Desde o CRA de Ribadumia, un Centro Rural Agrupado da localidade de Ribadumia (Pontevedra), chéganos unha proposta ben intereseante, dirixida aos padriños e madriñas para estas datas nas que se acostuma agasallar aos pequenos con doces de Pascua. Desde a biblioteca deste centro convidan a incorporar a poesía no agasallo e fanno a través da súa guía de lectura, ROSCA CON POESÍA, unha selección de títulos que chaman a compartir versos e descubirir o ritmo e a musicalidade das palabras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario