Nada como a ópera para os amores apaixoados. Na MeGaBiblioteca, biblioteca escolar do IES Manuel García Barros (A Estrada, Pontevedra), aproveitaron o 14 de febreiro para espertar a curiosidade sobre algunhas das máis famosaas árias, sobre a súa letra e a súa música. Fomento da lectura, cultura musical, uso da tecnoloxía móbil, tres elementos para espertar o gusto pola ópera e o pracer de escoitar. Nesta entrada podemos acceder a toda a información (clicar na imaxe para acceder ás ligazóns e á presentación) :
Mostrando entradas con la etiqueta ópera. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ópera. Mostrar todas las entradas
1/3/16
25/6/13
Ler a Rossini: Ópera no IES Alexandre Bóveda.
Desde o blogue da biblioteca do IES Alexandre Bóveda (Vigo) podemos acceder á representación da opera de Rossini, O Conde Ory, que levaron a cabo alumnado de 4º de ESO e de bacharelato do centro, logo dun intenso traballo durante todo o curso escolar. Ópera en galego nunhas voces excelentes, cun traballo xenial por parte de todos os participantes. Parabéns ao profesorado e ao alumnado. O ensino público pon de manifesto unha vez máis que é quen de achegar o patrimonio cultural a todas e todos (dereito non sempre respectado), e de facilitar que todo o alumnado poida participar en actividades de creación e non ficar só como espectadores.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
