Na biblioteca do CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño) teñen claro que doa atrancos xurden as oportunidades. Este curso, a entrada escalonada do alumnado no centro, permite facer da Hora de Ler un momento tranquilo, pracenteiro e relaxante.
No Congreso Iberoamericano de Lingua e Literatura Infantil e Xuvenil (CILELIJ) promovido pola Fundación SM, puidemos disfrutar da conversa de Constanza Mekis con Pepe Trivez. Valiosas reflexións sobre o papel e tratamento da lectura nas nosas bibliotecas e escolas.
Durante a conversa, Constanza convida a recuperar e revisar o documento "4 Retos para a Biblioteca Escolar 2020" . Este texto foi o resultado dunha xornada de traballo que reuniu a persoas do ámbito bibliotecario xeral e escolar xunto cos representantes das CCAA presentes na Comisión Técnica de Bibliotecas escolares e do Ministerio.
Vannos chegando novas das actividades dos clubs de lectura con familias nos centros de educación infantil e primaria. Outra das actividades que permiten a integración das familias na biblioteca escolar facéndoas protagonistas. No CEIP Salgado Torres e no CEIP Raquel Camacho de A Coruña, estso clubs reciben a visita de autoras para falar de relatos e cómic: Emma Pedreira e Bea Lema compartiron unha tarde de historias e lecturas en familia.