17/11/14

Lecturas terroríficas no CEIP Milladoiro (Malpica)



A biblioteca pode e debe aproveitar as oportunidades que se lle presentan para fomentar a lectura e a participación do alumnado en actividades coma esta, que tanto axudan ao desenvolvemento da expresión oral, por exemplo. O calendario anual hai que mantelo a raia para que non nos despiste dos obxectivos fundamentais na biblioteca escolar, pero presenta múltiples ocasións para traballar cuestións fundamentais: expresión oral, lectura, escritura, investigación...+ información no blogue de biblioteca do CEIP Milladoiro (Malpica)