As mozas e mozos do IES Ribeira do Louro, de O Porriño (Pontevedra) tamén exercen de madriñas e padriños de lectura, desta vez co alumnado do CEIP Antonio Palacios, do mesmo concello, coa colaboración da Biblioteca Escolar deste centro e da Biblioteca Pública Municipal. Parabéns por esta iniciativa que, máis aló dos beneficios en relación coa lectura de grandes e pequenos, promove actitudes de convivencia e de cidadanía. Das competencias e habilidades que se poñen en xogo neste tipo de actividades, poderíase falar moito tamén... unha vez máis, educación integradora, educación de calidade no ensino público galego.
APADRIÑAMENTO LECTOR 2012 on PhotoPeach
1 comentario:
Unha biblioteca moi activa, e tan, tan discreta que ás veces pasa desapercibida. Felicitacións para todos.
Anxos
Publicar un comentario