O final do ano é sempre tempo de mirar atrás, pero resulta indispensable mirar para adiante... e neso andan no mundo editorial: na contradición entre a fascinación que producen os novos soportes para a lectura e o medo que provocan os cambios que se aveciñan... haberá un tempo de transición pero a porta está aberta e o vento pode arrastrar a librerías e editoriais que non saiban adaptarse. Recomendables dous artigos do diario El País de hoxe, 31 de decembro: a Tribuna de Javier Celaya, Otras tecnologías para otros lectores e a reportaxe asinada por Jesús Ruíz Mantilla, ¿Estamos preparados para Kindle? Nuevas formas de leer, nuevas formas de editar. Tamén atinxe todo isto aos mediadores que no mundo somos e estamos a procurar lectores. Ánimo, compañeir@s!!!31/12/07
Anda revolto o mundo dos libros...
O final do ano é sempre tempo de mirar atrás, pero resulta indispensable mirar para adiante... e neso andan no mundo editorial: na contradición entre a fascinación que producen os novos soportes para a lectura e o medo que provocan os cambios que se aveciñan... haberá un tempo de transición pero a porta está aberta e o vento pode arrastrar a librerías e editoriais que non saiban adaptarse. Recomendables dous artigos do diario El País de hoxe, 31 de decembro: a Tribuna de Javier Celaya, Otras tecnologías para otros lectores e a reportaxe asinada por Jesús Ruíz Mantilla, ¿Estamos preparados para Kindle? Nuevas formas de leer, nuevas formas de editar. Tamén atinxe todo isto aos mediadores que no mundo somos e estamos a procurar lectores. Ánimo, compañeir@s!!!27/12/07
Os perigos de ler

12/12/07
Tipografía animada
Un exemplo do que se pode atopar pola Rede e que pode ser empregado, pola súa calidade, para estimular determinadas aprendizaxes, máis aló do disfrute inmediato: lingua e linguaxes, mestizaxe de xéneros, tipografía, imaxe, posibilidades do audiovisual, lectura, literacidade... Gracias a Tíscar e A Nosa Biblioteca por este descubrimento.
Todos contra o canon??!!!!

10/12/07
10 de Decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos
9/12/07
O Mundo do Cine e os Dereitos Humanos
(Post froito do traballo colaborativo do profesorado que atende as Bibliotecas Escolares de Galicia, pola defensa dos Dereitos Humanos)
O Mundo das Letras e os Dereitos Humanos
Osset Hernández, M.
Ed. Icaria, Barcelona, 2005.

Afgano: Hussun Banu
Amazónico: La justicia de Tupá
Árabe: Sherezade
Bereber: Un docto cadáver
Bretón: Cantos de boda
Castelán: Blancaflor
Catalán: El conejo, el gallo, el gato, el perro y el carnero
Chinés: Liang Sanbo y Zhu Yingtai
Congoleño: Nkolle o la aventura humana
Coreano: La liebre y el hígado
Cubano: Bregantino, Bregantín
Exipcio: El león y el gato
Xitano: El origen del violín
Grego: Prometeo y la caja de Pandora
Guineano: El hijo del cocodrilo
Hindú: El bueno y el malo
Huichol: El diluvio
Indoeuropeo: El hombre que quería robar a su compañero
Irlandés: El juicio del gato
Letón: El hombre-oso
Malí: Un bastardo
Masai: Los frutos del sicomoro
Mexicano: Xicoatl, estrella errante
Nepalí: Lalari y Kusuri; Khoktschulukpa y el nacimiento de la cultura
Quechua: El cuento de Pedro Lache
Saharaui: El honor
Sioux: El águila y el cazador
Tibetano: La hija de los dragones
Vasco: Catorce
... que os disfrutedes e vos aporten a súa maxia.
"La violencia es el último recurso del incompetente". (Isaac Asimov)
"Ojo por ojo, y el mundo acabará ciego". (Gandhi)
"La violencia es el miedo a los ideales de los demás". (Gandhi)
"No hay camino para la paz, la paz es el camino". (Gandhi)
"No hay más calma que la engendrada por la razón". (Séneca)"La verdad no está de parte de quién más grite". (Rabindranath Tagore)
"El racismo ha sido históricamente una bandera para justificar las empresas de expansión, conquista, colonización y dominación y ha marchado de la mano de la intolerancia, la injusticia y la violencia". (Rigoberta Menchú)
"Los derechos humanos son sus derechos. Tómenlos, defiéndanlos, promuévanlos, entiéndanlos e insistan en ellos. Nútranlos y enriquézcanlos... Son lo mejor de nosotros. Denles vida". (Kofi Annan)
"Toda sociedade que pretenda asegurar aos homes a liberdade, debe comezar por garantirlles a existencia". (León Blum)
"Mentres a maioría dos homes non sexa libre, non se pode concibir ao home libre". (Henri-Frédéric Amaniel)
"Descubrir aos outros é descubrir unha relación, non unha barreira". (Claude Lévy-Strauss)
"A liberdade non é máis que a oportunidade de ser mellor". (Albert Camus)
7/12/07
O mundo da música e os Dereitos Humanos
Te han robado el pan del dia
Te han sacado de tus tierras
Y no parece que termina aqui
Despojado de tu casa
vas sin rumbo a la ciudad
sos el hijo de la nada
sos la vida que se va
Son los niños son los viejos
son las madres somos todos, caminando
Y no te olvides de esto no no no

Fijate bien donde pisas
fijate cuando caminas
no vaya ser que una mina
te desbarate los pies amor
Fijate bien donde pisas
fijate cuando caminas
no vaya ser que una mina
te desbarate los pies...
Ya no se quien es el dueño
de tu vida y de la mia
solo se que hay un cuento
que no parece que termina aqui
Como dicen en los diaros
y como dicen en la tele
y como dicen en la radio
que no parece que termina aqui
son los niños son los viejos
son las madres somos todos, caminando
y no te olvides de esto no no no
Fijate bien donde pisas
fijate cuando caminas
no vaya ser que una mina
te desbarate los pies (amor/por favor/amor)
Por que ellos no van a buscarte
ellos no van a salvarte
ellos no van ellos no van no no
y tu no lo vas a creer
Rosa de la paz (Amaral)
Streets of Philadelphia (Bruce Springsteen)
Black eyes, blue tears (Shania Twain)
I will survive (Gloria Gaynor)
(Post froito do traballo colaborativo do profesorado que atende as Bibliotecas Escolares de Galicia, pola defensa dos Dereitos Humanos)
2/12/07
Juan Gelman, Premio Cervantes 2007

24/11/07
25 de novembro: non á violencia de xénero!
Sabemos a historia deste día, sabemos que a muller é máis vulnerábel nas guerras, nos odios, nos enfrontamentos, na violencia.
Sabemos tamén, como educadores que somos, de que o uso gratuíto da violencia como xeito de reafirmación persoal sobre outro é a manifestación máis lamentábel da ignorancia. Só aquel inseguro e con necesidade de amosar a súa posición agride sen motivo.
De aí a importancia da educación, de formar aos mozos e ás mozas, ao noso alumnado por tanto, para combater de raíz as claves da existencia da violencia. Só dende a formación, dende a educación, seremos quen de combater contra ela.
25 de novembro.
Dicimos NON á violencia contra a muller. Dicimos NON a calquera tipo de violencia.
En todos os países medran as denuncias de vítimas de violencia de xénero, nalgúns casos un 400% máis que hai dez anos. Mentres a policía detén maltratadores e os xuíces ditan ordes de afastamento, a mutilación xenital, un tipo de violencia contra a muller, xera novos hábitos nos hospitais.
Algúns grupos de mulleres son particularmente vulnerables á violencia: as mulleres pertencentes a minorías, as mulleres indíxenas, as refuxiadas, as inmigrantes, as mulleres que habitan en comunidades rurais ou remotas, as mulleres indixentes, as mulleres recluídas en institucións ou detidas, as nenas, as mulleres con discapacidades, as anciás e as mulleres en situacións de conflito armado.
25 de novembro
Porque todo tipo de discriminación é violencia, non o esquezamos. O maltrato pode ser psíquico, físico, pero é maltrato. As vexacións, os acosos, as desigualdades, son maltrato. E porque pretendemos e queremos un mundo de iguais, estamos hoxe aquí, unha soa voz, un único berro en contra da Violencia contra as mulleres.
AS BIBLIOTECAS ESCOLARES,
OS CENTROS DE ENSINO,
@S DOCENTES...
DICIMOS
NON Á VIOLENCIA!!!!
(Texto colectivo)
18/11/07
Algo máis que alimentar a imaxinación, que tamén.
"Hai un terreo no que, para eles, o libro é máis importante que o audiovisual: o terreo no que permite acceder á ensoñación e no que permite construírse a si mesmo. A lectura pode mesmo resultar vital cando teñen a impresión de que algo os singulariza: unha dificultade afectiva, a soidade, unha hipersensibilidade, todas estas situacións que comparte moita xente, pero que moi a miúdo se negan. Os libros se ofrecen a eles, en maior medida a elas, cando todo semella estar pechado: as súas feridas e as súas esperanzas secretas outros souberon dicilas, con palabras que os liberan, que desvelan a aquel ou aquela que non sabían que eran". Michèle Petit: Nuevos acercamientos a los jóvenes y la lectura.
9/11/07
Incentivos a Clubs de Lectura en centros educativos de secundaria

4/11/07
Novembro soleado, tempo de ler ao aire libre
Ler..., ler nos parques, no xardín, no balcón, na praia, á sombra das árbores... Buscar o sosego, a soidade, o silencio, os espazos necesarios para por en práctica,como lectores, o que propoñemos a outros en tanto que mediadores... Axudar a neutralizar co noso silencio tanto ruído e tanta troula baleira e anonadante...
3/11/07
Outras formas de ler
Porque diso se trata... de non seguir o camiño trillado que xa sabemos a onde nos leva (a crear resistencias nos rapaces con respecto á lectura, a que abandonen o hábito cando xa parecía que o tiñan ben pillado, a perdelos como lectores...). Ler para coñecer. Ler para poder recomendar. Perder o medo a xogar, a inventar, a crear... propoñer outros autores, outros xéneros, outros temas... axudar a entrar nos clásicos doutra forma (e non a pelo), modificar prácticas tediosas, falar de libros, falarlles dos nosos libros, crear clubs de lectura, escoitar as súas preferencias... escoitalos... abrir fronteiras e deixar que entre o aire e a vida nas aulas, nas clases de literatura... que entre a literatura... facerlle caso a Steiner cando nos di: O que necesitamos son lugares; por exemplo, unha mesa e unhas cadeiras arredor onde poidamos volver a aprender a ler, a ler xuntos.
George Steiner
2/11/07
"A galega" faise eco dos blogs das bibliotecas escolares
O programa Libro Aberto, da televisión galega, na súa emisión do 29 de outubro presentou unha breve reportaxe sobre o fenómeno dos blogs nas bibliotecas escolares de Galicia. O programa entrevista a Antonio Alonso, unha das persoas que iniciou esta andaina dende A Nosa biblioteca, o blog da biblioteca do IES As Mariñas de Betanzos.
29/10/07
Nenas e nenos entre 10 e 13 anos: os que máis len
Son os que máis len, especialmente elas. Así o asegura o Barómetro de Hábitos de Lectura y compra de Libros, correspondente ao 3º trimestre de 2007 que vén de publicar a Federación de Gremios de Editores de España. 26/10/07
Rede Lectura

23/10/07
¡Todo o tempo do mundo!

22/10/07
Aquí lese!!!!
O resto das sesións, menos lúdicas, pero igualmente necesarias e, polo que se puxo de manifesto a través dos rostros dos participantes, e das súas palabras... igualmente satisfactorias. As conclusións definitivas, difundiranse en datas próximas (unha vez recollidas as valoracións persoais do profesorado asistente), na páxina da Asesoría de bibliotecas escolares.
15/10/07
Plan de Lectura de Galicia
A conselleira de Cultura presentou no Parlamento o pasado 10 de outubro o Plan de Lectura de Galicia, unha das primeiras consecuencias da Lei do Libro e da Lectura aprobada en xaneiro de 2007. Recentemente publicouse a composición do Consello Asesor do Libro, órgano contemplado tamén nesta lei. Varios das liñas de actuación previstas no Plan de Lectura de Galicia atinxen dalgunha maneira ás bibliotecas escolares e aos mediadores entre nen@s e libros en contexto escolar, pero ademais o obxectivo 3 , titulado Impulso da lectura no ensino, prevé un reforzo das actuacións que a Consellería de Educación xa ven levando a cabo neste ámbito:
- Dotación de recursos ás bibliotecas dos centros educativos, consonte ás súas necesidades e características.
- Motivación, implicación, formación e dotación de medios axeitados para ao profesorado, como artífice fundamental da aprendizaxe e promoción da lectura.
- Apoio á incorporación da alfabetización informacional, entendida como desenvolvemento das habilidades de uso e tratamento crítico da información, dende os primeiros anos da escolaridade.
- Fomento daquelas prácticas que favorezan unha maior competencia lectora e literaria e un mellor desenvolvemento do hábito lector.
11/10/07
A lectura convoca vontades

9/10/07
2/10/07
Hábitos e prácticas culturais en España-2006/2007

1/10/07
Proxecto Lector
O novo curso trae novidades normativas en materia de lectura e escritura para o ensino primario e secundario de Galicia. Na páxina da Asesoría de bibliotecas escolares poden atoparse algúns recursos para iniciar a elaboración do Proxecto Lector de centro, a selección de títulos para introducir lecturas informativas e literarias nas diversas materiais, etc.
28/9/07
Ler cine

12/9/07
Perfil dos lectores de revistas culturais
ARCE, Asociación de Revistas Culturales de España, vén de facer público un informe sobre o perfil dos lectores de revistas culturais. Fóra do interese, que o ten, de coñecer as características deste perfil, e pensar tamén na distancia que afasta os lectores deste tipo de publicacións especializadas de perfís propios doutro tipo de experiencias lectoras.... este portal, patrocinado polo Ministerio de Cultura, é unha ferramenta útil para os responsables da adquisición de materiais para as bibliotecas escolares.
10/9/07
Lectura e publicidade

Ler ao dereito. O dereito a ler
"Non é un luxo poder pensar a propia vida con axuda de obras de ficción ou de testemuños que atinxen ao máis profundo da experiencia humana. De obras que lle aprenden a un moito sobre si mesmo, e moito sobre outras vidas, outros países, outras épocas. Paréceme incluso que é un dereito elemental, unha cuestión de dignidade."29/8/07
Sobre a lectura

26/7/07
Libros censurados máis aló de H.P.

Ocórrensenos algúnhas cousas interesantes que se poderían facer nunha biblioteca escolar a partir deste listado, e das reflexións que o autor avanza no seu artigo. O curso chega axiña e seguro que a palabra censura vai estar moi presente no imaxinario recente de todos, tamén dos máis novos... sería un bo momento para quitarlle o pó, por exemplo, A marabillosa medicina de George...
21/7/07
Ler libros podería ser así

15/7/07
Poesía contra a barbarie
Festival Internacional de Poesía de Medellín
7/7/07
Café con versos
Vía Brétemas
4/7/07
12 indicacións que facilitan o seu hábito de lectura

30/6/07
Ler imaxes
"Sempre é imprescindible ler con perspectiva crítica. O que fai Internet é incrementar esa necesidade, ao multiplicar o número e a diversidade de discursos aos que potencialmente podemos acceder."
Benvidos documentos coma este para o noso labor de mediadores:
A túa sinatura vale máis do que pensas

Anuncio de Amnistía Internacional que logró un León de Oro en el Festival de Cannes 2007.
26/6/07
LIX que ule a mar
Novo número da revista galega de Literatura Infantil e Xuvenil FADAMORGANA, nesta ocasión dedicado á presenza do mar na tradición oral e na literatura de autores actuais.15/6/07
11/6/07
¿Quen le?
As nenas e os nenos poden ser lectores por conta allea se outro le para eles: a nai, o pai, a avoa, o avó, a irmá máis vella, o curmán que vive arriba, a amiga da mamá que veu de visita, o bibliotecario, os profes na escola, calquera persoa do seu medio... Porque se é bo ler sós, é moi importante ler en compañía nos comezos da vida lectora.
5/6/07
Libro dos meus libros
A experiencia lectora comeza cos primeiros arrolos, cos primeiros cantos, cos primeiros contos, cos primeiros libros... Libro dos meus libros é un soporte para ir gardando lembranzas deses contos que os pequenos lectores "por conta allea" queren que lles lean unha vez e outra máis, dese libro que vai canda eles para a cama, deses libros cos que medran.... que len na casa e na escola, na escola e na casa... lembranzas tamén das persoas "que contan moito" para eles porque lles len e lles narran, porque lles falan de libros e os acompañan na súa vivencia da lectura. 31/5/07
¡Contamos moito!
O alumnado de educación infantil está a recibir as carpetas ¡Contamos moito!, con materiais para eles e as súas familias... porque as nais, os pais, os avós, os irmáns..., contan moito á hora de contaxiar o gusto pola lectura aos máis pequechos da casa. 28/5/07
Títulos para non perderse

24/5/07
Con billete de ida e volta

21/5/07
Clubs de lectura
O colectivo Acatrotintas propón, na Guía do profesorado Ler o mundo - 1º C. ESO, a creación de clubs de lectura nas bibliotecas escolares, con diversas modalidades, segundo o contexto: 15/5/07
Enredo cos libros
Entre as varias aventuras que se propoñen nas Guías de lectura incluídas nos cadernos de viaxe, hai unha que se agocha entre as súas páxinas: unha selección de pequenos textos extraídos de diversas obras relacionadas coa temática das viaxes. Cómpre ler estes textos con atención (todos eles gardan algún tipo de pista) e indagar para descubrir o título e o autor ou autora correspondente.
En breve, publicarase neste blog o resultado do xogo.
Caderno de viaxe - 1º Ciclo ESO
Á maneira dos vellos viaxeiros, mozos e mozas galegos poden dispor dun caderno no que iren debuxando as paisaxes imaxinadas, os rostros amados, os soños construídos nos camiños da lectura. Sexan de viaxe ou de calquera outra temática, os libros lidos e os que aínda están por ler teñen reservado un lugar no caderno de viaxe.
Chapas Hora de Ler

Porque me peta e quero e dame a gana... que dicía o poeta... leo e levo a chapa de Hora de Ler: deseño de Óscar Villán.
11/5/07
Caderno de viaxe - 3º Ciclo de Primaria

Proponse facilitar os medios para que os rapaces e rapazas teñan onde apreixar lembranzas da selección de libros de viaxe que aparece na guía e no caderno. Así, poderán anotar unha cita, imaxinar o rostro dun personaxe e facer o debuxo, rexistrar o itinerario descrito na lectura, anotar o nome de lugar que lles chame especialmente a atención...
Deseñouse este diario de lecturas para o alumnado cunha concepción aberta, para que sexa o traballo persoal de cadaquén o que defina o resultado, tanto en contidos coma en estética.
2/5/07
Ler o mundo
Toda lectura é, á fin, unha viaxe. Saír de viaxe e ler un libro obedecen á mesma pulsión: o desexo ou a necesidade de abrir unha paréntese na vida cotiá, romper coa rutina, coñecer outros lugares, vivir novas experiencias, ser outros. Regresar, como pechar o libro, supón a volta á vida de cada quen, pero cunha maior bagaxe: coñecementos, palabras, imaxes, sons, inquedanzas, emocións... son os "souvenirs" lixeiros que se foron engadindo á equipaxe de saída. Baixo o lema LER O MUNDO, agrúpanse os materiais para o fomento da lectura e a escritura dirixidos ao alumnado de 3º ciclo de primaria e 1º ciclo de secundaria, dentro da campaña HORA DE LER, na súa segunda fase.
30/4/07
Xogar, ler, coleccionar, ler, completar, ler...

Co ánimo de manter a ilusión e o espírito do xogo, proponse facer unha entrega paulatina dos cromos, de tal xeito que o día no que reciban o álbum só se lles dea un primeiro paquete deles. Ademáis, isto permite usalos, por exemplo, como premio á lectura, se lles imos facendo entre dos restantes en momentos relacionados con esta actividade:
- Cada vez que fagan uso da biblioteca
- Cando lles presenten un libro aos demais
- Tras un traballo colectivo de lecto-escritura
- Cando rematen a lectrua persoal dun dos contos propostos no xogo da oca
- ....
O feito de ir completando o propio álbum pretende ser tamén unha actividade lectora: no caso dos lectores autónomos, deberían ser eles sós quen atopen o oco axeitado para cada cromo; os que aínda non o son precisarán axuda cos textos, pero eles poden logo casalos coa ilustración correspondente, o cal supón tamén un exercicio de comprensión.
Para utilizar o álbum faise necesario, iso si, asegurármonos de que coñecen o desenvolvemento dos sete contos.
27/4/07
A persoa mediadora tamén xoga

O papel da persoa mediadora será guiar a sesión, de maneira que sirva para afianzar actitudes de xogo cooperativo. Seguindo a marcha do xogo nos diversos grupos, pode ir introducindo suxestións que leven os nenos e as nenas a reparar nos tramos entre oca e oca nos que se agachan varios contos, incitando á súa lectura. Isto pode facerse seguindo a orde dos contos, tal e como van aparecendo no taboleiro, ou doutras formas (contos asociados ás casas especiais, por decisión do grupo de xogadores, repartindo os contos entre os distintos grupos, etc.)
O profesorado pode, previamente, facer unha selección dos contos do xogo da oca e poñelos ao alcance do grupo, ben na biblioteca da aula, ben na biblioteca escolar. Outra opción é que os nenos e nenas fagan esta busca de forma autónoma, logo dunha conveniente motivación que o propio xogo favorece.
Nestas sesións tamén poden introducirse algunhas actividades para a análise e o coñecemento da estrutura do conto tradicional, a creación de novos contos, etc.
26/4/07
Xogar e medrar
Mentres os nenos e nenas xogan á oca, están a interiorizar unha serie de aprendizaxes necesarias para a vida: avanzar e retroceder cando se pode ou cando é necesario, atopar atrancos no camiño, superar dificultades, asumir os golpes da sorte, saber agardar, volver empezar, descubrir que o importante non é gañar, senón seguir o propio camiño e avanzar na busca do coñecemento. O xogo, cargado de simbolismos, oculta segundo moitas interpretacións, unha viaxe iniciática na procura da sabedoría, representada pola auga que aparece sempre na derradeira casa. O taboleiro da oca inclúe tamén o labirinto, símbolo universal relacionado coa vida do ser humano, presente en moitas culturas. Hai unha clara similitude entre a viaxe a través do xogo e as viaxes que viven os protagonistas dos contos tradicionais. Hai atrancos, idas e voltas, axudas e desventuras, e unha meta, a meirande parte das veces, con final feliz.
25/4/07
¡Eu leo porque me peta! Álbum de cromos

23/4/07
Sete contos e unha oca

Pero a memoria non é tan fráxil coma o cristal e ten ben gardado este camiño de conto. Unha ruta con atrancos, dificultades, prisións e labirintos, pero que tamén conta con pontes, obxectos máxicos e benfeitores que axudan a chegar á meta do "conto contado".
Colectivo Acatrotintas
