Xa se albiscan as vacacións de Nadal e, desde hai uns días, as bibliotecas escolares galegas veñen facendo públicas as súas recomendacións de lectura para este tempo de inverno. Son seleccións de títulos en función das idades dos lectores ou segundo outros criterios; son seleccións/eleccións (e ningunha selección é neutral, responde ao coñecemento e ás finalidades de cada quen), feitas polo profesorado que forma os equipos de biblioteca, e difúndense entre os distintos integrantes das comunidades educativas... chegan ás familias en formatos dunha gran dignidade. Contribúen á difusión da lectura, pero tamén contribúen a estabilidade da rede de librerías do noso país, e á construcción dunha sociedade lectora. 12/12/08
Lecturas para o tempo de inverno
Xa se albiscan as vacacións de Nadal e, desde hai uns días, as bibliotecas escolares galegas veñen facendo públicas as súas recomendacións de lectura para este tempo de inverno. Son seleccións de títulos en función das idades dos lectores ou segundo outros criterios; son seleccións/eleccións (e ningunha selección é neutral, responde ao coñecemento e ás finalidades de cada quen), feitas polo profesorado que forma os equipos de biblioteca, e difúndense entre os distintos integrantes das comunidades educativas... chegan ás familias en formatos dunha gran dignidade. Contribúen á difusión da lectura, pero tamén contribúen a estabilidade da rede de librerías do noso país, e á construcción dunha sociedade lectora.
Etiquetas:
bibliotecas,
educación,
fomento da lectura,
guías de lectura,
librerías,
libros
4/12/08
Cando a lectura é noticia
Pasaron uns días xa e non foi ata hoxe que editaron un pequeno vídeo como resultado da súa visita ao centro. Como ben se di nesta pequena grabación, en Galicia hai un cento de clubs de lectura funcionando en centros de ensino secundario... e vai haber máis!!!
Etiquetas:
bibliotecas,
club de lectores,
fomento da lectura,
medios audiovisuais,
televisión
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)