e porque tanto o blogue gañador como catro dos dez blogues finalistas son de mozos e mozas galegos. Tamén acudiron ao acto as cinco autoras do blogue finalista "Sueños de papel en una ciudad de tinta", que xunto coa súa profesora fixeron a viaxe desde Madrid ata Compostela, coa ilusión que describen nesta entrada do blogue.
Presidiron o acto Fabiola Sotelo, en representación da OEI, María Jesús Gil, da fundación SM (patrocinadora do concurso) e o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, responsable das políticas de bibliotecas escolares e fomento da lectura en contexto educativo, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Inés Miret, responsable de ¿Qué estás leyendo? moderou unha mesa redonda coa participación dos dous irmáns autores do blogue finalista, Libros Lectureka!, e un representante de cada un dos blogues finalistas presentes no acto, e na que compartiron experiencias, opinións e sentimentos sobre os libros e a lectura.
Inés Miret, responsable de ¿Qué estás leyendo? moderou unha mesa redonda coa participación dos dous irmáns autores do blogue finalista, Libros Lectureka!, e un representante de cada un dos blogues finalistas presentes no acto, e na que compartiron experiencias, opinións e sentimentos sobre os libros e a lectura.
Xa está aberto o prazo do concurso ¿Qué estás leyendo? correspondente a 2014, desta vez destinado a lectores entre 15 e 17 anos, e que ten como premio unha viaxe a Bos Aires, para un encontro entre os gañadores dos diversos países iberoamericanos. O prazo de inscrición dos blogues remata o 30 de xullo.
11/3/14
A coller a cámara xa!!!
A lectura como obxecto de estudo, de expresión, de creatividade... Son varias as bibliotecas que convocan entre o seu alumnado concursos de fotografía coa lectura como tema. Nesta ocasión, o IES Pedra da Aguia (Camariñas, A Coruña), amplía a súa convocatoria a todos os centros de primaria e sencundaria de Galicia. Así podemos velo nas bases desde II Certame fotográfico "Ollando lecturas" que toma como tema "a lectura na vida cotiá". O prazo de presentación de roxianis remata o 6 de abril de 2014.
Un último acerto desta convocatoria é que os premios son vales de distintas contías para canxear en librerías seleccionadas polo autor ou autora premiado, cun apartado especial para alumnado do propio IES Pedra da Aguia, a desembolsar nunha librería do concello de Camariñas.
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
concursos,
lectores,
lectura
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



