Na Escola de Educación Infantil Barrionovo (Arteixo, A Coruña) fixeron esta interpretación do poema de Rosalía Fernández Ríal para o Día do Libro deste abril de 2017. Oílo nas súas voces é un agasallo para tod@s.
Outras accións relacionadas co Día do Libro na biblioteca escolar deste centro, no seu blogue.
19/4/17
Día Mundial do Libro - 2017
"Mucha, mucha poesía... " Poesía para celebrarmos o Día Mundial do Libro, da man de ROSALÍA FERNÁNDEZ RÍAL, autora do poema inédito co que agasalla ás Bibliotecas Escolares de Galicia para lembrar a maxia da palabra, do libro e da lectura.
Etiquetas:
Día do Libro,
lectura,
libros,
poesía
7/2/17
Que fan @s voluntari@s na biblioteca escolar?
Velaquí un exemplo desde o CEIP Amor Ruibal, de Barro (Pontevedra): neste vídeo resúmese a actividade do alumnado voluntario durante o mes de outubro do pasado ano. Unha visita ao blogue desta biblioteca permítenos coñecer moitas outras actividades.
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
voluntarios de lectura
4/1/17
Resolución da convocatoria de Clubs de lectura para o curso 2016/2017
O
Portal Educativo vén de publicar
a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola
que se asignan as contías destinadas ao funcionamento de clubs de
lectura en centros públicos de ensino secundario de titularidade da Consellería.
Neste
curso 2016/2017 recibirán axuda un total de 243
centros que
poñen en marcha un club de lectura con un ou varios grupos de
lectores e lectoras de ESO, bacharelato, formación
profesional ou ensinanzas de réxime especial.
Na
imaxe, alumnado do Club de Lectura do IES San Mamede, de
Maceda (Ourense).
Etiquetas:
animación á lectura,
bibliotecas escolares,
clubs de lectura,
Hora de ler,
literatura,
LIX
28/12/16
Calendario do libro e da lectura 2017
A Secretaría Xeral de Cultura edita o Calendario do Libro e da Lectura correspondente ao ano 2017. A ilustración da "toupiña lectora" é da ilustradora Tania Solla.
21/12/16
Ler é soñar
Desde o CEIP Milladoiro, de Malpica de Bergantiños, chéganos esta felicitación de Nadal baixo o título: LER É SOÑAR.
E que bén o pasaron!!
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
lectores,
lectura,
lecturas compartidas,
libros,
Nadal
22/9/16
Búscase lector do século XXI - Elisa Yuste
Elisa Yuste ofrécenos unha infografía ben interesante para valorar as aplicacións e libros dixitais destinados aos lectores máis novos. É tamén o anuncio dun espazo web, AppTK.es, no que se irán recomendando apps para nenos e mozos. Unha ferramenta moi útil para as persoas mediadoras de lectura, na familia e nos ámbitos educativo e bibliotecario.
Etiquetas:
apps,
lectura,
lectura dixital
26/4/16
"Os libros son para valentes" na voz das nenas e dos nenos do CEIP Coirón-Dena (Meaño)
O texto cobra vida na voz das lectoras e dos lectores. Velaquí a versión de "Os libros son para valentes", de Pedro Feijoo, que fan as nenas e os nenos do CEIP Coirón-Dena (Meaño, Pontevedra).
Etiquetas:
Día do Libro,
lectores,
lectura,
libros
22/4/16
Os libros son para valentes! EEI Barrionovo (Arteixo)
Pois as nenas e os nenos da EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña) non teñen medo ningún. Abren os libros e enfróntanse a mil e un perigos... pero sobre todo, sobre todo, pásano moi ben.
Fermoso vídeo creado a partir do texto de Pedro Feijoo para este DÍA MUNDIAL DO LIBRO
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
Día do Libro,
fomento da lectura,
Infantil,
lectores,
libros
15/4/16
1/3/16
A ópera tamén se le
Nada como a ópera para os amores apaixoados. Na MeGaBiblioteca, biblioteca escolar do IES Manuel García Barros (A Estrada, Pontevedra), aproveitaron o 14 de febreiro para espertar a curiosidade sobre algunhas das máis famosaas árias, sobre a súa letra e a súa música. Fomento da lectura, cultura musical, uso da tecnoloxía móbil, tres elementos para espertar o gusto pola ópera e o pracer de escoitar. Nesta entrada podemos acceder a toda a información (clicar na imaxe para acceder ás ligazóns e á presentación) :
Etiquetas:
efemérides,
fomento da lectura,
música,
ópera
29/12/15
Calendario do libro e da lectura 2016
Desde a Subdirección Xeral de Bibliotecas, da Secretaría Xeral de Cultura (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), edtítase un cartel co Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2016, no que se lembran algunhas das datas máis relevantes neste ámbito para o ano que comeza. A delicadísima ilustración é de Tania Solla.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







