24/11/17

De libros e pensamento crítico

Co gallo da nova de que Marilar Aleixandre vén de gañar o Premio Raíña Lupa 2017 que convoca a sección de Cultura da Deputación de A Coruña, seleccionamos para a súa difusión, unha excelente conferencia de Marilar na clausura dos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, celebrados en marzo de 2017 en Compostela. Baixo o título de "Os libros como ferramenta no desenvolvemento da cidadanía crítica", a escritora aclara que é iso do pensamento crítico e como se pode desenvolver a través de prácticas de lectura de interese no ámbito educativo, sempre que se seleccionen textos dun mínimo de calidade. Pódese escoitar esta conferencia a partir do minuto 4:20 do seguinte vídeo:
Os libros como ferramenta no desenvolvemento da cidadanía crítica. from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

8/11/17

Recensión audiovisual de "Teño uns pés perfectos", de María Solar.

Desde o CEIP de Leirado, en Salvaterra de Miño (Pontevedra), estas lectoras e estes lectores recoméndanos un libro, ao seu xeito... e apuntan maneiras, abofé!