Neste momento de confusión polo que pasa todo o sector do libro, algunhas librerías están vendo posibilidades de actuación diferentes, e "están poñéndose as pilas". é o caso da librería Khátedra de Ourense que envía aos colexios unhas "maletas de papel", con libros en préstamo para o alumnado. A biblioteca comprométese a facer unha valoración. Tras o período de préstamo, ofrecen os libros cun 10% de desconto. Así nolo contan desde o CEIP Filomena Dato (Barbadás, Ourense)
25/10/13
15/10/13
"Falamos de ler"
Desde o CEIP San Marcos, de Abegondo (A Coruña), chéganos este vídeo, aloxado no blogue do Club de Lectura do colexio, no que o alumnado de 4º de primaria realiza entrevistas a outros nenos e outras nenas e aos adultos presentes no centro, arredor do libro e a lectura. Impagable como documento no ámbito da sociolingüïstica. Un traballo estupendo da rapazada. Parabéns!
23/9/13
Literatura Infantil e Alfabetización Incial - 2. Teresa Colomer
2ª parte da intervención de Teresa Colomer.
"Un tiempo, un tiempo para leer. Los niños necesitan un tiempo para leer (...) Es en la escuela dónde se necesita un tiempo autónomo de lectura silenciosa, tranquila, dónde los niños van a ir leyendo y aumentando sus habilidades de lectura".
Máis claro imposible: Hora de ler.
Etiquetas:
Hora de ler,
lectura,
literatura infantil
Literatura e alfabetización inicial. Teresa Colomer.
A profesora Teresa Colomer imparte unha conferencia sobre Literatura Infantil e Alfabetización Inicial nun Ciclo de Desarrollo Profesional, Literatura Infantil, Alfabetización Inicial y Didáctica, en Argentina (2010).
A segunda parte da conferencia pode verse neste enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=TtcduLrIt98
Sempre é un privilexio acceder á palabra de Teresa Colomer, investigadora e gran defensora da presenza da literatura infantil na escola, non cun sentido utilitarista (este libro vale para este tema ou aquel outro), senón cunha función formadora, cunha función educadora e de desenvolvemento persoal.
Etiquetas:
lectura,
literatura infantil
12/9/13
Lecturas compartidas para comezar con bo pé
No CEIP Quintela, de Moaña (Pontevedra) aproveitaron os recursos da biblioteca escolar para programar unha boa forma de comezar o curso: cunha actividade de lectura compartida.
"Comeza o curso escolar e a nosa primeira proposta para este ano foi
botar man da lectura compartida , para calmar nerviosismos, capturar
tempos de escoita e tender lazos afectivos con cada grupo de alumnos e
alumnas."
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
lectura,
lecturas compartidas
10/9/13
Convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2013/2014
Publicada no Portal Educativo a convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos en apoio do funcionamento de clubs de lectura, para o curso 2013/2014. Poden presentar solicitude de axuda os centros públicos que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional, ensinanzas de persoas adultas e de réxime especial (conservatorios, escolas oficiais de idiomas). O prazo de presentación de solicitudes remara o vindeiro 11 de outubro de 2013.
Durante o curso 2012/2013 recibiron axuda para o funcionamento do club de lectura un total de 222 centros públicos galegos. Cómpre detallar que na meirande parte destes centros funcionan varios grupos de lectura, en función de idade e intereses. Da mesma forma, aproximadamente un 25% destes centros conta cun grupo de lectura de adultos. En total, unhas 7.000 persoas, entre profesorado, alumnado, persoal non docente e familias, compartindo experiencia lectora.... construíndo sociedade lectora.
Etiquetas:
clubs de lectura,
fomento da lectura,
Hora de ler,
lectores,
recursos,
sociedade lectora
18/7/13
Dominó de libros na biblioteca pública de Seatle
A biblioteca pública de Seatle puxo en marcha o Programa de Lectura do verán 2013, e para isto tiveron a xenial idea de realizar un dominó de cadeas de libros.
O resultado, como podedes comprobar no vídeo, espectacular, aínda que tiveron que realizar varios intentos para que saíse perfecto.
Os libros empregados para a realización desta cadea foron doados ou ben como resultado do expurgo da biblioteca. Agora xa están sendo vendidos para axudar a recaudar fondos para os programas e servizos da biblioteca.
E menos mal que se están vendendo, senón terían que realizar outra actividade para conseguir fondos que pagasen a quen tivera que volver a colocar os libros nos andeis.
Avisos:
- ningún libro saíu danado na filmación do vídeo
- non intente facer isto no seu fogar e/ou biblioteca
15/7/13
A HORA DE LECTURA en Alén da chuvia
Andrea Atanes Méndez, alumnado do IES Eusebio da Guarda (A Coruña) titula o seu artigo "A hora de lectura", publicado na revista do centro, Alén da chuvia.
E di...
"Penso que esta idea de ler durante unha hora un libro, que ademais pode elixir o alumno, fai que o instituto deixe por un momento de ser un lugar de traballo rigoroso e cuadriculado no que apenas se pode utilizar a imaxinación durante as clases, para formarse un ambiente máis relaxado e tranquilo, que, aínda que tamén é unha atmosfera de traballo, ten esa especie de liberdade que dá mergullarse nunha historia.
Aínda que a min sempre me gustaron moito os libros, creo que a idea de ler durante a clase é unha forma de axudar aos alumnos que non están acostumados a facelo, a descubrir o seu libro adecuado, que non é para todos o mesmo. Creo que o problema da xente que non goza coa lectura é ese, que nunca atoparon o seu libro; e pensan en ler como unha aburrida obrigación, o que á súa vez fai que perdan a curiosidade por buscar libros novos, e así diminúa a posibilidade de encontrar unha lectura coa que gozar de verdade."
Que ben o conta!
10/7/13
O equipo de biblioteca do CEIP de Cervo, en colaboración co EDNL, puxo en marcha unha campaña de fomento da lectura chamada "Peza única".
Nos galerías de Sargadelos repartiráselle un folleto con ese nome "Peza única" á súa clientela, arredor do Día das Letras Galegas. O folleto ten unha poesía feito polo alumnado do centro, un número de serie e unha lenda onde se explica que a persoa que reciba este presente ten nas súas mans unha peza única; tamén se lle pide que faga chegar ao enderezo electrónico do centro algún comentario ou foto para publicar no blogue da biblioteca, desa maneira todos saberán ata onde chegou a súa poesía. En total fixéronse oitenta folletos para entregar nas tendas da marca Sargadelos de Sargadelos, Lugo, Viveiro, Mondoñedo e Ribadeo. As primeiras comunicacións que chegaron foron de Bangladesh a onde levou a poesía un inxeneiro de Foz e da escritora Laura Gallego.
Ata onde poden chegar as nosas creacións?
Quen nos lerá?
Son as preguntas que os escritores e escritoras se fan.
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
cultura,
fomento da lectura
5/7/13
Embaixadores de kamishibai
Un grupiño de alumnos e alumnas do CEIP A Gándara de Monforte visitaron aos compañeiros do IES Daviña Rei para contarlles un conto co kamishibai.
A relación entre as bibliotecas de dous centros, cando ademais ambos son da mesma localidade, e cando se fai a través da lectura... é sempre unha boa noticia, das que nos gusta atopar na prensa, das que nos gusta ver.
Alumnas de primaria (que van dos sete aos once anos) facendo a presentación dunha ferramenta (que está a darlles bos resultados) fronte aos que de trece e catorce anos, que seguramente tamén quererán probar esa nova maneira de contar, apoiándose en láminas que eles mesmos poden construír.
Un teatriño oriental ao servizo da lectura, utilizado pola rapazada do outro lado do mundo. ¡Esa é a globalización que defendemos, a que constrúe lectores ao longo e ancho da Terra!
3/7/13
Un "carghamento" de libros para o verán
Iso é o que demanda o alumnado do CEIP Saco e Arce, de Toén (Ourense), e para iso está a biblioteca escolar. Velaquí as bolsas preparadas para o préstamo de verán, logo de atender as demandas do alumnado, e antes de que emprendesen o camiño das súas casas. Que ben o teñen que estar pasando!!!
Esta actividade, coma outras que xorden nas bibliotecas escolares, responden a criterios pedagóxicos. No blogue do centro o explican moi ben:
A compañía dun libro nas tardes de verán, ademáis de ser moi beneficiosa, como se desprende dun estudo da Universidade de Tennessee, pode aforrarnos ás nais e pais moitos "abúrrome" e outros tantos "non sei que facer".
Richard Allington, membro desta universidade, afirma que "a lectura durante o verán é necesaria para non perder as habilidades adquiridas como son o manexo da lenguaxe e a competencia lectora". Segundo estas afirmacións, aparecidas na revista Reading Psychology , os nen@s que non len durante as vacacións poden presentar un retroceso de dous ou tres meses. Sen embargo, os nen@s que len, terán un avance dun mes de aprendizaxe en relación a esta competencia.
Segundo outro estudo realizado por especialistas da Universidade Johns Hopkins, os efectos de non ler na infancia nótanse incluso durante a Secundaria e na Universidade . E que os que leron de foram constante sendo nen@s, están mellor preparad@s tamén cando chega o momento de incorporarse ao mundo laboral.
Richard Allington, membro desta universidade, afirma que "a lectura durante o verán é necesaria para non perder as habilidades adquiridas como son o manexo da lenguaxe e a competencia lectora". Segundo estas afirmacións, aparecidas na revista Reading Psychology , os nen@s que non len durante as vacacións poden presentar un retroceso de dous ou tres meses. Sen embargo, os nen@s que len, terán un avance dun mes de aprendizaxe en relación a esta competencia.
Segundo outro estudo realizado por especialistas da Universidade Johns Hopkins, os efectos de non ler na infancia nótanse incluso durante a Secundaria e na Universidade . E que os que leron de foram constante sendo nen@s, están mellor preparad@s tamén cando chega o momento de incorporarse ao mundo laboral.
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
fomento da lectura,
lectura,
libros
Viaxe de ida e volta, ou "o amigo invisible virtual"
Velaquí unha recomendación de lectura orixinal. O vídeo é o resultado dunha colaboración entre os mozos e mozas do IES Chano Piñeiro, de Forcarei, e os do IES Pintor Colmeiro, de Silleda, que organizaron unha caste de "amigo invisible" virtual. Lectura en galego para o verán, recomendada directamente polas lectoras, polos lectores. Parabéns polo traballo.
+ información AQUÍ
Etiquetas:
clubs de lectura,
lectores,
lectura,
libros
Suscribirse a:
Entradas (Atom)