No IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Lugo) botaron a andar unha iniciativa solidaria asociada ao fomento da lectura na propia biblioteca do centro. Trátase dunha campaña de recollida de comida non perecedeira, á que ten que acompañarse unha recomendación ou recensión dun libro lido. No blogue da biblioteca pódese coñecer máis polo miudo esta iniciativa que se une a outras anteriores, doutros centros, semellantes nos fins solidarios aínda que diversas en fórmulas e contido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario