20/5/13
Historia do libro
Prezi elaborada por alumnas de Latin I, do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces)
Etiquetas:
Día do Libro,
libros
16/5/13
"El lector ha cambiado". Gemma LLuch
Mozas e mozos do club de lectura do IES de Meaño, os primeiros do centro en disfrutar dos lectores electrónicos recén incorporados á biblioteca.
Recomendamos a lectura do artigo
Gemma LLuch abrirá a VI Xornada dos Clubs de lectura, que se celebrará en Santiago de Compostela o vindeiro 31 de maio, con asistencia do profesorado que coordina os clubs de lectura que funcionan neste curso 2012/2013 en 222 centros de ensino secundario de Galicia.
Os lectores están cambiando. Esta afirmación xunta con outras igual de contundentes realízaas a experta en literatura infantil e xuvenil, e estudosa do fenómeno da lectura entre os máis novos, Gemma LLuch, nun artigo publicado no blogue Conectados, da editorial SM:
"El lector ha cambiado. Han cambiado sus costumbres, sus formas de leer y
sobre todo la manera de relacionarse con la lectura. Ahora son
adolescentes capaces de crear contextos lectores."
Gemma LLuch abrirá a VI Xornada dos Clubs de lectura, que se celebrará en Santiago de Compostela o vindeiro 31 de maio, con asistencia do profesorado que coordina os clubs de lectura que funcionan neste curso 2012/2013 en 222 centros de ensino secundario de Galicia.
Etiquetas:
clubs de lectura,
lectores,
lectura,
lectura dixital
15/5/13
Lecturas no patio
No CEIP A Rúa, de Cangas (Pontevedra) celebraron o Día do Libro, no pasado mes de abril, de moitas maneiras, pero unha delas foi a lectura silenciosa no patio... porque, que ben se le ao aire libre nestes días de primavera!!! + imaxes e información no blogue da biblioteca
Etiquetas:
Día do Libro,
fomento da lectura,
lectores,
lecturas
13/5/13
O mellor agasallo... un conto!!
As nenas e nenos de primeiro curso de Primaria do CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense), prepararon uns contos para contarllelos aos máis pequenos de Infantil do seu colexio. E velaquí o ben que os len. Hai máis exemplos nesta entrada do blogue da biblioteca escolar.
Etiquetas:
apadriñamentos lectores,
fomento da lectura,
lectores,
lectura,
libros
10/5/13
Nenas e nenos do CEIP Saco e Arce que gustan de ler
Desde o CEIP Saco e Arce, de Toén (Ourense) chéganos este vídeo coas recomendacións de lectura de nenos e nenas de 2º e 3º ciclo de Primaria. Dá xenio escoitar a estes nenos, a estas nenas, falar dos seus libros en galego (aínda que moitos deles foran lidos en castelán). Parabéns! E parabéns tamén por esta iniciativa que serve para reforzar a expresión oral do alumnado.
Etiquetas:
Día do Libro,
lectores,
lecturas,
libros,
oralidade
Bibliotecas activas que activan o centro
Un bo exemplo da actividade cultural e pedagóxica que xenera unha biblioteca escolar que se "activa" é esta información que nos chega desde o IES A Paralaia (Moaña, Pontevedra). DÍAS DE POESÍA E LIBROS é a crónica de dous meses no instituto, os días que van desde o 8 de Marzo, e o Día da Poesía (21 de marzo), ata finais de abril, coa conmemoración do Día do Libro: exposicións, recitais, investigacións, contacontos, coa participación de alumnado de diferentes niveis do centro e profesorado de diferentes áreas.
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
educación
8/5/13
Na procura do libro perdido
"O libro perdido" é unha actividade de dinamización destinada a que o alumnado faga buscas nos materiais informativos da biblioteca e saiba moverse con fluidez polas distintas fontes informativas. Un xogo que cómpre preparar con xeito para que a busca teña efectividade, pero que dá moi bos resultados. No IES Lucus Augusti (Lugo), as mozas e mozos de 3º curso de ESO aproveitaron a conmemoración do Día Mundial do Libro para realizar unha destas actividades, que polo que se ve, resultou moi animada. Xogar para aprender, aprender a aprender, ler para aprender, aprender xuntos... o gozo de aprender.
Etiquetas:
ALFIN,
bibliotecas escolares,
Día do Libro,
información
6/5/13
Galería de lectores e lectoras
Presentación de diapositivas: GalerÃa de lectores - Diapositivas
Lectoras e lectores do IES Antón Losada Diéguez (A Estrada, Pontevedra) recomendando libros no pasado mes de abril (tan próximo aínda).
Etiquetas:
fomento da lectura,
lectores,
libros
Lectoras e lectores do CRA Amencer (Ribadavia)
As nenas e nedos do CRA Amencer (Ribadavia, Ourense) posan cos seus libros favoritos na casa, no cuarto, na cociña, na sala, no xardín, na escola; sós, acompañados; de pé, sentados, deitados... ou sexa, amosan as mil e unha formas de ler e de gustar do pracer da lectura.
Gústame o que leo!!!
Photocall do Día do Libro2013 no CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
No CEIP Víctor Sáenz, de Mazaricos (A Coruña) celebraron o Día do Libro de mil formas, pero unha das máis divertidas foi posar no photocall preparado para ese día: Leo porque me gusta e gústame o que leo!!!!
Etiquetas:
Día do Libro,
fomento da lectura,
lectores,
libros
2/5/13
Enredando Versos... desde Sanxenxo
Enredando Versos é unha experiencia de traballo colaborativo arredor da poesía que veñen poñendo en práctica, durante o curso 2012/2013, varios centros da zona sur de Pontevedra: IES Sanxenxo (Sanxenxo), IES Ribeira do Louro (O Porriño), IES de Poio (Poio), IES A Sangriña (A Guarda) e CEIP A Lama.
O 2 de maio xúntanse no Pazo da Cultura de Sanxenxo para ter un encontro poético, cunha excelente programación (encontro no que participan tamén o IES San Paio de Tui, o IES Vilalonga, de Sanxenxo, o IES Eusebio Lorenzo Baleirón, de Dodro e o CEIP A Florida de Sanxenxo. Pódese seguir en directo desde o seu blogue e desde as redes sociais. Ver aquí:
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
clubs de lectura,
fomento da lectura,
lectores,
poesía
30/4/13
#leoporque
As mozas e mozos do IES Fontem Albei, de A Fonsagrada (Lugo), xunto co profesorado do centro, celebraron o Día do Libro completando o hastag #leoporque e abofé que hai razóns ben interesantes e outras nas que podemos identificarnos. Parabéns!
Etiquetas:
Día do Libro,
fomento da lectura,
lectores,
lectura
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


