2/10/07

Hábitos e prácticas culturais en España-2006/2007


O Ministerio de Cultura presenta o estudo "Hábitos y prácticas culturales en España 2006-2007", como resultado dunha enquisa realizada entre a poboación maior de 15 anos, en colaboración co Instituto Nacional de Estadística.

O capítulo 3 das táboas de resultados está dedicado ás prácticas de lectura e o uso das bibliotecas. Resulta de gran interese unha visita pormenorizada a este estudo, especialmente para os profesionais de ámbitos educativos e culturais, e especificamente para quen deseña e propón proxectos para a promoción da lectura, a calquera escala e dende calquera instancia.

1/10/07

Proxecto Lector

O novo curso trae novidades normativas en materia de lectura e escritura para o ensino primario e secundario de Galicia. Na páxina da Asesoría de bibliotecas escolares poden atoparse algúns recursos para iniciar a elaboración do Proxecto Lector de centro, a selección de títulos para introducir lecturas informativas e literarias nas diversas materiais, etc.

28/9/07

Ler cine


Auténtica exquisitez esta entrevista ao director José Luis Guerín, que atopamos en Celda TV, un canal de televisión cultural que coñecemos grazas a Tíscar e que garda outras agradables sorpresas... un recurso máis para o tratamento da lectura no contexto educativo (de todo tipo de textos, en todo tipo de soportes, con todo tipo de finalidades) e, concretamente este vídeo, unha chiscadela para a educación do gusto polo cine, pero tamén pola palabra intelixente e a reflexión.

12/9/07

Perfil dos lectores de revistas culturais

ARCE, Asociación de Revistas Culturales de España, vén de facer público un informe sobre o perfil dos lectores de revistas culturais. Fóra do interese, que o ten, de coñecer as características deste perfil, e pensar tamén na distancia que afasta os lectores deste tipo de publicacións especializadas de perfís propios doutro tipo de experiencias lectoras.... este portal, patrocinado polo Ministerio de Cultura, é unha ferramenta útil para os responsables da adquisición de materiais para as bibliotecas escolares.

10/9/07

Lectura e publicidade


Pode ser un instrumento de gran interese para a formación de lectores críticos: La Historia de la publicidad contada desde el principio, que coñecemos a través do blog Tíscar. Contén unha galería de imaxes.

Ler ao dereito. O dereito a ler

"Non é un luxo poder pensar a propia vida con axuda de obras de ficción ou de testemuños que atinxen ao máis profundo da experiencia humana. De obras que lle aprenden a un moito sobre si mesmo, e moito sobre outras vidas, outros países, outras épocas. Paréceme incluso que é un dereito elemental, unha cuestión de dignidade."
A lectura non é un deber de ninguén. É un dereito, si, de todo cidadán, e por el temos que loitar, loita que si constitúe un deber.

29/8/07

Sobre a lectura


"A lectura é a ximnasia do “eu”, da identidade personal. Os medios estimulan o noso abandono, buscan fascinarnos, que abramos os ouvidos, os ollos, a boca... A nosa entrega total, quere que nos disolvamos, que deixemos de ser. A lectura en cambio é esixente, quere que sexamos, que esteamos aí, máis ou menos atentos. Lendo entramos no texto mais nunca é un labirinto do que non poidamos saír, sempre hai un camiño de volta e sempre mantemos a conciencia. A lectura respecta á nosa intelixencia e integridade, e lendo respectámonos."

(Do texto de Suso de Toro para o pregón inaugural da Feira do Libro de A Coruña, agosto 2007. Recollido en Brétemas"

26/7/07

Libros censurados máis aló de H.P.



Pablo Cruz escribe un interesante artigo publicado na revista dixital BABAR, baixo o título: Caza de brujas: la censura en la literatura infantil.
Ocórrensenos algúnhas cousas interesantes que se poderían facer nunha biblioteca escolar a partir deste listado, e das reflexións que o autor avanza no seu artigo. O curso chega axiña e seguro que a palabra censura vai estar moi presente no imaxinario recente de todos, tamén dos máis novos... sería un bo momento para quitarlle o pó, por exemplo, A marabillosa medicina de George...

21/7/07

Ler libros podería ser así


Anda pola rede dando voltas, especialmente en blogs de xentes preocupadas polo futuro do libro, a lectura e a edición, un vídeo de ficción que moi pronto podería estar superado, ao ritmo que van as cousas. Editis propónnos a través desta curta en lingua francesa titulada Possible... ou probable?, algunhas das posibilidades que a tecnoloxía podería depararnos nun curtísimo prazo.

15/7/07

Poesía contra a barbarie

Para que as palabras e os corpos e as mulleres sigan bailando... uns exemplos das moitas xoias poéticas que garda está "memoria" de Medellín. Un marabilloso recurso para a difusión da palabra, da lectura, da poesía, da dignidade....


Festival Internacional de Poesía de Medellín

7/7/07

Café con versos

Hai que recoñecerlle o acerto aos guionistas, como ben di Brétemas no seu blog, a quen lle agradecemos o achádego... Un recurso a ter en conta, non só para rir, sempre tan necesario... tamén como unha introdución diferente a contidos literarios "de altura".


Vía Brétemas

4/7/07

12 indicacións que facilitan o seu hábito de lectura


Ás veces, querendo incentivar o hábito de lectura entre o noso alumnado, esquecemos o coidado do nosa propia actividade lectora. Cantas veces se escoita dicir aos mediadores: "leo para os rapaces, pero non teño tempo de ler para min"... Pois navegando pola rede atopamos estas 12 dicas que facilitam seu hábito de lectura, certamente interesantes, que nos chegan en evocadores acentos brasileiros.