"Existe
un libro de maxia titula "O Ciprianillo" no que se din os lugares de
toda Galicia onde os mouros deixaron enterrados os seus tesouros, algúns
son grandes tesouros e outros teñen menos valor. E nese libro dise o
seguinte: "Deixamos un tesouro de pouco valor na quebradas das Gándaras.
As pedras que a cercan cheiran a xofre". Pois ben, o que non sabía
Cipriano ao escribir isto é que moitos anos máis tarde nas Gándaras, que
soen ser terreos baixos, areentos e pouco produtivos onde só medra a
maleza... nese lugar infértil agóchase agora outro tesouro, un tesouro
moi valioso: só hai que entrar no Colexio, abrir unha porta ao fondo dun
corredor e aló poderase ver un tesouro custodiado pola maga Sara e os
seus e as súas axudantes. Cada libro fala de ti. Cada libro é unha parte
do teu tesouro. Felicidades a todos e a todas por facer dun terreo
infértil unha gándara de vida, unha gándara de libros". Olga Novo
Texto extraído do discurso da poeta Olga Novo na inauguración da Biblioteca do colexio CEIP A Gándara, en Monforte de Lemos, o 31 de maio de 2012.
No hay comentarios:
Publicar un comentario