HORA DE LER, ese tempo dedicado á lectura en tempo lectivo, pode acoller moitas fórmulas. O importante é que o alumnado teña protagonismo á hora de achegarse á experiencia lectora. A lectura en voz alta por parte do mediador é unha das actividades con maior potencialidade para espertar o gusto pola lectura; é excelente para que os nenos e nenas aprendan a entonar e facer as pausas correctamente, pero por si soa non garante a competencia lectora de quen escoita. Outra cousa é cando o alumnado toma a iniciativa, coma neste caso, e convirten a "hora de ler" nun tempo para a lectura en voz alta e a narración nas súas propias voces. Así, por unha parte se traballa a capacidade de escoita e por outra, todos os alumnos e todas as alumnas teñen a oportunidade de "poñerse a proba" e de avanzar na lectura expresiva, e tamén na lectura comprensiva. Unha das condicións esenciais para isto é que teñan a oportunidade de preparar a lectura, tal e como vemos neste excelente exemplo das nenas e nenos de 1º ciclo do CEIP Santiago Apóstolo, de Franza (Mugardos, A Coruña).
No hay comentarios:
Publicar un comentario