O CEIP Ramón Falcón, de Castro de Rei (Lugo), foi seleccionado pola calidade das súas actividades, xunto con outros sete centros participantes na acción Voluntariado de lectura-A, dentro do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, da Consellería de Cultura, Educación e O.U. para o ano 2016/2017. Este centro elixiu, entre a oferta dispoñible, disfrutar de dous obradoiros coa actriz, narradora oral, escritora... Charo Pita. Velaquí a crónica desta mañá de traballo no que os voluntarios e voluntarias tiveron ocasión de mellorar os seus recursos para a LECTURA EXPRESIVA e para a NARRACIÓN ORAL. Parabéns!
+información, no blogue da biblioteca, a Falconteca
No hay comentarios:
Publicar un comentario