27/3/12
Owly & Wormy
Unha historia que salta do papel ao soporte audiovisual e que, como mínimo, fará aflorar algún sorriso... inda que pode espertar moitas máis cousas...
Etiquetas:
animación á lectura,
cooperación,
educación,
medios audiovisuais
29/2/12
Concurso de "blogs" de lectoras e lectores: ¿Que estás leyendo?
A OEI (Organización de Estados Iberoamericanos) vén de convocar un concurso de blogs de lectores, destinado a mozos e mozas de 12 a 15 anos, co fin de crear redes de lectores de distintos países e culturas.
Para darlle publicidade e soporte a este concurso, iniciou a súa andaina a páxina que leva o nome do certame, questasleyendo.org, na que se pode acceder ás bases da convocatoria e a outras informacións.
Para motivar a participación no concurso, podemos ver na sección VOCES os vídeos de lectoras e lectores de diversos países, que nos falan do que están a ler e doutros aspectos relacionados cos libros e o fenómeno da lectura. A lingua galega está presente neste foro na voz de varias persoas, entrevistadas polos rapaces do CPI dos Dices-Rois, que colaboraron de forma entusiasta baixo a dirección do seu profesor Luis Aldegunde, e nas voces dos rapaces e rapazas (tamén de profesores), do propio CPI Dices-Rois (do club de lectura As Pintoras Daltónicas), do IES Fontem Albei, de A Fonsagrada, e do IES As Barxas, de Moaña.
Os entrevistados:
- Henrique Monteagudo (lingüísta, membro da Real Academia Galega)
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
clubs de lectura,
concursos,
fomento da lectura,
galego,
lectores,
lectura
17/2/12
Con quen o fas? Campaña de lectura no IES Lama das Quendas
A biblioteca do IES LAMA DAS QUENDAS, de Chantada (Lugo) vén de difundir unha campaña de lectura entre o seu alumnado: "E ti,..."
Con quen o fas? é o primeiro spot. Agardamos máis...
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
campañas de fomento da lectura,
lectores
15/2/12
"La biblioteca en la triple matriz de la lectura"
José Antonio Millán: "La biblioteca en la triple matriz de la lectura", unha achega de moito interese no contexto da IV Jornada Profesioanal de la Red de Bibliotecas del Instituto Cervantes, celebrada en Madrid en decembro de 2011. NESTE ENLACE están dispoñibles todos os vídeos desta xornada, centrada na lectura dixital e o papel que poden desempeñar as bibliotecas entre os contidos dixitais e os lectores.
Etiquetas:
dispositivos de lectura,
lectores,
lectura,
libro electrónico
1/2/12
"Sí que te gusta leer"
Etiquetas:
campañas de fomento da lectura,
fomento da lectura,
lectores
27/1/12
Imprescindible Juan Mata no congreso Familias lectoras
Video streaming by UstreamOs días 21 e 22 de xaneiro, celebrouse en Granada o congreso Familias lectoras en red, organizado pola Consejería de Educación da Junta de Andalucía, en colaboración co Ministerio de Educación. Ao congreso asistiron fundamentalmente familias (pais, nais, avós lectores, nenas e nenos), e tamén profesorado procedente dos distintos recunchos de Andalucía.
A conferencia inaugural correu a cargo de Juan Mata, profesor da Universidade de Granada e unha referencia fundamental no ámbito da formación lectora e do fomento da lectura. A súa intervención é imprescindible para abordar cuestións de lectura e familia no centro escolar, para re-pensar a importancia da formación dos lectores. Recoméndase o seu visionado (a conferencia iníciase no minuto 3,30).
A conferencia inaugural correu a cargo de Juan Mata, profesor da Universidade de Granada e unha referencia fundamental no ámbito da formación lectora e do fomento da lectura. A súa intervención é imprescindible para abordar cuestións de lectura e familia no centro escolar, para re-pensar a importancia da formación dos lectores. Recoméndase o seu visionado (a conferencia iníciase no minuto 3,30).
Lecturas pola Paz

Unha das funcións da biblioteca escolar é a de seleccionar materiais para apoiar os programas e as actividades do conxunto do profesorado dun centro. O calendario civil proporciona tamén oportunidade para visibilizar libros, películas, discos, textos dixitais... sobre un contido determinado. O Día Escolar pola Paz e da Non Violencia é unha desas datas que o profesorado aproveita para avanzar na educación en valores do alumnado, e as bibliotecas escolares para dar a coñecer materiais axeitados para a formación nunha cultura de Paz.
As bibliotecas escolares galegas difunden bancos de recursos e unhas coidadas seleccións de libros ou películas para o tratamento destes contidos. Pódense ver algúns exemplos AQUÍ
Etiquetas:
educación,
fomento da lectura,
guías de lectura,
paz
21/12/11
Punto de lectura para nais e pais
No CPI de Panxón (Nigrán, Pontevedra) veñen de inaugurar este Punto de lectura para as familias, un espazo creado con moito gusto, con respecto e dignidade. A invitación non pode ser máis clara: "se ti les, eles len". Ademais, a información chega a todas as casas a través da Guía de lecturas Nadal 2011
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
familias,
fomento da lectura
12/12/11
Unha oportunidade para a formación dos lectores e das lectoras
A presenza dunha feira do libro no entorno próximo ao centro educativo pode facilitar actividades de gran interese na mediación cos novos lectores .Nos primeiros días de decembro, a cidade de Pontevedra acolleu a Feira das Industrias Culturais de Galicia, CULTURGAL, e o profesorado responsable da biblioteca do IES Sánchez Cantón, desta cidade, aproveitou para realizar unha experiencia de formación de lectores visitando a feira e participando en varias actividades, ao tempo que se entrevistaban con libreiros alí presentes. O alumnado participante foron os membros do club de lectura TINTA VIVA, que levaban un tempo preparando esta iniciativa.
No seu blogue podemos coñecer a experiencia de forma máis detallada.
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
clubs de lectura,
fomento da lectura
10 decembro: Día dos Dereitos Humanos

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
colaboración interbibliotecaria
7/12/11
Lecturas compatidas no CEIP de Andrade

No blog RAIOTECA, da biblioteca do CEIP de Andrade (Pontedeume, A Coruña), podemos coñecer unha experiencia de participación das familias en actividades de fomento da lectura e de formación dos novos lectores. "Lecturas compartidas" é unha fórmula moi probada xa en moitos centros escolares, e tal como nola contan aquí, pode ser vir para seguir animando a outros centros a poñela en práctica.
A implicación das familias é imprescindible, pero tamén hai que facilitala, vehiculizala, favorecela... creando espazos e tempos que a fagan posible.
A implicación das familias é imprescindible, pero tamén hai que facilitala, vehiculizala, favorecela... creando espazos e tempos que a fagan posible.
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
familias,
fomento da lectura,
Hora de ler
2/11/11
Bibliotecas Escolares en Tránsito. Congreso en Compostela
Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito. Santiago de Compostela 10, 11 e 12 de noviembre.Organizan: Ministerio de Educación e Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Nunha actividade asociada ao congreso, os Encontros Biblitoecas Escolares en Tránsito, para posibilitar a participación de profesorado galego da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia. En total, 500 asistentes que poñerán en común inquedanzas e reflexións en relación coa biblioteca escolar que está a definir as súas funcións e o papel que ten que xogar na escola do Século XXI.
Programa
Etiquetas:
bibliotecas escolares
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
