14/2/14

Unha data tamén axeitada para reforzar a lingua




Cando unha biblioteca está atenta a TODAS aquelas competencias básicas do alumnado que pode e debe reforzar, aproveita canta oportunidade dá a actualidade para ofrecer propostas que faciliten a mellora dalgún aspecto curricular. Velaquí temos un excelente exemplo, desde o CEIP Milladoiro, de Malpica: atent@s como están á mellora da competencia lingüística do seu alumnado, aproveitan o 14 de febreiro para mobilizalos arredor dunha canción en lingua galega: "Quérote máis",  do grupo Sonoro Maxín, con concurso de literatura creativa incluído. Podemos ver máis no seu bloguePoñer atención aos aspectos afectivos, lembremos, ten unha potencialidade educadora moi significativa e víncúlanos fortemente ás aprendizaxes realizadas.

12/2/14

Amor ás palabras, palabras de amor


O mes de febreiro trae unha data motivadora para traballar a poesía e as bibliotecas escolares aprovéitana ben. Velaquí algúns exemplos: 

11/2/14

Crocodilo namorado cobra vida na voz dos lectores

 
Os contos cobran vida nas voces dos pequenos lectores. Velaquí oa versión do conto Crocodilo namorado, de Daniela Kulot, da editorial Kalandraka, nas voces das nenas e nenos de Infantil-3 anos do CPI de Mondariz (Mondariz, Pontevedra).

4/2/14

O "libro de visitas" da biblioteca do CEIP Condesa de Fenosa

 
Moitas bibliotecas escolares foron incorporando un "libro de visitas" para recoller as sinaturas de autores e outros visitantes "ilustres" á biblioteca. Aos poucos, estes libros de visitas van construíndo unha parte da memoria da biblioteca e son, tamén, documentos de valor bibliográfico que enriquecen a súa colección. 

No CEIP Condesa de Fenosa (O Barco) decidiron dixitalizar estes "agasallos" dos autores que visitaron a súa biblioteca e veñen de poñelos a disposición de todos os lectores a través do seu blogue.