12/7/11

Premio Sunshine Award 2011

Este espazo web recibiu con satisfacción, hai uns días, a sorpresa de ser agasallado con este luminoso recoñecemento, por parte do blog Caderno da crítica, a quen llo agradecemos. Cumprindo co ritual deste tipo de "premios", propoñemos outros 12 blogs que, coma este, serven para difundir o libro e a lectura, desde a óptica da escola. Blogs que mantén un profesorado comprometido coa educación dos máis novos, e coa sociedade, con profesionalidade e moito tempo persoal dedicado á formación de persoas lectoras. Entre a marea de espazos web das bibliotecas escolares galegas, velaquí unha ducia de soños e de pequenas utopías:


Biblioteca. Milladoiro. Malpica. CEIP Milladoiro (Malpica, A Coruña)


Pasapáxina. CEIP José Cornide Saavedra (A Coruña)



O lar de frianciño. CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra)




Raioteca. CEIP de Andrade (Pontedeume, A Coruña)



O Recanto de Leo. CEIP A Lama (A Lama, Pontevedra)




Bibliomanía. IES de Sanxenxo (Sanxenxo, Pontevedra)




O Segrel do Penedo. IES de Fene (Fene, A Coruña)



Biblioiris. IES Luís Seoane (Pontevedra)




Biblioteca do CMUS de Lugo (Lugo)




Club de lectura O Balbordo (IES Río Cabe, Monforte, Lugo)




Nós tamén navegar. Club de lectura (IES Lagoa de Antela, Xinzo de Limia, Ourense)




Biblos Vivos. Club de Lectura (IES Pedras Rubias. Salceda de Caselas, Pontevedra)

3 comentarios:

Encarna dijo...

Moitas grazas por este agasallo tan cheo de luz. Un agarimoso saúdo da vosa amiga RAIOTECA.

BIBLOSVIVOS dijo...

queremos agradecervos a mención ao noso traballo, que como todos, sostense de tempo, vontade e querer abrir ventás tanto a xente moza como maior... bo tempo de estío e saúdos dende BIBLOSVIVOS

Daniel Borja Durán Alonso dijo...

Moitas grazas Cristina e Pilar pola mención feita ao noso blogue! Parabéns pola vosa laboura!!