O alumnado de educación infantil está a recibir as carpetas ¡Contamos moito!, con materiais para eles e as súas familias... porque as nais, os pais, os avós, os irmáns..., contan moito á hora de contaxiar o gusto pola lectura aos máis pequechos da casa. 31/5/07
¡Contamos moito!
O alumnado de educación infantil está a recibir as carpetas ¡Contamos moito!, con materiais para eles e as súas familias... porque as nais, os pais, os avós, os irmáns..., contan moito á hora de contaxiar o gusto pola lectura aos máis pequechos da casa. 28/5/07
Títulos para non perderse

24/5/07
Con billete de ida e volta

21/5/07
Clubs de lectura
O colectivo Acatrotintas propón, na Guía do profesorado Ler o mundo - 1º C. ESO, a creación de clubs de lectura nas bibliotecas escolares, con diversas modalidades, segundo o contexto: 15/5/07
Enredo cos libros
Entre as varias aventuras que se propoñen nas Guías de lectura incluídas nos cadernos de viaxe, hai unha que se agocha entre as súas páxinas: unha selección de pequenos textos extraídos de diversas obras relacionadas coa temática das viaxes. Cómpre ler estes textos con atención (todos eles gardan algún tipo de pista) e indagar para descubrir o título e o autor ou autora correspondente.
En breve, publicarase neste blog o resultado do xogo.
Caderno de viaxe - 1º Ciclo ESO
Á maneira dos vellos viaxeiros, mozos e mozas galegos poden dispor dun caderno no que iren debuxando as paisaxes imaxinadas, os rostros amados, os soños construídos nos camiños da lectura. Sexan de viaxe ou de calquera outra temática, os libros lidos e os que aínda están por ler teñen reservado un lugar no caderno de viaxe.
Chapas Hora de Ler

Porque me peta e quero e dame a gana... que dicía o poeta... leo e levo a chapa de Hora de Ler: deseño de Óscar Villán.
11/5/07
Caderno de viaxe - 3º Ciclo de Primaria

Proponse facilitar os medios para que os rapaces e rapazas teñan onde apreixar lembranzas da selección de libros de viaxe que aparece na guía e no caderno. Así, poderán anotar unha cita, imaxinar o rostro dun personaxe e facer o debuxo, rexistrar o itinerario descrito na lectura, anotar o nome de lugar que lles chame especialmente a atención...
Deseñouse este diario de lecturas para o alumnado cunha concepción aberta, para que sexa o traballo persoal de cadaquén o que defina o resultado, tanto en contidos coma en estética.
2/5/07
Ler o mundo
Toda lectura é, á fin, unha viaxe. Saír de viaxe e ler un libro obedecen á mesma pulsión: o desexo ou a necesidade de abrir unha paréntese na vida cotiá, romper coa rutina, coñecer outros lugares, vivir novas experiencias, ser outros. Regresar, como pechar o libro, supón a volta á vida de cada quen, pero cunha maior bagaxe: coñecementos, palabras, imaxes, sons, inquedanzas, emocións... son os "souvenirs" lixeiros que se foron engadindo á equipaxe de saída. Baixo o lema LER O MUNDO, agrúpanse os materiais para o fomento da lectura e a escritura dirixidos ao alumnado de 3º ciclo de primaria e 1º ciclo de secundaria, dentro da campaña HORA DE LER, na súa segunda fase.
30/4/07
Xogar, ler, coleccionar, ler, completar, ler...

Co ánimo de manter a ilusión e o espírito do xogo, proponse facer unha entrega paulatina dos cromos, de tal xeito que o día no que reciban o álbum só se lles dea un primeiro paquete deles. Ademáis, isto permite usalos, por exemplo, como premio á lectura, se lles imos facendo entre dos restantes en momentos relacionados con esta actividade:
- Cada vez que fagan uso da biblioteca
- Cando lles presenten un libro aos demais
- Tras un traballo colectivo de lecto-escritura
- Cando rematen a lectrua persoal dun dos contos propostos no xogo da oca
- ....
O feito de ir completando o propio álbum pretende ser tamén unha actividade lectora: no caso dos lectores autónomos, deberían ser eles sós quen atopen o oco axeitado para cada cromo; os que aínda non o son precisarán axuda cos textos, pero eles poden logo casalos coa ilustración correspondente, o cal supón tamén un exercicio de comprensión.
Para utilizar o álbum faise necesario, iso si, asegurármonos de que coñecen o desenvolvemento dos sete contos.
27/4/07
A persoa mediadora tamén xoga

O papel da persoa mediadora será guiar a sesión, de maneira que sirva para afianzar actitudes de xogo cooperativo. Seguindo a marcha do xogo nos diversos grupos, pode ir introducindo suxestións que leven os nenos e as nenas a reparar nos tramos entre oca e oca nos que se agachan varios contos, incitando á súa lectura. Isto pode facerse seguindo a orde dos contos, tal e como van aparecendo no taboleiro, ou doutras formas (contos asociados ás casas especiais, por decisión do grupo de xogadores, repartindo os contos entre os distintos grupos, etc.)
O profesorado pode, previamente, facer unha selección dos contos do xogo da oca e poñelos ao alcance do grupo, ben na biblioteca da aula, ben na biblioteca escolar. Outra opción é que os nenos e nenas fagan esta busca de forma autónoma, logo dunha conveniente motivación que o propio xogo favorece.
Nestas sesións tamén poden introducirse algunhas actividades para a análise e o coñecemento da estrutura do conto tradicional, a creación de novos contos, etc.
26/4/07
Xogar e medrar
Mentres os nenos e nenas xogan á oca, están a interiorizar unha serie de aprendizaxes necesarias para a vida: avanzar e retroceder cando se pode ou cando é necesario, atopar atrancos no camiño, superar dificultades, asumir os golpes da sorte, saber agardar, volver empezar, descubrir que o importante non é gañar, senón seguir o propio camiño e avanzar na busca do coñecemento. O xogo, cargado de simbolismos, oculta segundo moitas interpretacións, unha viaxe iniciática na procura da sabedoría, representada pola auga que aparece sempre na derradeira casa. O taboleiro da oca inclúe tamén o labirinto, símbolo universal relacionado coa vida do ser humano, presente en moitas culturas. Hai unha clara similitude entre a viaxe a través do xogo e as viaxes que viven os protagonistas dos contos tradicionais. Hai atrancos, idas e voltas, axudas e desventuras, e unha meta, a meirande parte das veces, con final feliz.