Interesante experiencia no CPI Dr. López Suárez de Friol (Lugo): un "obradoiro da letra" (a letra sen ansiedade) impartido polo profesor Jesús M. Juaristi, experto no mundo da caligrafía artística e do deseño gráfico, e no que participaron conxuntamente alumnos, alumnas e profesorado do centro. Resulta gratamente sorprendente esta actividade cando hai uns meses líamos na prensa que algúns estados de EEUU eliminaban a obriga de ensinar a escribir de forma manuscrita nas escolas.
17/12/13
12/12/13
Ler ciencia
Os centros escolares aproveitaron a chegada do cartel LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR para organizar exposicións e reforzar actividades xa programadas relacionadas coa lectura de textos informativos e de divulgación dos distintos campos da ciencia. Algúns bos exempos podémolos ver AQUÍ
Outras propostas arredor deste lema:
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
Ler ciencia
José Antonio Cordón: Tendencias en lectura dixital
José Antonio Cordón é un profesor da Universidade de Salamanca que dirixe un grupo de investigación sobre edición e lectura electrónica, Electra, e que estivo en Galicia nuns Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, no ano 2011. Neste enlace podemos escoitar unha emisión de "Planeta Biblioteca", a radio da Biblioteca da Universidade, na que José Antonio Cordón fala de cuestións relacionadas coas tendencias en lectura dixital. Ademais do contido é moi agradable de escoitar, porque introducen unhas cuñas da película de Adolfo Arastaraín, Lugares comunes, sobre a escritura e a lectura.
Etiquetas:
lectores,
lectura,
lectura dixital,
libros
4/12/13
Por que ler?
Impresionante vídeo de animación á lectura realizado por un alumno do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, de Lugo. Sebastián é tamén o autor dun blogue sobre libros e lectura: El coleccionista de Mundos. Sen palabras que nos deixou!!
Etiquetas:
animación á lectura,
lectores,
libros,
medios audiovisuais,
vídeo
Unha fórmula para a "hora de ler"
HORA DE LER, ese tempo dedicado á lectura en tempo lectivo, pode acoller moitas fórmulas. O importante é que o alumnado teña protagonismo á hora de achegarse á experiencia lectora. A lectura en voz alta por parte do mediador é unha das actividades con maior potencialidade para espertar o gusto pola lectura; é excelente para que os nenos e nenas aprendan a entonar e facer as pausas correctamente, pero por si soa non garante a competencia lectora de quen escoita. Outra cousa é cando o alumnado toma a iniciativa, coma neste caso, e convirten a "hora de ler" nun tempo para a lectura en voz alta e a narración nas súas propias voces. Así, por unha parte se traballa a capacidade de escoita e por outra, todos os alumnos e todas as alumnas teñen a oportunidade de "poñerse a proba" e de avanzar na lectura expresiva, e tamén na lectura comprensiva. Unha das condicións esenciais para isto é que teñan a oportunidade de preparar a lectura, tal e como vemos neste excelente exemplo das nenas e nenos de 1º ciclo do CEIP Santiago Apóstolo, de Franza (Mugardos, A Coruña).
29/11/13
27/11/13
Doris Lessing
Excelente presentación sobre Doris Lessing difundida desde a biblitoeca do IES Concepción Arenal (Ferrol), en lembranza desta escritora polo seu pasamento en datas recentes.
Etiquetas:
literatura,
muller
19/11/13
Presentación mundial de libros nas bibliotecas escolares
A biblioteca Fiz Vergara Vilariño do IES Gregorio Fernández de Sarria, foi o lugar escollido para a presentación do libro A peito descuberto (Análise e edición da obra poética de Fiz Vergara Vilariño) de Yago Rodríguez Yáñez. Acompañaban ao autor neste acto Luis López Melle, Eduardo Rey, Jaime Félix
López Arias e Alfonso Blanco Torrado en representación da
AC Xermolos de Guitiriz, editora do libro.
Agradecen á Galería Sargadelos e á Imprenta Galicia que elixiran a
biblioteca escolar para esta presentación e polo seu traballo na elaboración de carteis,
invitacións e marcapáxinas.
E nós detacamos, tamén, a participación do alumnado do centro na lectura de poemas de Fiz vergara Vilariño.
Realmente, as bibliotecas escolares, son lugares privilexiados para calquera actividade de difusión cultural e de promoción da lectura. Podemos asegurar que foi un luxo ver tanto público, tan interesado e participativo nesa presentación.
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
fomento da lectura
5/11/13
Intercambio de lecturas no CEIP Santiago Apóstolo (Mugardos)
3º lendo a Educación Infantil by Slidely Slideshow
Tamén no CEIP Santiago Apóstolo, de Mugardos iniciaron xa as súas actividades de intercambio de lecturas. Nesta ocasión, o alumnado de 3º de Primaria preparou lecturas axeitadas para as nenas e nenos de Educación Infantil. Souberon moi ben captar a atención dos pequenos, á vista destas imaxes.
Pola súa parte, o alumnado de 6º de Primaria empregou o Kamishibai para esta actividades. A apertura do teatriño xaponés espertou o interese das nenas e dos nenos e o conto contado parece que gustou, se observamos as súas cariñas.
KAMISHIBAI PARA E. iNFANTIL by Slidely Slideshow
Son moitas as habilidades que poñen en xogo as nenas e nenos que participan neste tipo de actividades, todas elas imprescindibles: atención, coidado, selección de textos, expresión oral, respecto polo outro por unha parte, saber escoitar e poñer atención pola outra... Ben dirixidas, son actividades cun alto potencial educativo.
4/11/13
Lecturas compartidas o antes posible
Non hai que agardar a que chegue o Día do Libro para organizar xornadas ou sesións de lecturas compartidas... porque non hai como empezar o curso lendo cos "colegas" o libro que máis nos gusta. Velaquí o exemplo do CPI dos Dices - Rois (Rois, A Coruña).
Etiquetas:
fomento da lectura,
lecturas compartidas
29/10/13
"Sobre mortos e tumbas". Escolma poética do IES San Paio (tui)
Tempo de enfrontar a morte e de incorporala dunha forma saudable para poder, tamén, vivir dunha maneira máis consciente. Tempo de defuntos. Velaquí a escolma poética que baixo o título de SOBRE MORTOS E TUMBAS, e arredor da morte, prepararon desde a biblioteca do IES SAN PAIO, de Tui (Pontevedra).http://www.edu.xunta.es/centros/iessanpaio/ Unha excelente selección de textos e imaxes, un documento "para gardar", para ler e debullar.
Etiquetas:
antoloxías,
bibliotecas escolares,
fomento da lectura
Primeira consulta do CMAL (Centro Médico de Asistencia Lectora)
Chéganos esta gravación da primeira consulta do CMAL, o Centro Médico de Asistencia Lectora recentemente inaugurado na biblioteca do CPI Manuel Suárez Marquier, de O Rosal (Pontevedra). Paga a pena ver a profesionalidade de médico e enfermeiros, e o interese dos pacientes!!
As fórmulas que realmente contaxian as ganas e o desexo de ler, as que crean lectores, son aquelas que se poñen en xogo desde o entusiasmo e o coñecemento, e este é un bo exemplo de ámbalas dúas cousas. Parabéns!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




