Tempo de enfrontar a morte e de incorporala dunha forma saudable para poder, tamén, vivir dunha maneira máis consciente. Tempo de defuntos. Velaquí a escolma poética que baixo o título de SOBRE MORTOS E TUMBAS, e arredor da morte, prepararon desde a biblioteca do IES SAN PAIO, de Tui (Pontevedra).http://www.edu.xunta.es/centros/iessanpaio/ Unha excelente selección de textos e imaxes, un documento "para gardar", para ler e debullar.
29/10/13
Primeira consulta do CMAL (Centro Médico de Asistencia Lectora)
Chéganos esta gravación da primeira consulta do CMAL, o Centro Médico de Asistencia Lectora recentemente inaugurado na biblioteca do CPI Manuel Suárez Marquier, de O Rosal (Pontevedra). Paga a pena ver a profesionalidade de médico e enfermeiros, e o interese dos pacientes!!
As fórmulas que realmente contaxian as ganas e o desexo de ler, as que crean lectores, son aquelas que se poñen en xogo desde o entusiasmo e o coñecemento, e este é un bo exemplo de ámbalas dúas cousas. Parabéns!
25/10/13
Nace o primeiro CMAL (Centro Médico de Asistencia Lectora) no Rosal
A biblioteca do CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal, Pontevedra) vén de inaugurar o CMAL, Centro Médico de Asistencia Lectora, nun dos seus recunchos. O CMAL prestará asistencia nos recreos a partir do 25 de outubro. Esta iniciativa que xurdiu dunha anécdota cun alumno, tal e como contan no blogue da biblioteca, recolle unha idea moi fértil que leva tempo movéndose no mundo da animación á lectura, pero que nesta ocasión cobra corpo dunha forma moi potente e integrada na dinámica da biblioteca escolar, como un servizo permanente.
Parabéns ao profesorado do centro pola iniciativa, e a toda a comunidade educativa por poder contar con este novo servizo.
Colaboración entre librería e biblioteca escolar
Neste momento de confusión polo que pasa todo o sector do libro, algunhas librerías están vendo posibilidades de actuación diferentes, e "están poñéndose as pilas". é o caso da librería Khátedra de Ourense que envía aos colexios unhas "maletas de papel", con libros en préstamo para o alumnado. A biblioteca comprométese a facer unha valoración. Tras o período de préstamo, ofrecen os libros cun 10% de desconto. Así nolo contan desde o CEIP Filomena Dato (Barbadás, Ourense)
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
iniciativas de lectura,
librerías,
libros
15/10/13
"Falamos de ler"
Desde o CEIP San Marcos, de Abegondo (A Coruña), chéganos este vídeo, aloxado no blogue do Club de Lectura do colexio, no que o alumnado de 4º de primaria realiza entrevistas a outros nenos e outras nenas e aos adultos presentes no centro, arredor do libro e a lectura. Impagable como documento no ámbito da sociolingüïstica. Un traballo estupendo da rapazada. Parabéns!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)