"Contaxiar o desexo de ler é como contaxiar calquera outra convicción profunda: só
se pode conseguir, ou mellor intentar, sen imposicións, por simple contacto,
imitación ou seducción. Non se trata de encher ningún vaso –cerebro- baleiro,
senón de prender nunha silveira o lume que nos axita. Polo simple contacto
dunha chama. O mellor contaxio/contacto é o exemplo”.
Na tarde de onte, 19 de xuño, coñecíamos a nova da morte de EMILI TEIXIDOR, unha das persoas máis comprometidas co fomento da lectura neste país, a través da súa obra e a través do seu exemplo. Estivo connosco en novembro de 2006, nos I Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia, e coas palabras que reproducimos resumía a súa intercención. Foi un privelexio coñecelo e disfrutar da súa palabra. Afortunadamente, quédannos os seus libros. Recomendamos, para os mediadores, LA LECTURA Y LA VIDA (Ariel, 2007).
No hay comentarios:
Publicar un comentario