A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluíu
por primeira vez, no calendario da lectura de 2014, a celebración do Día da Ilustración en Galicia, coincidindo coa data de nacemento de Castelao,
e celebrando así unha das facetas desta importante figura da historia e
da cultura galega. E a estrea é de luxo pois vén acompañada dun cartel
deseñado por Miguelanxo Prado,
un dos máximos representantes do mundo da ilustración galega. Este
cartel serve para publicitar unha programación específica sobre o mundo
da ilustración nas bibliotecas nodais de Galicia (A Coruña, Lugo,
Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo) así como a Biblioteca
de Galicia, na Cidade da Cultura de Compostela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario