18/12/19

Booktubers Librionesxs

Na biblioteca escolar do IES de Brión o alumnado do club de lectura fala sobre libros e comparte as súas lecturas a través do vídeo e da radio.
          

5/12/19

Voluntariado na biblioteca escolar

Na biblioteca do CEIP A Paz-Tintureira (Vigo-Pontevedra), os voluntarios de 5º e 6º de Educación Primaria xa firmaron o seu compromiso como axudantes da biblioteca. Para non perder as súas reflexións sobre o voluntariado como compromiso, axuda, responsabilidade e, como non, divertimento.

Entrevista ao alumnado voluntario

20/9/19

Poesía e ilustración para imaxinar e crear

    
Bechopoemas e outras bestas é un fantástico bestiario e un bestiario fantástico.

Leire Bilbao agasalla aos lectores e lectoras máis pequenos con poemas inmediatos e potentes, de gran valor metafórico e imaxinativo. Versos nos que os animais voan, nadan, reptan e ruxen.

Maite Mutuberria pon imaxe, coas súas ilustracións, a estes animais con letras, recortes, manchas, pegadas ... ofrecéndonos a oportunidade de traballar co noso alumnado a creatividade a partir da palabra, de aprender xuntos a mirar e ver o que unha ilustración pode ofrecer máis aló de apoiar un texto.

Para non perder, a tradución de Isaac Xubín que traslada o eúscaro ás nosas singularidades.

4/7/19

Biblioteca Inclusiva: Audiolibros no CEIP Emilia Pardo Bazán

O alumnado de 3º e 6º de EP traballou na creación de "Contos para Javi: material adaptado", cinco pequenos relatos para un compañeiro con neae. Tomando como centro de interese a súa familia, escribiron e deseñaron os relatos aos que a familia de Javi puxo a voz. No blog da biblioteca pódese seguir todo o proceso.
Unha marabillosa experiencia de traballo colaborativo en prol da inclusión dun compañeiro e de a biblioteca escolar debe ter recursos para achegar a lectura a todo o alumnado.

Audiolibros na biblioteca
 

Voluntari@s de lectura do CEIP P. Virxe do Carme formándose con Paola Guimerans

O CEIP P. Virxe do Carme de Sober (Lugo) foi seleccionado pola calidade das súas actividades, xunto con outros nove centros participantes na acción Voluntariado de lectura-A, dentro do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS ,  da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o ano 2018/2019. Este centro elixíu, entre a oferta dispoñible, disfrutar dun obradoiro coa experta en e-téxtiles aplicados ao mundo da educación Paola Guimerans. No blog da súa biblioteca pódese ver o traballo no que os voluntarios e voluntarias deseñaron, coseron, crearon o seu circuito... e escribiron unha historia para o boneco creado. Parabéns!

O blogue de Lectuvín

Voluntari@s de lectura do CEIP P. A Pedra formándose con Charo Pita

O CEIP P. A Pedra de Bueu (Pontevedra) foi seleccionado pola calidade das súas actividades, xunto con outros nove centros participantes na acción Voluntariado de lectura-A, dentro do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS ,  da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o ano 2018/2019. Este centro elixíu, entre a oferta dispoñible, disfrutar dun obradoiro  coa actriz, narradora oral, escritora... Charo Pita. No blog da súa biblioteca pódese ver o traballo no que os voluntarios e voluntarias tiveron ocasión de mellorar os seus recursos para a LECTURA EXPRESIVA e a NARRACIÓN ORAL. Parabéns!

BIBLIOCASTELO A PEDRA



 


24/1/19

Títulos máis lidos nos Clubs de lectura. Curso 2017/2018

Publícanse os 50 títulos máis lidos no conxunto dos clubs de lectura adscritos o programa CLUBS DE LECTURA, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante o curso 2017/2018, en centros que matriculan alumnado de ESO, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial (conservatorios, escolas oficiais de idiomas, ensinanzas de persoas adultas). Durante o curso 2017/2018 participaron desta iniciativa un mínimo de 231 clubs de lectura (que foron os que recibiron asignación específica para o seu funcionamento).Unha lectura detallada desta relación fala da diversidade de lecturas presentes nestes grupos de lectura.