25/4/17

... nun fol de acordeón: Día do Libro 2017 en Barrionovo


Na Escola de Educación Infantil Barrionovo (Arteixo, A Coruña) fixeron esta interpretación do poema de Rosalía Fernández Ríal para o Día do Libro deste abril de 2017. Oílo nas súas voces é un agasallo para tod@s. Outras accións  relacionadas co Día do Libro na biblioteca escolar deste centro, no seu blogue.

19/4/17

Día Mundial do Libro - 2017

"Mucha, mucha poesía... " Poesía para celebrarmos o Día Mundial do Libro, da man de ROSALÍA FERNÁNDEZ RÍAL, autora do poema inédito co que agasalla ás Bibliotecas Escolares de Galicia para lembrar a maxia da palabra, do libro e da lectura. 

7/2/17

Que fan @s voluntari@s na biblioteca escolar?

Velaquí un exemplo desde o CEIP Amor Ruibal, de Barro (Pontevedra): neste vídeo resúmese a actividade do alumnado voluntario durante o mes de outubro do pasado ano. Unha visita ao blogue desta biblioteca permítenos coñecer moitas outras actividades.

4/1/17

Resolución da convocatoria de Clubs de lectura para o curso 2016/2017

O Portal Educativo vén de publicar a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se asignan as contías destinadas ao funcionamento de clubs de lectura en centros públicos de ensino secundario de titularidade da Consellería.
Neste curso 2016/2017 recibirán axuda un total de 243 centros que poñen en marcha un club de lectura con un ou varios grupos de lectores e lectoras de ESO, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial.

Na imaxe, alumnado do Club de Lectura do IES San Mamede, de Maceda (Ourense). 


28/12/16

Calendario do libro e da lectura 2017

A Secretaría Xeral de Cultura edita o Calendario do Libro e da Lectura correspondente ao ano 2017. A ilustración  da "toupiña lectora" é da ilustradora Tania Solla.

21/12/16

Ler é soñar

Desde o CEIP Milladoiro, de Malpica de Bergantiños, chéganos esta felicitación de Nadal baixo o título: LER É SOÑAR. 

E que bén o pasaron!!

22/9/16

Búscase lector do século XXI - Elisa Yuste


http://www.elisayuste.com/infografia-apps-disponible-gallego/

Elisa Yuste ofrécenos unha infografía ben interesante para valorar as aplicacións e libros dixitais destinados aos lectores máis novos. É tamén o anuncio dun espazo web, AppTK.es,  no que se irán recomendando apps para nenos e mozos. Unha ferramenta moi útil para as persoas mediadoras de lectura, na familia e nos ámbitos educativo e bibliotecario.

26/4/16

"Os libros son para valentes" na voz das nenas e dos nenos do CEIP Coirón-Dena (Meaño)



O texto cobra vida na voz das lectoras e dos lectores. Velaquí a versión de "Os libros son para valentes", de Pedro Feijoo, que fan as nenas e os nenos do CEIP Coirón-Dena (Meaño, Pontevedra).

22/4/16

Os libros son para valentes! EEI Barrionovo (Arteixo)

 
Pois as nenas e os nenos da EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña) non teñen medo ningún. Abren os libros e enfróntanse a mil e un perigos... pero sobre todo, sobre todo, pásano moi ben. 

Fermoso vídeo creado a partir do texto de Pedro Feijoo para este DÍA MUNDIAL DO LIBRO 

1/3/16

A ópera tamén se le

Nada como a ópera para os amores apaixoados. Na MeGaBiblioteca, biblioteca escolar do IES Manuel García Barros (A Estrada, Pontevedra), aproveitaron o 14 de febreiro para espertar a curiosidade sobre algunhas das máis famosaas árias, sobre a súa letra e a súa música. Fomento da lectura, cultura musical, uso da tecnoloxía móbil, tres elementos para espertar o gusto pola ópera e o pracer de escoitar. Nesta entrada podemos acceder a toda a información (clicar na imaxe para acceder ás ligazóns e á presentación) :

http://www.edu.xunta.es/centros/iesmanuelgarciabarros/node/2565

29/12/15

Calendario do libro e da lectura 2016

Desde a Subdirección Xeral de Bibliotecas, da Secretaría Xeral de Cultura (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), edtítase un cartel co Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2016, no que se lembran algunhas das datas máis relevantes neste ámbito para o ano que comeza. A delicadísima ilustración é de Tania Solla.