A Consellería de Educación convoca o I Concurso de Lectura en voz alta, LER E ESCOITAR, dirixido a rapaces e rapazas de 3º Ciclo de Primaria e 1º Ciclo da ESO. Máis información, na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia.22/9/10
I Concurso de Lectura en voz alta: LER E ESCOITAR
A Consellería de Educación convoca o I Concurso de Lectura en voz alta, LER E ESCOITAR, dirixido a rapaces e rapazas de 3º Ciclo de Primaria e 1º Ciclo da ESO. Máis información, na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia.20/9/10
Apadriñamentos lectores
O pasado curso 2009/2010 irrumpiu con forza nos centros da Rede de bibliotecas escolares galegas unha actividade que se viña facendo xa de forma moi puntual nalgunha biblioteca. Os bos resultados obtidos levan aos centros a programar actividades semellantes para o presente curso. Son os "apadriñamentos lectores". Un mínimo de 17 centros (en Cervo, Malpica, Pontedeume ou Lugo; de Celanova a Fene, de Aguiño a Moaña, de Vigo a Pontecarreira, de Salvaterra de Miño a Pobra de Brollón...), impulsaron o intercambio entre alumnado de distintas idades, dentro do propio centro ou entre o alumnado dos institutos e o dos centros próximos. A fórmula básica consiste en que un rapaz ou unha rapaza acompaña na lectura a outro ou outra de menor idade, léndolle, contándolle ou xestionando a lectura conxunta dun libro, nun tempo e nun lugar específico organizado pola biblioteca: no patio, na aula, na biblioteca; no recreo, nunha festa especial polo día do Libro ou nun tempo marcado no horario semanal. Tamén poden os pequenos lectores lerlles aos grandes, o que engadirá unha motivación extra ao feito da lectura. 9/9/10
Lectura Lab, novo recurso
19/7/10
TRIPTICO DE RECOMENDACIÓNS a tres mans

12/7/10
Valoracións da "Hora de ler" nun IES
3/7/10
"Put books in your head" e baila...
Porque animar a ler, fomentar a lectura, se pode facer de moitas formas... pero sobre todo, con ganas, con entusiasmo, con sentido do humor e con alegría... Un bo exemplo que lle agradecemos a No solo libros, que o rastreou na Rede.
15/6/10
Conservatorios de Música e lectura
Cando se fala de bibliotecas nos centros de ensinanzas artísticas coma os conservatorios, ás veces cáese nun preconcepto limitado e antigo: ese lugar no que se gardan as partituras e (nun nivel avanzado), onde se poden facer audicións de materiais grabados. Pero hai bibliotecas de conservatorios de música en Galicia que están dándolle a volta a isto, e demostrando que poden ser outra cousa, que poden ser bibliotecas escolares especializadas, adaptando o modelo xeral de centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, ao seu contexto e resultaren útiles e eficaces. Velaquí dous exemplos ben elocuentes:- A biblioteca do CMUS de Lugo, con múltiples actividades destinadas a apoiar o tratamento dos contidos das diversas ensinanzas que se dan no centro, e tamén, a fomentar a lectura. Unha biblioteca que se autodefine como "lugar de aprendizaxe permanente, de información, opinión, entretemento e lecer. Un espazo de encontro de toda a comunidade educativa."
- A biblioteca do CMUS de Vigo, que alberga un club de lectura: EN CLAVE DE LETRAS, que define así a súa finalidade: "O club pretende promover e incentivar a lectura en xeral facendo que cada membro do grupo exprese a súa opinión nun ambiente de respecto e liberdade"
14/6/10
Hora de ler
Hora de ler é o lema do programa para o fomento da lectura en centros de ensino que a Consellería de Educación botara a andar a comezos de 2006, e que dá nome a este blogue. Pero é tamén o lema escollido por moitos centros de ensino de Galicia para referirse a ese tempo dedicado á lectura en aulas, que se vai extendendo por centros de infantil e primaria, pero tamén en institutos, onde o profesorado pon a imaxinación a andar para facer fronte a dificultades organizativas e outras resistencias. Velaquí dúas iniciativas que exemplifican o moito traballo que a prol da lectura se está a facer nos centros de ensino, nesta "hora de ler":
- UN MINUTO DE PUBLICIDADE E UNHA HORA DE LER, do IES Castro de Baronceli (Verín, Ourense), cun vídeo feito polo alumnado de Atención Educativa de 2ºde ESO-A.
- Avaliación da "Hora de ler" no IES Pino Manso (O Porriño, Pontevedra).
10/6/10
As bibliotecas escolares recomendan....
21/5/10
"Mesa de intercambio"
O Club de lectura "As Campaíñas", do CPI Aurelio M. Rey García, de Cuntis (Pontevedra) montaron no vestíbulo do centro unha "mesa de intercambio" de libros, revistas, películas, discos... O fermoso cartel que publicita esta actividade foi realizado polo alumnado de 1º de ESO baixo a dirección da profesora de Plástica, Hortensia. Trátase dunha actividade motivadora que axuda a que "rulen" os libros e os recursos culturais, e a crear ambientes lectores nos centros educativos. 10/5/10
Ler a Novoneyra
Bailan libres os poemas de Novoneyra sobre os muros en escolas e institutos de todo o País. As bibliotecas escolares galegas son espazos de imaxinación e Casas da Palabra que, nestes días, se enchen dos versos e das voces da xente nova. Velaquí un exemplo de toda a actividade lectora que, a partir da figura de Uxío Novoneyra, autor do Día das Letras Galegas 2010, se está a vivir nos centros educativos galegos.