Un ano despois, e cando xa imos celebrar a nova cita anual das bibliotecas escolares galegas, atopamos perdido no youtube un vídeo que algún dos asistentes aos II encontros de bibliotecas escolares de Galicia (outubro de 2008) subiu á Rede... sen que tivésemos noticia. Pero como as risas sempre se agradecen, velaí vai, quentando motores xa para as xornadas do venres....
21/10/09
13/10/09
Familias, lectura e bibliotecas
Nestes inicios de curso, bo é retomar os materiais que a Consellería de Educación editara no ano 2006, dirixidos ás familias do alumnado de infantil, coa finalidade de poñer en valor o seu papel no proceso de formación das persoas lectoras, desde os inicios. Estes caderniños poden ser empregados nas primeiras reunións coas familias, para iniciar conversa e reflexión sobre a necesidade de crear na casa un ambiente favorecedor dos hábitos de lectura. Pódense ver e descargar aquí
Etiquetas:
familias,
fomento da lectura,
mediadores
9/10/09
Biblioteca escolar, espazo de lecturaS
Un ano máis, a Asesoría de bibliotecas escolares busca a compaña e a complicidade dos ilustradores galegos para poñer en valor a lectura. Nesta ocasión, e co gallo da celebración do Mes Internacional da Biblioteca Escolar, segundo a convocatoria da IASL (International Associatio of School Libraries), e o Día da Biblioteca (24 de outubro), estase a difundir o cartel realizado por Miguelanxo Prado. Biblioteca escolar, espazo de lecturaS, con S maiúsculo, por ser lecturas plurais e diversificadas, en soporte papel ou electrónico, de texto ou de imaxe, de ficción ou de información, en soidade ou en compañía, en silencio ou en alta voz... con finalidades diversas, con obxectivos comúns ou individuais, por obriga (porque hai obrigas e obrigas!!) e por motivación propia, polo pracer de ler ou porque nos cómpre, lectura liviá ou profunda, lectura entre liñas..... porque a formación dos lectores competentes vaise construíndo día a día en espazos abertos (e pechados, pero só no físico), en entornos saudables e con adultos conscientes e entregados á súa función de educadores e de mediadores.
Etiquetas:
bibliotecas,
fomento da lectura,
ilustración,
mediadores
2/10/09
"ESTE ENSINO PROMETE UN EXCELENTE FUTURO"
No mes de abril, co gallo da semana cultural, a escritora Mª Xosé Queizán visitou a biblioteca escolar do IES de Ponteceso. Unha biblioteca que hai que ver e que conta -entre outras actividades- cun dinámico club de lectura. Algo debeu "notar" a coñecida autora e feminista, cando poucos días despois publicou o seguinte artigo no xornal A Nosa Terra.
"Os centros de ensino son lugares que poñen o saber ao servizo da sociedade. O pensamento, a arte e a ciencia son a mellor garantía para o progreso da humanidade. O ensino público é o nivelador social, o gran logro da democracia porque facilita os coñecementos para toda a poboación, á parte do sexo ou da clase social. A calidade do ensino público nun país asegura un futuro de benestar e unha cidadanía consciente, culta e feliz. Por iso quero mostrar a miña satisfacción ante a mellora dos centros de ensino en Galicia. Estou dando conferencias en diversos institutos que me deron optimismo. Encontrei centros ben dotados, limpos, con plantas, e falei para un alumnado de Bacharelato atento, correcto, cun comportamento cívico que bota abaixo esa idea dunha mocidade actual maleducada e díscola. O nivel de educación non só depende dos investimentos económicos, que tamén, senón das actividades humanas, dunha dirección adecuada e dun profesorado dedicado, culto e imaxinativo. Falo, por exemplo do IES de Ponteceso onde reflexionei sobre a Guerra e Paz para un auditorio xa sensibilizado. Fixéronme unha entrevista nunha radio “pirata” que manexa un estudante de 3º de ESO. Obsequiáronme con dúas unidades didácticas sobre a cultura da paz e a convivencia, elaboradas por un amplo sector do profesorado, con fotografías nas que o propio alumnado reproduce escenas de tortura, de mutilación por minas, de violencia de xénero, de éxodo de refuxiadas, acoso escolar, da homofobia. Non aprenden de oídas; implícanse, métense na pel da xente que sofre. Este ensino promete un excelente futuro."
María Xosé Queizán
Etiquetas:
bibliotecas,
encontros con autores/as,
Mª Xosé Queizán
10/9/09
Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia-2009

Os vindeiros 23-24 de outubro, en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos), nova cita para as profesoras e profesores que andan a erguer pequenas utopías polo país adiante: as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia - 2009. Nesta ocasión o tema central das xornadas será "NOVAS LECTURAS, NOVOS LECTORES". Falar de lectura no contexto educativo, hoxe en día, é falar das "novas formas de ler", os novos ou non tan novos soportes, os cambios sociais e tecnolóxicos que indefectiblemente forzan, tamén, a introducir e asentar cambios metodolóxicos e de enfoque nas prácticas de lectura e escritura nos centros. Daniel Cassany, Glória Durban, Tíscar Lara, Guadalupe Jover, Luis Iza, e representantes de centros de ensino de Galicia que están a desenvolver Proxectos lectores de interese, conforman o programa dunha actividade anual que prevé reunir a 1.200 participantes de toda Galicia, todos eles profesores en activo.
Irase actualizando a información sobre esta actividade aquí
Etiquetas:
bibliotecas,
educación,
formación,
lectura
4/9/09
Bibliotecas escolares, necesarias en tempos de crise
Vamos, que as bibliotecas escolares existen....
30/7/09
Sobre a lectura
Coñecemos grazas a unha bibliotecaria escolar o traballo de Juan Berrio e este preciosísimo vídeo seu sobre a lectura, entre outras delicadezas. A disfrutar del!!!
13/7/09
"Literatura, ¿para qué?"
Desde que a Fundación Germán Sánchez Ruipérez convoca premios anuais para artigos xornalísticos sobre a lectura, veñen aparecendo na prensa, un día sí e outro tamén, textos de diverso cariz, e calidade tamén diversa, na que algúns ou algunhas se poñen estupendos e chaman a ler como quen toca a arrebato... máis ás veces sorpréndennos textos sinxelos, nada retóricos, nados da experiencia máis auténtica e da humildade de quen simplemente non pode vivir sen ler... Velaquí o que publicou Emiliano Monge diario El País, o pasado 11 de xullo. Ler, ¿para qué?
Etiquetas:
animación á lectura,
literatura
18/6/09
As bibliotecas escolares galegas recomendan.....
As bibliotecas escolares galegas, coma en anos anteriores, xa teñen listas as súas recomendacións de lecturas para o verán. É hora de ler, abofé....
Etiquetas:
lectura,
libros,
mediadores
Xornada Clubs Lectura 2009. Mireia Manresa. 1ª Parte
Recuperamos polo seu interese (a pesar dos atrancos técnicos e o son deficiente) a 1ª sesión da Xornada de Clubs de lectura, celebrada en Santiago de Compostela, o pasado 5 de xuño. A profesora Mireia Manresa fala do necesario coñecemento dos hábitos de lectura dos e das adolescentes, para poder avanzar en estratexias útiles e eficaces na mediación e na formación de lectores.
Etiquetas:
estudios,
fomento da lectura,
lectores
15/6/09
De libros, mecanismos e modernidades..
Leer un libro es recorrer una página detrás de otra, y entrar muchas veces en el ambiguo territorio de los sentidos múltiples. Nuestra época, sin embargo, pide adhesiones incondicionales y por eso triunfa cualquier mecanismo que obliga a pronunciarse de inmediato: sí o no (pulse aquí).
Columna de análise de El Pais, El acento: El éxito del fracaso. 13/06/09
Columna de análise de El Pais, El acento: El éxito del fracaso. 13/06/09
12/6/09
Oito doas para San Simón/1ª parte
Reproducimos, pola súa beleza, por imprescindible e por mil cousas máis... esta intervención de Agustín Fernández Paz na entrega dos premios Xerais, celebrada na illa de San Simón o pasado 6 de xuño:
Agradecemos a Brétemas a súa difusión
Agradecemos a Brétemas a súa difusión
Etiquetas:
Agustín Fernández Paz,
galego,
literatura
Suscribirse a:
Entradas (Atom)