O pasado 19 de marzo, o auditorio da Biblioteca de Galicia acolleu o acto de entrega dos premios do concurso questasleyendo.org correspondente ao ano 2013 e a participantes do Estado Español. Este concurso é convocado pola OEI, a Organización de Estados Iberoamericanos para la Ciencia la Educación y la Cultura e pretende crear unha rede de lectoras e lectores entre os mozos dos países iberoamericanos que puxeron en marcha blogs persoais relacionados cos libros e a lectura.
A organización escolleu Galicia para a entrega de premios polo alto número de participantes desta comunidade, e porque tanto o blogue gañador como catro dos dez blogues finalistas son de mozos e mozas galegos. Tamén acudiron ao acto as cinco autoras do blogue finalista "Sueños de papel en una ciudad de tinta", que xunto coa súa profesora fixeron a viaxe desde Madrid ata Compostela, coa ilusión que describen nesta entrada do blogue.
Presidiron o acto Fabiola Sotelo, en representación da OEI, María Jesús Gil, da fundación SM (patrocinadora do concurso) e o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, responsable das políticas de bibliotecas escolares e fomento da lectura en contexto educativo, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Inés Miret, responsable de ¿Qué estás leyendo? moderou unha mesa redonda coa participación dos dous irmáns autores do blogue finalista, Libros Lectureka!, e un representante de cada un dos blogues finalistas presentes no acto, e na que compartiron experiencias, opinións e sentimentos sobre os libros e a lectura.
Inés Miret, responsable de ¿Qué estás leyendo? moderou unha mesa redonda coa participación dos dous irmáns autores do blogue finalista, Libros Lectureka!, e un representante de cada un dos blogues finalistas presentes no acto, e na que compartiron experiencias, opinións e sentimentos sobre os libros e a lectura.
Xa está aberto o prazo do concurso ¿Qué estás leyendo? correspondente a 2014, desta vez destinado a lectores entre 15 e 17 anos, e que ten como premio unha viaxe a Bos Aires, para un encontro entre os gañadores dos diversos países iberoamericanos. O prazo de inscrición dos blogues remata o 30 de xullo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario